11.3.11

Boiro: inaugurado o viveiro de empresas e centro de formación da Espiñeira

Boiro, 11 de marzo de 2011. O delegado do Goberno, Antón Louro, acudiu esta mañá a Boiro para a inauguración oficial do viveiro de empresas e centro de formación ubicados no polígono da Espiñeira.

Antón Louro salientou que esta actuación conlevou o único galardón para un municipio galego a Boiro como "Ciudad de la Ciencia y la Innovación", e valorou a aposta do equipo de goberno (Bng e Psoe) polo "fomento do emrego, a formación e a competitividade". No seu discurso o delegado lembrou que para construír o viveiro de empresas empregáronse Fondos Locais do Goberno de España (1.371.882 euros), que xestionou o Ministerio de Política Territorial. Construír o edificio supuxo case un millón de euros do primeiro Fondo Estatal de Inversión Local (Feil) do 2009, aos que houbo que engadir 378.000 euros da segunda fase, que se financiou dende o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade (FEESL) do 2010. Ambos fondos permitiron levar adiante nove proxectos en Boiro e contratar a 139 persoas cun orzamento que superou os 5,4 millóns de euros.
                       
.- Nave industrial para obradoiros e almacéns de oficio dos servizos municipais.
- Nave destinada a centro de formación e viveiro.
- Proxecto para dotacións deportivas, aparcadoiros e outros usos.
- Segunda fase centro formación e viveiro.
- Segunda fase dotacións deportivas e aparcadoiro.
- Pistas polideportivas descubertas en Barraña.
- Alumeado da zona deportiva.
- Adecuación e mellora do edificio municipal para Emerxencias.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical