Noia, 9 de marzo de 2011. Continúan os "Domingos de Cine" e a habitual programación teatral. Este mes hai que engadir as sempre interesantes Xornadas de Historia, que xiran arredor da figura do polígrafo Agrelo Hermo e tamén, aínda que non figuran, débense ter en conta como parte da axenda cultural as ponencias da I Aula de Saúde, que comezan o 15 de marzo e duran ata maio.
Esta fin de semana, o venres 11, Teatro de Ningures achégase a Noia coa obra "0,7% Molotov", que levou o Premio XIv Premio Rafael Dieste convocado pola Deputación da Coruña.O director e autor é Santiago Cortegoso. O argumento aborda a un home que se retira ao rural para facer viño e alí se atopa cunha rapaza solidaria que vén de estar en Africa. Os dous mundos enfróntanse. Será ás 22:00 h. Teatro Coliseo Noela,
Xa o domingo, día 13, ás 20:00 h, proxectarase "El Concierto", de Radu Mihaileanu. Inserida dentro do xénero de comedia musical, a película é de producción rumana, francesa e belga. Relacionadas:
Aula de Saúde 2011: datas das charlas e temáticas. Comezan o 15 de marzo
Xornadas de Historia: do 19 ao 26 de marzo, adicadas a Agrelo Hermo
Podería interesarlle:
Arte: o noiés Ismael Teira expón en Santiago
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario