O presidente de Portos prometeu oito actuacións destinadas á mellora das condicións de traballo dos profesionais, entre elas a creación dunha nova rampla de descarga, a construción de departamentos para usuarios, un novo peirao e ampliación de pantaláns
En concreto, o programa de investimentos do ente público para Palmeira recolle oito actuacións orientadas á mellora das condicións de traballo dos profesionais. Por este motivo, tivéronse en conta, no deseño das actuacións, as demandas da confraría, coa que se continuará traballando de xeito directo e coordinada, para a execución dos proxectos.
As obras propostas dentro do programa presentado por Álvarez-Campana atinxen á creación dunha nova rampla de descarga aboiante, orzamentada en 25.000 euros; o estreitamento e acurtamento da rampla (225.000 euros); construción dun edificio de oito departamentos para usuarios (250.000 euros); dragaxe, prolongación do dique aboiante e ampliación de pantaláns (300.000 euros); construción dun novo peirao (250.000 euros); separación da zona pesqueira (20.000 euros); remodelación do paseo coa retirada da escolleira (500.000 euros) e rectificación da rampla de acceso á praia (30.000 euros).
Portos de Galicia manterá contacto directo cos representantes dos profesionais da pesca para fixar as prioridades de actuación, de modo que as demandas de maior urxencia poidan comezar a tramitarse de inmediato, co obxectivo de que poida iniciarse a redacción dos proxectos prioritarios nos próximos meses e as obras no menor espazo de tempo posible. O proxecto global terá un periodo de execución plurianualPosted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario