Noia, 9 de marzo de 2011. O presidente de turno da Mancomunidade de Concellos Serra da Barbanza, o alcalde de Noia, Rafael Garcia Guerrero, reuniuse hoxe en Santiago co Secretario Xeral de Calidade e Avaliación ambiental da Conselleria de Medio Ambiente, Justo de Benito.
Planta de Servia en Lousame
García Guerrero considera "moi positiva" a posición de defensa dos intereses municipais que se está a facer desde a Conselleria de Medio Ambiente neste asunto. "Debemos sinalar que a Xunta de Galicia impediu que Ecoembes introducira no novo convenio (asinado este ano) unha porcentaxe máxima de plástico film a recuperar, o que supón un
auténtico soporte ás teses da Mancomunidade Serra do Barbanza. Son coñecidas as tentativas de Ecoembes para introducir esa porcentaxe máxima para o envase film, para reducir os seus gastos a conta de reciclar menos, pero a Xunta de Galicia mantivo a sua posición inalterable, o que claramente beneficia a posición dos concellos", argumentou o alcalde noiés e presidente da Mancomunidade, quen reitera que "a Xunta de Galicia estase preocupando polo tema, está colaborando tanto economicamente, como freando as pretensións de Ecoembes".
Máis información sobre Ecoembes e as relacións con "Serra da Barbanza", no blog do alcalde de Noia, aquí, aquí e aquí.
Relacionada:
Planta de Servia: acordan mercar o polvorín de Maxam
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario