Ribeira, 11 de marzo de 2011. A alcaldable nacionalista de Ribeira, Dominga Brión, vén de denunciar no seu blog a "actitude prepotente e chulesca" do alcaldable do PP, Manuel Ruiz Rivas, a quen acusa de empregar o Concello de Ribeira "como gancho para as súas promesas electorais". Segundo comenta Dominga Brión, "en varias reunións cos veciños e veciñas de diferentes lugares e parroquias do concello, o candidato, que nin sequera é membro da Corporación Municipal, adicouse a anunciar diversas obras e actuacións municipais, mesmo con afirmacións do tipo: “xa está o proxecto feito” ou “xa temos unha partida económica para facelo”. Arróxase, deste xeito, unha representatividade que non ten concedida pola vontade popular nas pasadas eleccións municipais e eríxese, ademais, en falso representante das veciñas e veciños de Ribeira por enriba, e para a súa vergoña en caso de ser consentidor, do actual Alcalde que aínda o é".
Desde o BNG denuncian tamén que nestas reunións “de intoxicación preelectoral masiva” aparezan membros (autorizados?) do actual Goberno Municipal "amparando e dando cobertura ás falsas promesas do candidato así como o uso dos traballadores municipais para o adecentamento dos lugares que, cal visita imperial, realiza o candidato: até 14 xardineiros/as se puideron ver hoxe pola mañá limpando os xardíns do porto de Aguiño".
Do mesmo xeito, continúa a nacionalista, "resulta cando menos sospeitoso que a empresa encargada do alumeado público sexa a mesma que se encarga de colocar as pancartas do PP. O BNG de Ribeira quere poñer en evidencia a escasa calidade ética e democrática que agochan estas actuacións tanto do candidato como do actual goberno municipal. Actuacións que por outra parte demostran que, lonxe de ofrecer á cidadanía unha alternativa para as vindeiras eleccións municipais, o que se pretende é perpetuar un réxime. Réxime que, polo demais, é o principal responsable da actual situación do noso Concello".
Pretenden perpetuar un réxime

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario