9.3.11

Rianxo: o sábado 12 de marzo, contacontos pola Igualdade, con "O País dos Mandóns" na biblioteca "Castelao"

Media_httpfarm6static_mqbbh

Rianxo, 9 de marzo de 2011. O vindeiro sábado 12 de marzo, ás 12 da mañá na Biblioteca Pública Municipal "A.D.R. Castelao" (Praza de Rafael Dieste), terá lugar a representación dun contacontos. A actividade consiste na representación dun contacontos baixo o título de "O País dos mandóns" que pertence a colección de libros "A Igualdade Conta" da editorial Embora, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos.

   

Sinopse:

     Pepino, Pepone e Pepuccia camiñan polo mundo debuxando no seu mapa os lugares por onde pasan. Estiveron en moitísimos países; o país do revés, o país das chuches, o país da música, das  cores… e no país dos Mandóns… O seu paso por este país coincidiu cun gran cambio; grazas a Clara, aquel lugar feo e triste converteuse nun lugar bonito e feliz. Dende entón coñecese como O País da Igualdade.

Ghazafelhos adapta nunha pequeniña obra de teatro tres contos da colección A igualdade Conta, de Edicións Embora.
 Recreando unhas personaxes imaxinarias, fálannos de Flora e o seu segredo, da urna dos desexos e do País dos Mandóns; contos que nos convidan a sentirnos iguais dende as nosas diferencias.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical