Este proxecto forma parte do programa da Xunta “xuventudémúsica” para o fomento da creatividade musical entre a mocidade, que vén substituír ao que comezou o anterior goberno da Xunta, a Rede Nsaio
En Boiro contan cun local similar dende hai varios anosA Pobra do Caramiñal, 18 de marzo de 2011.- O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, inaugurou hoxe o local de ensaio de A Pobra do Caramiñal, no que a Consellería de Traballo e Benestar leva investido máis de 140.000 euros desde 2009. Esta instalación foi posta en marcha grazas ao convenio de colaboración asinado entra o departamento autonómico e o concello da Pobra. O local de ensaio levouse a cabo nun inmoble municipal, situado no Camiño Ancho, no lugar de A Figueira, que foi ampliado, reformado e acondicionado. O novo local conta con dúas salas independentes para ensaio, un local de gravación dixital de maquetas, un vestíbulo, un despacho auxiliar e un aseo. Ademais da obra civil, o proxecto tamén contemplou a insonorización das salas, o equipamento musical e o sistema de gravación. Este ano 2011 será o ano onde máis locais de ensaio se abrirán para os grupos de música xove. Onte foi aberto un local de Curtis, situado no Espazo Xove desta localidade, e nos vindeiros meses poranse en funcionamento 7 salas no complexo de Vigo, 1 local en Verín e outro en Valga. Todas estas actuacións inscríbense no programa da dirección xeral de Xuventude denominado “xuventudémúsica”, dirixido a fomentar a creatividade musical entre a mocidade, que tamén inclúe certames, accións formativas, edicións de CDs e concertos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario