6.3.11

Dodro: o Partido Popular presentou a súa lista para o 22 de maio

Candidatura

Dodro, 6 de marzo de 2011. O  pasado venres 4 de marzo arredor  de cincocentas persoas arrouparon o Partido Popular de Dodro na presentación da súa candidatura para as próximas eleccións municipais.

Nesta presentación, segundo comentan fontes do PP,  o candidato á alcaldía, Valentín Alfonsín,  "tamén estivo arroupado pola cúpula do PP de Galicia entre os que se encontraban Diego Calvo, Secretario Provincial, José Manuel Álvarez Campana, Secretario de Organización e Presidente de Portos de Galicia; a senadora compostelá Mª Jesús Sáinz; o senador e actual alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer; as deputadas Paula Prado e María Seoane; os alcaldes de Rois, Lousame e O Pino e os alcaldables de Padrón, Rianxo, Ames, Brión, Vedra e Teo, entre outros". 

O equipo está  encabezado de novo por Valentín Alfonsín, ao que lle sigue Marisol Boga, Maximino Rodríguez, María Fernández, José Núñez, Cristina Codesido, José Baleirón, Graciela Carou, Ángel Jamardo, Adriana Soñora e María Calvo. 

"Un equipo no que están representadas as tres parroquias do Concello. Un equipo unido, con ganas de traballar, de loitar polos intereses de Dodro e disposto a escoitar ós veciños. Persoas que traballan e traballarán por Dodro. Persoas que dende a humildade demostrarán a súa capacidade de xestión e sentido común", aseguran no PP.

O carneiro?

Abriu o acto Marisol Boga falando do traballo, da capacidade de xestión e do equipo que esa tarde presentaron, e finalizou agradecendo a presencia dos veciños e membros da cúpula do PP de Galicia. Continuou Álvarez Campana, quen agradeceu o traballo de Fernando Vila Brión e avogou por retirar “o carneiro” que se instalou no Concello fai catro anos. 

Diego Calvo na súa intervención definiu a Valentín Alfonsín como “modelo de esforzo continuo” e “como a alternativa a un goberno local desgastado e sen ideas”. Explicou aos veciños a nova Lei de Augas, "e votou por terra as mentiras que o BNG de Dodro está a facer circular entre os veciños", acusaron os populares

Pechou o acto Valentín Alfonsín, quen fixo repaso da xestión do bipartito cunha presentación de diapositivas, "poñendo de manifesto o fracaso e ineficacia do goberno actual á hora de executar obras e as innumerables promesas electorais do PSOE e o BNG incumpridas". Fixo mención especial aos cartos que os comuneiros de Dodro aportaron ó goberno actual e ás subvencións perdidas "debido á súa pésima xestión" e centrouse especialmente en Vitoria Rei, a súa contrincante polo Bng á alcaldía, por “apropiarse de méritos que non lle corresponden como a creación da escola infantil de Dodro ou o Centro de Día". 

Pechou o acto presentando a candidatura e recordando aos homes que iniciaron a andadura de Dodro creando a escola de Tallós. Os numerosos veciños que enchían o salón do Pazo de Lestrove, en Lestrobe, ovacionaron ao alcaldable popular "durante varios minutos", segundo a nota de prensa do PP.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical