14.3.11

Lousame: o Bng denuncia boicot do equipo de goberno ás súas actividades

Media_httpfarm6static_aquyh

Lousame, 14 de marzo de 2011. O día 18 de febreiro de 2011 o BNG de Lousame solicitou "debidamente" a Casade Cultura do Concello para realizar unha charla sobre a nova Lei de Augas, con data sábado día 12 de marzo. "Nun principio e unha vez comprobada a dispoñibilidade da mesma para ese día por parte do funcionario do Concello o edificio foi concedido. Nembargantes, con tan só uns días de antelación e coa cartelería xa distribuída por todo o Concello recibimos unha carta donde se nos comunica que a Casa de Cultura non estará dispoñíbel para ese día por causa do ensaio da Banda Municipal de Música e da Escola Municipal de Teatro", denuncia o Bng lousamián en nota de prensa.
"Se ben é certo que nos ofreceron algún dos Locais Sociais das distintas parroquias, nós negámonos a ter que trasladar a nosa actividade e vemos neste feito por parte do Concello -con goberno do Partido Popular- unha falta de organización e de respecto. Denunciamos así as trabas que a oposición recibe por parte do Concello de Lousame", conclúen os nacionalistas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical