22.8.11

Rianxo: este venres 26 de agosto, Copa Barbanza 2011 de Xadrez


Rianxo, 22 de agosto de 2011. O vindeiro venres 26 de agosto terá lugar en Rianxo a Copa Barbanza 2011 de xadrez. Está organizada polo club Distribunosa-Xadrez Rianxo e patrocinada pola empresa que lle dá nome a este ente.

Xogarase na cafetaría Toffe, enfronte do pavillón municipal, a partires das 20:00 horas.

Características do torneo:
Duración: Suizo a 6 rondas.
Ritmo de xogo:10 minutos finish.
Emparellamentos: swiss-manager.
Criterio de desempate: 1. Bucholz 2. Progresivo 3. Maior número de victorias a sortear.

Premios:
Trofeos aos 3 primeiros da clasificación individual, aos 3 primeiros equipos, á mellor
feminina, primeiro veterano e primeiro sub 16. No torneo por equipos computarán os
catro xogadores con mellor resultado, participando un mínimo de 3 or equipo. Recibirán premio tamén as categorías sub14, sub12, sub10 e sub8.

Inscripción:
Gratuita en escolaxadrezrianxo@gmail.com ou ata as 19:00 horas do 26 de agosto na
zona de xogo.
Copa Barbanza 2011.
Lugar y fecha: Rianxo (Cafetería Toffe) viernes 26 de Agosto.
Horario: A partir de las 20:00 horas.
Inscripción: Gratuita.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: algunhas imaxes da procesión do Carmen dos Pincheiros deste ano

Imaxes cedidas por DesdePobra.com

Este ano non vimos a todos os alcaldes da bisbarra -Bng de Boiro e Psoe de Rianxo incluídos, quen o diría- seguindo o paso da oca como o ano pasado:

Sobre este "magno" acontecemento fixera unha entrada Manuel Gago, natural da Pobra, que non se deben perder. Aquí.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o acto de homenaxe á Galiza Mártir lembrou a indecencia de que o fascista Millán Astray recupere o título de fillo adoptivo da Coruña

Ribeira, 22 de agosto de 2011. O pasado sábado 20 de agosto tivo lugar en Ribeira un acto de homenaxe á Galiza Mártir. O acto escomenzou cunha introdución do presidente de Altofalante, Xosé Antonio Vázquez Cobas, que dixo:

"Para Altofalante esta conmemoración non é un acto tristeiro, ben o contrario, lembrar a xentes que foron leais, patriotas, libres... mantendo o seu facho acendido cremos que nos fai máis libres ó telos na memoria xunta nós porque así están máis vivos. 

Cando homenaxeamos a Alexandre Bóveda personificamos nel a todos os mártires galegos. Este ano a homenaxe centrámola máis nidiamente  en todas as xentes que morreron por Galiza polo progreso e polo futuro. Cando redactei a nota para a prensa puxen: Houbo nesta Galiza 14.000 represaliados, 5.651 executados, 4.560 extraxudicialmente ( paseados e torturados). Todos eles documentados e contrastados polas tres Universidades Galegas no estudo “As Vítimas e os Nomes” e faltan moitos máis... O mellor de nós. Estas xentes, demócratas, amantes da liberdade, galeguistas, socialistas, nacionalistas, anarquistas, sindicalistas, republicanos, etc. son parte da nosa historia. 

Como lin estes días : A importancia da memoria radica en subsanar o esquecemento imposto, sobre o que está edificado o noso presente. Non se pode permitir que se continúe privando os galegos e ás galegas de coñecer unha parte fundamental da historia do noso país, quizais polo temor a que a verdade nos faga cuestionar un estado que montou o seu progreso sobre unha terra con tantos cadáveres.

“A verdade corrómpese tanto coa mentira como co silencio”....   

O dia 17 foi o 75 cabodano de Alexandre Bóveda. Nin unha soa mención deste goberno que temos na xunta para un home a quen tanto debe o noso país. O mesmo fixo co 125 aniversario de Castelao. 

Por certo, retirou as escasas axudas e non colabora na recuperación da memoria e pola contra subvenciona as touradas (con centos de milleiros de euros) e restitúe a Millán Astray como fillo predilecto da cidade da Coruña.

Xa queda retratado !!"

A continuación, diversos socios de Altofalante leron o poema de Luís Pimentel Cunetas, escrito en 1937 na Galiza. Léronse tamén as verbas de Castelao sobre os mártires galegos escritas en Alba de Groria. Rematáronse as lecturas co poema Lembranza de Alexandre Bóveda de Manuel María. O acto finalizou coa ofrenda floral feita Marivén Sampedro e Silvia Varela, vicepresidente e tesoureira da asociación cultural Altofalante respectivamente. Ao longo do acto escoitáronse diversas pezas de música galega actual.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cinema: comeza a gravación do documental "Desde dentro do corazón/o mar"

Barbanza/Noia, 22 de agosto de 2011. O FAIADO DA MEMORIA e a productora audiovisual NOVA COMUNICACIÓN acaban de comenzar a gravación do documental, subvencionado polo Agadic, Desde dentro do corazón/o mar.

Este traballo relata a vida e a relación co mar da xente de Vilagarcía. Distintas historias, co nexo común do mar, vanse entrelazando co día a día de dúas persona, irmáns elas e que levan mais de cincoenta anos traballando xuntos nos viveiros de Carril: Manuel e Verino Diz, os Nachos.

Un dos temas principais, e que se está a gravar estes días, é o naufraxio do Cabo Razo, feito que tivo lugar a noite do 4 ao 5 de agosto de 1958 e que conmocionou a toda a bisbarra. Por un lado pola cantidade de mortos que houbo naquel accidente, 13, e por outro as circunstancias nos que aconteceu, o que levantou unha forte rumoroloxía no Salnés e Barbanza. O traballo está levando aos seus autores a desplazarse por varios puntos de Galicia e de España en percura de testemuñas vivas daquel suceso. O documental está dirixido por Antonio Caeiro e producido pola productora santiaguesa NOVA COMUNICACIÓN.

O teatro de Rianxo, en Ourense

O Faiado da Memoria tamén estará presente no festival de Cine Internacional de Ourense, que se celebrará entre o 14 e 23 de outubro deste ano, dentro da PANORAMA GALICIA 2011, co documental Esta noite, velada que mostra a historia do grupo de teatro aficionado Airiños de Asados, Rianxo.

Pódese facer un seguimento da marcha da gravación no perfil de facebook.


Non deixen de visitar o blog:
damemoria.com


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

19.8.11

Ribeira: comezou a quinta Feira Artesanal e Mariñeira

Ribeira, 19 de agosto de 2011. A Feira Artesanal e Mariñeira iniciou esta tarde a súa quinta andaina cun animado e xenuíno pregón inaugural no que o grupo árabe-andaluz Al-Folk encargouse de poñerlle cor e orixinalidade ao acto, acompañado do grupo de gaitas A Gandaina de Palmeira. Co corte da cinta inaugural polo alcalde deuse o pistoletazo de saída a tres días repletos de ducias de actividades de sabor mariñeiro e un cento de postos expositivos de variada temática.. 

Hai stands procedentes de lugares como Francia, Portugal, Marrocos, Arxentina, Brasil, Cuba, India e de boa parte de España como Andalucía, Valencia, Cataluña, Asturias, Estremadura, A Rioxa, Castela A Mancha, etc... distribuídos polo Malecón, a praza do concello e zonas peonís como as rúas Santa Uxía ou Galicia. 

Entre as novidades da feira cabe destacar un concurso de escaparatismo de temática artesanal e mariñeira (participarán sete establecementos), unha ruta de tapeo mariñeiro (os bares e cafeterías inscritos poñen a disposición dos clientes tapas realizadas con produtos do mar) e unha ruta de cócteles da feira (que ofrece a posibilidade de degustar un cóctel propio e único en cada establecemento participante, todos eles con nomes mariñeiros: dorna, galerna, rompente mariña... e así ata 20 cócteles). 

En canto aos elencos que se encargarán de animar as rúas durante a feira, cabe destacar entre eles Confusión de Toledo (con ogros xigantes, figuras...), Al-Folk (formación musical arábigo-andaluz), o grupo de gaitas A Gandaina de Palmeira, Bom-Bom (teatro ambulante, encantadores de serpes...), Tuttis Catraputtis (grupo de música tradicional portuguesa), Cenáculo Teatro (circo e animación de rúa), Pista Activa (acrobacias, clown, malabares...), A Roda (circo) e Atraspies Circo (espectáculo circense). 

A praza Pablo Neruda acollerá un rincón infantil con obradoiros de reciclaxe, pintura ou pinta caras; catapulta e tirachinas, xogos de época, tira monos, obradoiro de barro e alfarería, conta contos, batea medieval, bandeiras mariñeiras, xogo da pesca e un longo etcétera. 

Moitos establecementos organizan outras actividades paralelas como concertos, exposicións, menús mariñeiros, conxuros de queimadas... que lle conferirán máis sabor á celebración.  

Programa completo:


 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: Pablo Carreira, do Museo do Mar de Galicia, pronunciou unha conferencia sobre as embarcacións tradicionais

Fotos: Alén Pérez

Dentro do programa da Festa da Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz, que segue ata este domingo.

Todo o programa en:




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o sábado 27 de agosto, II Festival Solidario "Bailando entre os toxos"

Cartel_2011

No parque periurbano de San Roque

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: pasan os Servizos Sociais ao edificio Mirador de Padín para acometer o novo mercado

  • O traslado permitirá que os locais da rúa Correos sexan ocupados por sindicatos ou extensión agraria alomenos temporalmente 
  • Os praceiros van ser reubicados nunha carpa provisional este mesmo ano ao pé do inmoble
  • As previsións apuntan a que a obra será adxudicada no primeiro semestre de 2012

O Concello tamén está a loitar por mellorar o mercadillo dos sábados no peirao

Ribeira, 19 de agosto de 2011. – O Concello informa de que en breve se van iniciar labores de traslado do Departamento de Servizos Sociais e do Centro de Información á Muller (CIM) dende as instalacións actuais na rúa Correos de Santa Uxía ás novas dependencias que se situarán na praza de 8 de marzo (no edificio Miradoiro de Padín). Así, a intención do Executivo Local é que a principios de setembro estea culminada a mudanza do mobiliario para a continuación acometer o traslado dos traballadores. 

Este cambio de dependencias reviste gran importancia ao significar un transcendente paso na execución do proxecto do novo mercado municipal. Isto é así porque, como consecuencia do traslado do CIM  e dos Servizos Sociais, os locais situados na rúa Correos quedan expeditos para o seu uso polos sindicatos ou polos servizos de extensión agraria, cuxas sedes actuais están localizadas como é sabido no actual inmoble da praza de abastos. Esta ocupación tería en principio carácter temporal, pero non se descarta que sexa definitiva dependendo de como cristalicen as xestións que está realizando ao respecto o Goberno Local. 

Demolición

Así e logo, de resultas de todo o explicado seguen en pé os prazos estimados inicialmente polo novo Goberno e, salvo contratempo, este mesmo ano terá lugar o traslado provisional dos praceiros e praceiras que operan no mercado a unha nova ubicación. Por outra banda, se non da tempo a proceder no presente exercicio coa demolición física do edificio, alomenos si se iniciará o expediente de derrubo. 

En canto ao lugar no que se emprazarán provisionalmente os vendedores, o Concello anuncia que será nunha carpa instalada nas inmediacións deste inmoble, cunhas dimensións de 15x30 metros (450 metros cadrados). 

Ribeira Atlántica

Con respecto ao novo mercado propiamente dito (unha actuación adscrita ao programa con financiamento europeo Ribeira Atlántica), cómpre informar que xa foi iniciado o expediente de contratación do proxecto técnico e que a previsión do Executivo é adxudicar a súa construción no primeiro semestre de 2012. Está previsto que o edificio quede totalmente rematado antes de finalizar o 2013. 

O presuposto global da actuación ascende a 4.980.860,61 euros: cifra na que se inclúe a construción do mercado, o traslado provisional das praceiras e praceiros a outra ubicación e a urbanización do entorno comercial das Carolinas. Non se inclúe o aparcamento subterráneo do Malecón (outro proxecto ligado ao novo mercado) por preverse que este teña lugar baixo sistema concesional.

Antes, en Certo:


Fondos Europeos: cinco millóns para 11 actuaciones. Entre elas, Ribeira Atlántica

Pode que tamén lle interese:


Feira Artesanal e Mariñeira: do 19 ao 21. Programa

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Concello tramita inmobles en situación legal de fóra de ordenación para que os seus donos poidan alomenos conservalos

182615_105414742871880_1000021

  • O trámite é en concreto a declaración de incursión de naves industriais e tamén de vivendas que no seu día foron feitas sen licenza, e que están en situación legal de fóra de ordenación total


Noia, 19 de agosto de 2011. O Departamento de Urbanismo do Concello de Noia está a tramitar, a instancia dos interesados, a posibilidade recollida na última modificación da Lei do Solo de Galicia de acollerse á situación de fóra de ordenación total das súas propiedades.

Trátase daqueles actos de edificación que no seu día se realizaron sen a preceptiva licenza municipal, ou sen a obrigatoria autorización autonómica, e nas que a administración actuante non adoptou ningunha medida dirixida á reposición da legalidade urbanística vulnerada.

Con esta iniciativa os propietarios dos inmobles incursos en tal situación poden incorporalos ao seu patrimonio, ficando suxeitos os inmobles, ao réxime de “fóra de ordenación” por total incompatibilidade coas determinacións do planeamento urbanístico en vigor; podéndose só realizar nos mesmos, obras de mera conservación, así como as necesarias para o mantemento dos usos preexistentes, sempre e cando se acredite un uso continuado de tales construcións.

Se as edificacións estiveran localizadas en algunha das categorías do solo rústico existente (de protección de costas, de augas ou de espazos naturais), será necesario obter o previo informe favorable da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia.

Ao marxe desta iniciativa, e dentro do marco dos traballos de elaboración do futuro PXOM, é vontade da comisión de seguimento do mesmo, que na nova ordenación se recollan, a ser posible, todas estas situacións a fin de regularizalas.

Antes, en Certo:


Rehabilitación: comeza a novena fase, con 22 actuacións


Arqueoloxía: piden á Xunta modificar a variante para conservar o de Taramancos


Arqueoneixón: opinión sobre a actuación na Cova da Moura

Pode que tamén lle interese:


Festas patronais: o San Bartolomeu, do 24 ao 28 de agosto


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: van facer melloras en viais do rural de San Isidro e Xobre

nota prensa viernes 18 agosto.pdf Download this file


Vistas da vella ermida de Santa Lucía, no Xobre


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical