17.3.11

Medio Ambiente: Xuventudes Socialistas da Pobra declárase antinuclear

Media_httpfarm5static_gfvkq

Flickr de alvaro tapia hidalgo

A Pobra do Caramiñal, 17 de marzo de 2011. O responsable da área de Medio Ambiente de Xuventudes Socialistas da Pobra, Manuel Gude, explicou hoxe en nota de prensa a posición desta formación sobre o actual debate sobre a enerxía nuclear, logo do que está a acontecer no Xapón.

Como é habitual en Certo, reproducimos íntegra a nota:

"Se por algo se caracteriza o ser humano é por aprender dos fallos e catástofres acontecidas. O desastre nuclear de Xapón debe servir de estímulo para cambiar un debate que leva moito tempo en discusión, entre defensores e detractores da enerxía nuclear.

Os defensores da enerxía nuclear quédanse sen argumentos para defender esta enerxía, aínda que non dubido en que estes non se van a agochar pese a que Merkel, a máxima defensora das nucleares en Europa, xunto con Francia, xa estea dando marcha atrás. Dicían que o risco dunha fusión no reactor nuclear era “cero”, xa que eran seguras. Unha vez máis a nai terra demostrou o contrario: que nunca hai risco cero.

Cando foi da catástrofe de Chernobil aprendeuse que unha central nuclear necesita dunha protección específica para evitar incidentes. Pensouse que esa coraza era indestrutible, pero esquecéronse que a natureza é a única que ten a última palabra.

Outro dos argumentos que poñían enriba da mesa era que coas nucleares non teríamos que depender doutros. Eu sempre me preguntei: onde temos nós minas de Uranio enriquecido?

 O problema de fondo desta catástrofe non son os millóns perdidos nunha infraestrutura carísima: son os danos as persoas e natureza. Íso é o máis importante de todo e parece que algunha vez esquecémonos  desto.

Para os defensores da nuclear que me poidan dicir que coas renovables non se pode vivir, eu dígolles que é mentira,  aínda que unicamente con renovables non poderíamos vivir co mesmo nível de vida hoxe en día debido o gasto enorme de electricidade na actualidade e debido tamén que aínda non hai tanta potencia instalada.

Apretar o cinto e aprender dos erros

Aquí entramos a xuventude, que nisto temos moito que dicir. Os próximos anos serán duros, xa que a realidade é que cada vez hai menos petróleo e este cada vez está máis caro. O que nos toca a todos é apretar o cinto no que se refire a aforro enerxético, aprender dos erros cometidos e non defender unha causa que trae consecuencias terribles  para a Humanidade". 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical