Realizada por Olláparo e relacionada co proxecto de apadriñar árbores para repoboar con autóctonas varias áreas do municipio.
Boiro, 16 de marzo de 2011. Este xoves 17, ás oito da tarde, no Centro Social, terá lugar a inauguración da exposición “Árbores singulares nas parroquias do Concello de Boiro”, composta por 50 imaxes singulares do municipio. Esta actividade organizouse desde a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Boiro, en colaboración co colectivo Boiroverde e coas asociacións veciñais das parroquias, que foron as encargadas de realizar as saídas para coñecer as árbores e proporcionar información das especies arbóreas singulares de cada parroquia. Das fotografías encargouse o Colectivo Olláparo. O Alcalde, Xosé Deira Triñanes, presidirá a inauguración, na que terán especial protagonismo as asociacións veciñais e os integrantes do colectivo Boiroverde. A exposición estará no Centro Social ata o dia 31 de Marzo no horario habitual da sala (de 10 a 14h e de 16 a 21.00h).
Apadriña unha árbore
O venres 18 terá a presentación dun proxecto promovido pola Concellería de Medio Rural, en colaboración co Departamento Municipal de Medio Ambiente e co colectivo Boiroverde, denominado “Apadriñamento dunha árbore”. Asistirá o Alcalde, Xosé Deira; o Concelleiro de Medio Rural, Xoán León, e outros membros do equipo de goberno, así como as primeiros pais e nais de familia que participan nesta iniciativa, e que prantarán nesta zona os primeiros árbores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario