21.3.11

A Pobra do Caramiñal: Novas Xeracións colaborou con Cáritas na Operación Quilo

 A Pobra, 21 de marzo de 2011. A formación política Novas Xeracións da Pobra do Caramiñal acabou o día 19 de Marzo coa campaña solidaria "Operación Quilo" a favor de Cáritas, coa entrega dunha gran cantidade de produtos alimenticios para axudar ás familias pobrenses con máis necesidades.
Con esta iniciativa, Novas Xeracións da Pobra do Caramiñal "renova o seu compromiso co colectivo de Cáritas", explicou o presidente dos mozos populares, Eloy Sobrido García, quen, acompañado dos seus compañeiros, expresou o seu agradecemento "á xente que participou na campaña", Prometeu "seguir traballando polos que máis o necesitan" e, pola súa banda, "Turi", o presidente de Cáritas expresou o seu agradecemento aos de Novas Xeracións e convidou "ao resto de partidos políticos a que tomen exemplo".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical