11.3.11

A Pobra do Caramiñal: o conselleiro de Medio Rural visitou obras do seu departamento

A Xunta destinou a obras de abastecemento, saneamento e pavimentación preto de 290 mil euros e ten previsto acometer en breve novas actuacións relacionadas tamén coa mellora de infraestruturas viarias e saneamento
Media_httpfarm6static_cbqjz

A Pobra ten costa, pero tamén hai moito terreo rural

A Pobra, 11 de marzo de 2011.- O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, desprazouse este mediodía ata o municipio da Pobra do Caramiñal para visitar sobre o terreo diferentes investimentos realizados polo seu departamento en infraestruturas rurais neste concello e avanzar novas actuacións previstas, tamén relacionadas coa mellora de viais e saneamento.

O titular de Medio Rural, que estivo acompañado polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo Iglesias, e polo alcalde da localidade, Isaac Maceiras, coñeceu as obras de abastecemento, saneamento e pavimentación en Vilariño de Arriba e pavimentación en Portocarro-Ponte Barbanza, así como a actuación de abastecemento, saneamento e pluviais no lugar do Pozo.

As intervencións neste municipio da comarca da Barbanza, que se enmarcan nos diferentes plans que está a impulsar o departamento que dirixe Samuel Juárez para a mellora xeral das infraestruturas e servizos no medio rural galego, supuxeron un investimento total de preto de 290 mil euros.

Novas iniciativas
Ademais destas obras, a Consellería do Medio Rural ten previsto executar en breve prazo novas iniciativas relacionadas tamén coa mellora das infraestruturas viarias e o saneamento.

Trátase, en primeiro lugar, da pavimentación e acceso a Campo de Angustia, obra que vai desde a estrada AC-305 (saída da autovía) ata este Campo, e que consiste no ancheado do vial con asfaltado en quente, así como na limpeza das súas marxes.

Ademais, levarase a cabo a pavimentación do contorno da Tomada e o saneamento no vial O Campo-Xunqueiras, que contempla tamén a recollida de pluviais e a execución de gabias a todo o ancho do camiño. Por último, unha vez rematado o saneamento na zona, pavimentarase dende a estrada AC-305 á Praia da Mercé con asfaltado e recollida de pluviais, adecentando tamén os accesos ao areal.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical