Primavera en Barcelona. Flickr de robokow Boiro, 21 de marzo de 2011. O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, participará mañá martes, día 22 de marzo, a partir das 16.30 horas no Ayuntamiento de Barcelona, na cidade condal, na primeira reunión da “Red Innpulso. Red de Ciudades de la Ciencia y la Innovación”, co seguinte orde do día: 1. Entrega de diplomas aos alcaldes que obtiveron a distinción “Ciudad de la Ciencia y la Innovación”, entre as que se atopa Boiro.
2. Aprobación do Protocolo polo que se establecen as normas de funcionamento da “RED INNPULSO Ciudades de la Ciencia y la Innovación”.
3. Elección do Presidente.
4. Elección dos seis membros do Consejo Rector, dúas por cada modalidade da distinción.Cómpre lembrar que Boiro foi o único municipio de Galicia distinguido como “Ciudad de la Ciencia y la Innovación” polo seu Centro de Formación – Centro de Hostalería – Viveiro de Empresas, situado no Polígono Industrial e inaugurado o pasado día 11 de marzo polo Delegado do Goberno en Galicia, D. Antón Louro Goyanes, un acto no que tamén participaron representantes do Ministerio de Ciencia e Innovación. O Ministerio pretende, coa creación desta rede, habilitar un contacto permanente entre todos os municipios galardoados, así como compartir recursos e información. Relacionadas:
Inaugurado o viveiro de empresas: pte Deputación e delegado do Goberno
Premio: o alcalde recolleu o "Cidade da Ciencia e Innovación"
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario