18.3.11

Noia: presentado o IV Certame de Pintura ao aire libre "Juan José Fernández Leiceaga (Sesé)

Media_httpfarm5static_rkuck

O gañador do ano pasado, o catalán Josep Morales, asinando a súa obra

Noia, 18 de marzo de 2011. Esta mañá tivo lugar a presentación do certame de pintura ao aire libre máis emblemático da bisbarra, e un dos poucos que se organizan en Galicia, o "Juan José Fernández Leiceaga", que acada xa a súa cuarta edición. Como é habitual en Certo, adxuntamos as bases íntegras, para que todos aqueles que queiran participar poidan facelo este ano, que cae no Día do Libro, o sábado 23 de abril, no medio das festas tradicionais noiesas do San Marcos.

BASES

    O Concello de Noia (A Coruña) convoca o IV Concurso de pintura ao aire libre “Juan José Fernández Leiceaga” (Sesé) con motivo da celebración da Feira de San Marcos 2011  

      BASES: 

        1.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen. 

          2.- Dito certame terá lugar na Vila de Noia o sábado 23 de abril de 2010. 

            3.- O tema obrigado do concurso será o casco urbano e arredores da Vila de Noia. 

              4.- As obras poderanse realizar en calquera técnica: óleo, acrílico, acuarela, etc. 

                5.- O tamaño das obras será de 50 cm. Como mínimo e un máximo de 120 cm. en calquera dos seus    lados. A organización non aporta materiais nin soportes 

                  6.-INSCRICIÓN e SELADO DAS OBRAS :  o día 23 de abril  na casa consistorial do Concello de Noia de 8:30 h. a 12:30 h. terá lugar a inscrición e selado das telas ou do soporte elixido  polo artista.  

                    7.- RECEPCIÓN DAS OBRAS: poderase facer en dúas quendas, de 10:00 a 14:30 e de 15:30 ata as 17:00 h., hora na que se dá por rematado o tempo de realización e presentación das obras no Concello de Noia.

                       Os traballos realizados quedarán expostos ata as 21:00 h.. 

                        8.- PREMIOS:

                                                  1º Premio…………………………………..2.000 €

                                                    2º Premio…………………………………..1.500 €

                                                      3º Premio…………………………………..1000 €

                                                        Accésit     ………………………………..     250 €

                                                          Accésit     ………………………………..     250 €

                                                            Accésit     …………………………………    250 €

                                    Haberá tres recoñecementos para rapaces menores de  11 anos con tres trofeos.

                                     
                                    Está ademais pendente o coñecer se haberá algún premio económico máis polas aportacións da antiga Obra Social de  Caixa Galicia e a Fundación Otilia Millares e Noia.

                                      Os premios estarán suxeitos á lexislación fiscal aplicable, realizándose o seu pago mediante transferencia bancaria. Porén os gañadores deberán presentar no Concello de Noia certificación da conta bancaria na que desexen recibir o premio. O pago realizarase nos cinco días hábiles seguintes á presentación da devandita certificación. 

                                        9.- O XURADO estará composto polas seguintes persoas: 

                                            Presidente: Alfonso Costa Beiro

                                          Secretario/a: Traballador/a do Concello de Noia

                                            Vocais: O concelleiro delegado de cultura, festexos e mocidade e catro persoas de recoñecido prestixio dentro do mundo da arte.

                                              A súa decisión será inapelable e basearase na análise de calidade e do valor artístico das obras presentadas a concurso, así como que as obras se adapten ao tema obrigado do concurso; o casco urbano e os arredores da Vila de Noia. 

                                                10.- FALLO DO CONCURSO: os membros do xurado emitirán o fallo do concurso  ás  18:00 horas no Salón de Plenos  e a continuación realizarase a entrega dos premios. 

                                                  11.- As obras galardoadas co primeiro, segundo , terceiro premio quedarán en propiedade do Concello de Noia, así como, todos os dereitos de reprodución.

                                                    As obras premiadas deberán ser asinadas polos artistas.

                                                      As obras gañadoras dos tres accésits serán devoltas aos seus autores. 

                                                        12.- EXPOSICIÓN de 18:00 a 21:00 h. no 1º andar da Casa do Concello permanecerán expostas  todas as obras que participaron no concurso, incluídas as premiadas. As obras non premiadas e os accésits  permanecerán expostas  para a súa posible venda.  

                                                          MERCADO da ARTE:

                                                            Como actividade complementaria a este concurso organízase un mercado da arte no que se mostrarán e venderán, unicamente, obras dos artistas que participan nesta terceira edición do concurso. O artista poderá deixar a súas obras no momento de facer a inscrición. As obras non necesitan estar enmarcadas.

                                                              O Mercado da arte abrirase ao público en horario de 12:00 a 15:00 e de 17.00 a 21:00 h. na planta baixa do claustro da Casa do Concello.

                                                                A organización velará polo coidado das obras, aínda que non se responsabiliza dos danos que puideran sufrir durante a exposición. 

                                                                  13.- Os autores poderán  retirar as súas obras, tanto as presentadas no concurso como as expostas no Mercado de Arte, a partir das 21:00 horas do mesmo día 23. No caso de non  retirar as obras en prazo, estas  pasarán a ser propiedade do Concello. 

                                                                    14.- A participación neste certame implica a total aceptación destas bases.  

                                                                      Noia,  18 de marzo de 2011 

                                                                        José Manuel González Canabal

                                                                          Concelleiro de Cultura, festexos e mocidade

                                                                            IMPORTANTE: A organización entregará, aos participantes no Concurso,  un bocadillo e refresco  a partir das 12:00h na Casa do Concello.

                                                                            Os interesados en participar no Mercado da Arte terán que confirmar a súa participación no  correo: sesecertamen@gmail.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical