17.3.11

A Pobra do Caramiñal: a Consellería de Mar convoca dez permisos para mariscadoras a pé na confraría

Media_httpfarm5static_nrsvr

A Pobra do Caramiñal, 17 de marzo de 2011.- A Consellería do Mar outorgará 10 permisos de explotación para os mariscadores a pé da Confraría da Pobra do Caramiñal. Estes novos permisos súmanse aos 127 pérmex para mariscadores a pé vixentes nesta confraría. Cabe lembrar que a día de hoxe existen 9 vacantes e a Confraría poderá solicitar a súa cobertura ao longo deste ano.

Para poder optar aos permisos de explotación, os solicitantes deben cumprir os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, modificado polo Decreto 114/2007, de 31 de maio e presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende hoxe. As solicitudes presentaranse no rexistro do Departamento Territorial da Consellería do Mar na Coruña ou en calquera rexistro público que teña convenio coa Xunta. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración.

Con estes 10 novos pérmex, o departamento que dirixe Rosa Quintana pón de manifesto a súa aposta pola xeración de actividade e o incremento dos postos de traballo para a incorporación de xente nova, especialmente no contexto de crise económica actual. Cabe lembrar que, con estes 10 pérmex, no que levamos de ano a Consellería do Mar convocou 68 novos permisos de explotación para mariscadores e percebeiros a pé na provincia da Coruña. Todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sostibilidade dos recursos e criterios socieconómicos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical