11.3.11

Ribeira: o alcaldable polo PP organiza mañá un acto público de precampaña en Aguiño

Proxecto Riveira destino turístico.doc Download this file


Ribeira, 11 de marzo de 2011. O porto de Aguiño será escenario mañá da actividade “Dúas horas con Manolo Ruiz”, unha iniciativa concibida co afán de que os veciños e veciñas que así o desexen poidan conversar, realizar preguntas e plantexar propostas persoalmente ao candidato polo Partido Popular, segundo informa o gabinete de prensa do PP local. Con dúas horas de duración, esta acción terá lugar entre as 18 e as 20 horas diante da sede da Confraría de Pescadores.  

No transcurso desta actividade, haberá un área habilitada con inchables, pista de baloncesto, futbolín, zona de aerobic e outros deportes e afeccións para disfrute dos veciños de todas as idades.

Reunión sectorial: turismo

Por outra banda, hostaleiros e restauradores, responsables de axencias de viaxe, empresarios de transportes, xestores de hoteis e de cámpings e representantes doutros sectores afíns xa confirmaron a súa presenza, mañá sábado a partir das 12 do mediodía, no acto de presentación de "Ribeira, destino turístico", un traballo no que se delimitan as principais liñas de actuación que contempla o candidato á Alcaldía do PP, no seu plan sectorial de turismo. 

Coa xuntanza de mañá, Ruiz Rivas pretende expoñer o seu plan de actuación ante os colectivos que son precisamente os máis implicados no desenvolvemento turístico de Ribeira, pero tamén escoitar as suxestións e ideas que lle formulen estes profesionais, a fin de ser tidas en conta para a súa acción de goberno, no caso de que os ribeirenses lle deran a opción cos seus votos. O acto terá lugar na sede do Partido Popular local, sita na rúa Pérez Galdós, número 14, entreplanta. 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical