17.3.11

Mar: réplica da conselleira de Mar aos conflictos abertos polas gaiolas de salmón e a paga das mariscadoras a pé

Rosa_quintana

Rosa Quintana: “O proxecto experimental das gaiolas de salmón pode crear máis de 300 postos de traballo na zona de Muros-Noia”.  A conselleira asegurou ás mariscadoras da Ría de Muros-Noia que disporán de análises cada dous meses sobre o impacto deste proxecto experimental.

Noia, 17 de marzo de 2011.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asegurou que o proxecto experimental que se vai desenvolver en Muros-Noia é unha oportunidade para xerar emprego na zona. “ Se o proxecto sae adiante permitirá crear máis de 300 postos de traballo na comarca” dixo e reiterou que esta actividade non supón ningún problema para a compatibilización da actividade acuícola coa pesqueira e marisqueira.

A conselleira incidiu en que a Xunta persegue unha explotación da acuicultura responsable co medio ambiente tendo en conta que Galicia “necesita seguir sendo líder en acuicultura”, tal e como o recomenda a propia UE. A titular de Mar puxo como exemplo a Noruega e a Escocia, dous dos lugares máis importantes en materia de acuicultura e con características xeográficas e marítimas similares a Galicia e sostivo que “desenvolven estes lugares a súa actividade pesqueira convivindo con total normalidade”.

A conselleira reuniu hoxe a unhas 80 representantes do marisqueo a pé de Galicia para explicarlles de primeira man os motivos do traslado destas gaiolas dende a Ría de Arousa ao polígono de Muros-C, un polígono dedicado á acuicultura. Así, incidiu en que na ría arousana están ubicadas 2.500 bateas (o 68% de toda Galicia) “o que supón que está ao límite da súa capacidade de carga”. A conselleira tamén quixo deixar constancia de que o seu departamento actuou con absoluta transparencia con reunións co sector e coa elaboración de diversos estudos. Explicou que, tras manter contactos coas confrarías e as asociacións bateeiras da ría, a Xunta recabou informes externos do Clúster de Acuicultura e da Universidade de Vigo, “que avalan que o traslado non entraña ningún problema”. Non obstante, unha comisión de seguimento da que participará o sector analizará o impacto deste proxecto bimensualmente, que lle serán trasladados ao sector.
 

Paga extra
Outro dos asuntos que se abordou nesta reunión foi a supresión da paga extra das mariscadoras que se xubilaron sen ter cotizado o período mínimo que esixe a lei para cobrar unha pensión, unha axuda que cualificou de “inxusta” nun momento de paro desmesurado. Cabe lembrar que hai un grupo de mariscadoras que decidiron non cotizar, puidendo facelo, “e están a beneficiarse duns ingresos de 11.000 euros anuais co diñeiro de todos os galegos”. A Consellería entende que o sobresoldo que se viña pagando ata o de agora é un acto de discriminación positiva para este colectivo, xa que “os que cumpriron escrupulosamente a lei” teñen, na actualidade, uns ingresos medios de 7.700 euros.

Relacionada:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical