Ribeira, 7 de marzo de 2011. A Secretaría do Banco do Tempo de Ribeira informa de que cambia o seu horario de atención e, dende agora, este servizo estará aberto os mércores en lugar dos luns como viña sendo habitual. Con esta modificación preténdese facilitar a asistencia aos socios do banco e ás persoas, entidades e institucións que estean interesadas en colaborar ou obter información para facerse socias.
O horario será de 11 a 13 horas da mañá. A secretaría seguirá situada na sede do Centro de Información á Muller (CIM).
No caso de que a algunhas persoas non lles veña ben este novo horario, deberán chamar ao departamento dos Servizos Sociais, e deixar os seus datos persoais xunto co teléfono para que a secretaría se poña en contacto.
Obradoiro postres Entroido
A imaxe que acompaña esta información é unha fotografía do grupo que tomou parte no obradoiro de postres típicos de Entroido que se realizou hai unha semana a iniciativa do Banco.
Os nomes dos socios son Mª Dolores Crujeiras (asesora xurídica CIM), Xose Alberte Lorenzo, Mª Teresa, Pilar Pereiro, Juanita (mestra do obradoiro, colaboración das amas de casa de Riveira), Mónica Chaves, Marisa Arnoso, Juanita Vilar, Esther Patiño (concelleira de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia), Estela Saa ( Secretaria do banco do tempo) e Dolores García.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario