12.2.12

Noia: o colectivo Escolleira insta de novo aos partidos a posicionarse sobre o porto noiés

Media_httpfarm4static_bppsc

Noia, 12 de febreiro de 2012. O Colectivo Escolleira instou onte en nota de prensa ás distintas forzas políticas municipais "a que se postulen de forma clara con respecto as
posibles actuacións no Porto de Noia. Dende o colectivo consideramos que se trata dun exercicio de democracia plantexar de forma clara ante a cidadanía cal é a opción que cada forza política defende como método de actuación no esteiro de Noia".

Segundo este grupo, "debido as distintas aparicións públicas dalgún dos lideres locais, que poñen en cuestión os programas electorais cos que concorreron as eleccións de maio do ano pasado, están plantexando así un clima de confusión entre a veciñanza. Xa que non é posible unha unidade das distintas forzas con respecto ao proceso de rexeneración da ría, consideramos que debe haber un acordo plenario no cal se exprese cal é a formula que os veciños e veciñas queren para Noia, tratándose dunha democracia representativa. É función dos grupos políticos, que representan ao seu electorado a través dos distintos concelleiros e concelleiras decidir de forma lexítima, a través do pleno, cal é a actuación que quere Noia para o seu esteiro. E non hai outro método máis eficaz que unha moción.
Polos argumentos anteriormente citados pedimos que se presente a moción formulada polo Colectivo Escolleira no vindeiro pleno e que sexan as forzas políticas as que expresen de forma clara a súa posición con respecto ao Porto de Noia. Votando a favor ou en contra. E o resultado acadado será tomado polas distintas administracións como a vontade do pobo de Noia e deberase actuar en consonancia con iso. Tamén dende o colectivo animamos ao Concello de Noia a que explique mediante comunicado, charla informativa, rolda de prensa, mediante informe plenario, a situación actual con respecto a rexeneración da ría, posto que consideramos que a cidadanía carece desa información".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: absolto o ex alcalde socialista Arturo Díaz de acoso moral sobre a secretaria do Concello

sentencia ACOSO MERCEDES.pdf Download this file

  • Os socialistas pregúntanse quen subsana agora os danos morais do ex-rexedor trala campaña de desprestixio por parte do PP e algúns sectores da prensa
Media_httpfarm4static_ghdjw

Dodro, 12 de febreiro de 2012. Estes días fíxose pública a sentencia absolutoria para o anterior alcalde de Dodro, o socialista Arturo Díaz Díaz, sobre unha demanda interposta por Mercedes Fondevila sobre suposto acoso moral.

Segundo explica o novo secretario dos socialistas dodrenses, Xabier Castro Tourís, "a demanda interposta no seu día pola secretaria do Concello, e apoiada e animada dende moito tempo antes polo Partido Popular de Dodro, e tamén pola prensa, tivo moita repercusión. Gustaríame a min, e penso que a moitos veciños de Dodro que esta noticia da DECLARACIÓN DE INOCENCIA DE ARTURO DÍAZ DÍAZ, teña a mesma transcendencia mediática".

Na nota de prensa dos socialistas explícase que Mercedes Fondevila, secretaria do Concello, reclamaba unha indemnización de 250.000 euros por acoso moral ao ex-alcalde Arturo Díaz "e foi animada polo naquel entón xefe da oposición e hoxe alcalde do PP, Valentín Alfonsín Somoza, que xa en decembro de 2010 iniciou unha campaña de desprestixio e mentiras sobre o alcalde, e que incluso editou un folleto en xaneiro de 2011 no que acusaba de acosador ao entón alcalde. En maio de 2011, no mes das eleccións municipais pasadas, a prensa local fíxose eco desta demanda, facendo que un alcalde pasase por culpable de acoso grazas a facer caso a todo o que saía do Partido Popular de Dodro, como se a prensa no canto de informar o que fixo foi facer o traballo do PPP e desprestixiar a un honrado cidadán e alcalde. A sentencia que se adxunta declara inocente ao Concello de Dodro e ao ex alcalde Arturo Díaz. É unha mágoa que a prensa, incluído algún editorial dun periódico galego, fose parte dun proceso no que só tiña que informar. A reflexión que sacamos de todo isto é: quen paga agora o dano moral causado contra ex-alcalde? Parece que foi necesario mintir para enganar ao pobo, co único fin de acadar ser alcalde. E parece que vai seguir mentindo para conseguir os seus fins. Agardamos que co coñecemento desta sentencia, a xustiza sexa de verdade xustiza, e a prensa informe dela, coa intención de emendar o dano cometido con Arturo Díaz Díaz".

Nota de Certo: Pola parte que nos toca como medio de comunicación non nos sentimos aludidos por estas acusacións á prensa do PSOE dodrense. Certo sempre informou do que lle chegou e de quen lle chegou. Se determinado grupo político minte e engana aos veciños, é función dos outros grupos políticos desmentir e aclarar as cousas, defenderse ou, no seu caso, contraatacar perante as acusacións infundadas. Botarlle a culpa ao mensaxeiro, unha vez máis, non é a saída nin a solución. En Certo nunca se vetou ningunha información nin se omitiu ningunha nota de prensa nin se fará mentras sigamos na Rede.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o mítico gaiteiro de Asados, Xosé Romero, actúa o sábado 18 no auditorio

  • DÍA: sábado 18 de febreiro
  • HORA: 20.30 h
  • LUGAR: Auditorio de Rianxo


Rianxo, 12 de febreiro de 2012. O mestre gaiteiro Xosé Romero presenta o seu último traballo discográfico acompañado do grupo Taghaitaí, dos cales forman parte os músicos Manolo Maseda, Iván Costa, Lola Fernández e Edelmiro Fernández.

O concerto está organizado e patrocinado polo Concello de Rianxo e baixo a producción de Tradistudios. As entradas, de balde, comezarán a repartirse unha hora antes do concerto. Máximo dúas por persoa.

Novo CD con máis de 80 anos

O novo CD -Fol de feitizo redentor- de Xosé Romero, que foi fundador do grupo Os Rosales, presentouse en setembro do ano pasado e consta de 16 pezas compostas por el. A produción do disco correu pola conta do seu neto, Milo Romero.

Romero é considerado mestre, non só pola súa habelencia coa gaita, senón porque polas súas mans pasaron moitos alumnos para aprender gaita, bombo e percusión. Considerado un dos mellores gaiteiros galegos, algún dos seus temas están no repertorio de grupos tradicionais de longa tradición, como Son de seu.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

10.2.12

Porto do Son: programa do Entroido 2012



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: detectan poboación sen dar de alta no padrón e solicitan que se inscriban

Foto

A Pobra do Caramiñal, 10 de febreiro de 2012. O concello da Pobra informa aos seus veciños das vantaxes das que se poden beneficiar estando dados de alta no padrón municipal. A concelleira de Servizos Sociais, Balbina Lojo Olveira, e o Axente de Desenvolvemento Local, Luis Miguel Domínguez, falaron hoxe das axudas polas que se pode optar pero para as que resulta imprescindible estar ó día no padrón local, como poden ser: axudas para a rehabilitación ou renovación de vivendas, asistencia domiciliaria, bonificacións ou exencións en determinados impostos...,  polo que recomendan que todos aqueles que residan no concello e non teñan estes datos actualizados, leven a cabo a renovación dos mesmos.

Dun tempo a esta parte, segundo informaron hoxe en rolda de prensa no Concello, "estase a observar que nas distintas parroquias da Pobra do Caramiñal, e en especial na do Caramiñal e do Castelo, hai moitas persoas que habitan nelas pero non están dadas de alta no padrón de habitantes. Por isto, desde o Departamento de Estatística do concello queremos informar que, atendendo á lexislación vixente e máis concretamente, á Lei de Bases de Réxime Local no seu artigo número 15, na súa redacción dada pola Lei 4/96, disponse que “toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no padrón de habitantes do municipio no que resida habitualmente. Quen viva en varios municipios deberá inscribirse unicamente naquel no que resida a maior parte do ano”.

Segundo aclarou o equipo de goberno, "o empadroamento é polo tanto un deber de todos os cidadáns. Por outra banda, queremos lembrar que figurar empadroado da dereito a optar ás subvencións e as axudas que por distintos conceptos outorgan as diferentes administracións públicas, sexa a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial ou o propio concello. Como exemplo delas podemos falar das axudas para a rehabilitación ou renovación de vivendas, adquisición de vivendas protexidas, becas de estudos, fillos menores de tres anos, bus universitario, asistencia domiciliaria, as bonificacións ou exencións en diferentes impostos e taxas, entre outras, para as que é necesario aportar un certificado de empadroamento, sen o cal non se conceden. Así mesmo, lembrar tamén a todos os veciños que para poder exercer o seu dereito ao voto en todos os comicios (xerais, autonómicos, locais, europeos) é necesario e preceptivo figurar no censo electoral, e este documento confecciónase en base e ós datos do padrón municipal de habitantes. De feito, nas pasadas eleccións locais e xerais, foron varios os veciños que non puideron exercer o seu dereito ao voto por non estar debidamente empadroados a pesar de levar xa moito tempo residindo no noso concello".

Non residentes con segunda vivenda

Tamen se fixo referencia aos que viven en varios municipios por tempadas, que no caso concreto da Pobra "existe unha bolsa de non residentes que contan cunha segunda vivenda aquí, e que no caso de pasaren a maior parte do ano no noso concello deberían rexistrarse no noso padrón. Por todo isto, todos os veciños deben comprobar persoalmente a súa inclusión no padrón e no caso de non figurar nel solicitar a súa alta de inmediato", concluíron.

Pode que tamén lle interese:


Viaxe a Lalín: este domingo 12, á Feira do Cocido e O Corpiño


Entroido 2012: programación prevista


Viaxe: a Madrid, do 22 ao 25 de marzo. Anótate!

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o 3 de marzo comeza un curso para monitores de tempo libre

Noia_curso_monitores





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: programa municipal de Entroido 2012

Entroido

Ribeira, 10 de febreiro de 2012.- A concelleira de Cultura, Elvira Pisos Arnoso, deu conta esta mañá do programa de Entroido que estivo a preparar a Administración Local para un municipio en que esta festa goza dunha gran tradición entre a veciñanza.  

Segundo explicou a edil, este ano o Concello optou por deseñar un programa específico para catro xornadas (dende o domingo 19 ata o mércores 22 de febreiro), deixando os dous días previos (17 e 18) para colaborar co tecido social na organización de festivais e festas infantís, como é o caso de Amas de Casa, as ANPAS de distintos centros educativos ou as sociedades como o Centro Recreativo de Artes, o Círculo Mercantil ou o Liceo Marítimo, entre outros. “Deste xeito contribuímos a que a oferta sexa moito máis ampla e variada respectando a tradición da organización de bailes de Entroido que teñen moitas das asociacións do municipio”, declarou a titular de Cultura. 

Na presentación do programa tamén interviu Unai González, técnico de Cultura, quen destacou que á hora de redactar as bases do festival de murgas e comparsas se tiveron en conta outras celebracións semellantes con gran repercusión en Galicia (como é o caso do Grove, Pontevedra, A Coruña) e incluso España (como Badajoz ou Santoña). Isto propiciou que este ano se visen interesadas agrupacións de procedencias foráneas como Tomiño ou Muros, e que se incrementase tamén o interese dentro do propio termo municipal ao figurar xa inscritas tres novas murgas, “o cal demostra o éxito dos cambios ao aumentar a motivación e a calidade do festival coa introdución de premios en metálico”.  

O traballador cultural tamén destacou o traslado deste festival ao martes do Entroido, ubicándoo na súa data de celebración tradicional, e que fora precisamente o detonante de que a Corporación Municipal decidise no seu día designar esa data como festivo local. “Ademais, este cambio permítenos que o Festival Infantil recaia en fin de semana (domingo), atendendo así unha petición da cidadanía que por traballar ou vivir fóra non podían traer aos fillos á actividade”, concluíu. 

En canto á programación municipal de Entroido, constará das seguintes actividades: 

Domingo 19:

    Choqueirada infantil: ás 16.30 horas na Carpa do Entroido (rúa de Portugal) dará comezo esta festa para os máis cativos, que estará amenizada por animadores de xogos, mascotas, desfile de disfraces con entrega de diplomas, inchables, espectáculos de Bob Esponja e Patricio… 

Luns 20:

    Festa de noite de Entroido: Música, luces, animación e música na Carpa de Entroido, a partir da medianoite. 

    Verbena do Entroido: Novidade. Actuación da Orquestra Ismael na praza de España desde as 23 horas.

Martes 21:

    Festival de Murgas e Comparsas: Ás 17 horas saída do Auditorio acompañadas polas charangas Paradela (Lugo), Os Armadanzas (Boiro) e Tíralle do Aire (Ribeira). As murgas adultas competirán por un primeiro premio de 1.000 euros, un segundo de 500 e un terceiro de 350. Tamén haberá un premio local doutros 350 euros. O evento desembocará na praza do Concello, no que se desenvolverá o festival (salvo que por mal tempo teña que ser trasladado ao Auditorio). 

    Media_httpfarm4static_jhesi

Mércores 22:

    Enterro do Felipe: Saída do acompañamento ás 19.30 horas  dende o Auditorio pasando polas rúas da cidade ao compás da charanga “O Santiaguiño” ata chegar á praza dos Mariñeiros, onde será incinerado. Unha vez enterrado, haberá preñados, orellas e rosquillas (ademais de bo viño e outras bebidas) na Carpa do Entroido habilitada na rúa de Portugal. 
     

O disfrute de todas estas actividades é gratuíto. Elvira Pisos agradeceu no nome do Concello a colaboración de todas as asociacións, agrupacións e entidades colaboradoras co entroido, tanto nas actividades municipais como no concuros de murgas e comparsas, o enterro do Felipe, etc… así como nas actividades propias que organizan nos seus locais.

Antes, en Certo:





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: apréndenlles aos veciños a usar as máquinas dos parques biosaudables

20120210_124007

  • Hoxe foi en Porto do Son e o vindeiro martes, 14, aprenderánlles en Xuño e Portosín

Porto do Son, 10 de febreiro de 2012. Hoxe levouse a cabo a iniciativa “Orientación do uso do Parque Biosaudable”  onde os veciños e veciñas de Porto do Son puideron observar unha demostración sobre o uso das máquinas que están expostas nos parques biosaudables.

 

O vindeiro martes, 14 de febreiro, San Valentín, levarase a cabo a iniciativa nos outros dous parques biosaudables do Concello, en Xuño e Portosín.

 

En Xuño será ás 10:00 horas e en Portosín ás 12:00 horas. No caso de Xuño, se o tempo non permitise a clase, aprazarase para outro día, segundo informou a concellería de Deportes.   

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: convocan unha nova edición do concurso de fotos "Se eu podo, ti tamén"

Octavilla V Concuros Fotos.pdf Download this file

Noia, 10 de febreiro de 2012. Con motivo da celebración o vindeiro día 8 de marzo, “Día Internacional das Mulleres”,  a Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Noia, a través do Centro de Información á Muller (CIM) convoca o V CONCURSO FOTOGRÁFICO    “SE EU PODO, TI TAMÉN“. 

RESUMEN DAS BASES

-TEMÁTICA DAS FOTOGRAFÍAS

   As fotografías deberán tratar sobre a corresponsabilidade de homes e mulleres no espazo público, privado e/ou doméstico. Nelas poderán aparecer tanto persoas do sexo masculino como feminino, ou calquera outra imaxe que reflicta o espírito do concurso.

   O xurado resérvase o dereito de aceptación das obras segundo se axeiten ou non á temática requerida.

   As fotografías presentadas deberán ser inéditas, e non se aceptarán as que foran seleccionadas noutro concurso ou certame. As imaxes deberán ser orixinais, non se admitirá ningunha fotografía con dereitos de propiedade intelectual que non pertenzan integramente e sen excepción ao propio participante.

- PARTICIPANTES

   Poderán  participar no concurso todas aquelas persoas afeccionadas interesadas que o desexen.

-PRESENTACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS

   A participación no concurso é gratuíta e realizarase mediante a presentación dun sobre dirixido ao Centro de Información á Muller do Concello de Noia (CIM), edificio de Servizos Sociais, ubicado na Rúa do Curro, nº 4, coa inscrición: V CONCURSO FOTOGRÁFICO “SE EU PODO TI TAMÉN”.

   Únicamente se admitirá un máximo de catro fotografías por participante.

   Dentro do sobre deberán estar presentes tres  elementos:

    1. A fotografía presentada a concurso.
    2. Un CD ou DVD que conteña a fotografía que se presenta.
    3. Instancia na que aparezan os seguintes datos do participante: nome e apelidos, número do documento de identidade, dirección e datos de contacto (teléfono e/ou correo electrónico) e título da fotografía.

-REQUISITOS TÉCNICOS

   A medida máxima das fotografías será  de 50x 70 cm e presentaranse en cartón pluma.

   As imaxes presentadas en CD ou DVD deberán estar en formato JPG ou JPEG, cunha resolución  superior a   2048 X1536 píxeles.

   A técnica usada será libre, en branco e negro ou cor, e cos retoques que o autor/a estime necesarios para transmitir o obxectivo do concurso.

- PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS

   O prazo de recepción das fotografías estará aberto ata as 14:00 horas do 5 de marzo de 2012.

- PREMIOS

   Concederanse tres premios ás tres mellores fotografías:

    1º premio dotado cunha cantidade de……………  300 €.

    2º premio dotado cunha cantidade de……………. 200 €

    3º premio dotado cunha cantidade de……………  100 €

   *O contido completo das bases poderase consultar nos taboleiros de anuncios do Concello de Noia e no edificio onde se ubica o CIM

Pode que tamén lle interese:




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o presidente da Deputación visitou Amicos e o centro que constrúe en Comoxo

Evolucion_residencia_038

Boiro, 10 de febreiro de 2012. O presidente da Deputación coruñesa, Diego Calvo, acompañado polo alcalde de Ribeira e tamén deputado provincial Manuel Ruiz Rivas, realizaron unha visita institucional á Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica AMICOS, para coñecer de primeira man o proxecto de construción da Residencia para persoas Gran Dependentes con Discapacidade Intelectual que a entidade ten previsto construir no concello de Boiro -en Comoxo- e que a Deputación Provincial financiará o 60% con 400.000,00 € sobre un orzamento de 750.000,00€.   

O proxecto de construcción da unidade residencial de asistidos pretende dar cobertura na súa primeira fase a 30 persoas con discapacidade intelectual con necesidades de apoio extenso e xeralizado, nunha zona (comarcas de Barbanza e Noia) onde existe un importante déficit de cobertura en materia asistencial e non existe ningún centro con estas características. 

A posta en marcha da residencia permitirá  mellorar  e consolidar os servizos de atención ás persoas con discapacidade intelectual das comarcas de Barbanza e Noia que presta a asociación AMICOS e que na actualidade abranguen un centro de día, un centro educativo, un centro ocupacional, un centro de formación, unha rede comarcal de transporte adaptado e diversos servizos de rehabilitación. 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical