Mentres que a Xunta di que aforrou máis de 1,3 millóns de euros nos gastos do parque móbil desde que puxo en marcha o seu plan de restruturación, o Psoe asegura que Feijóo leva mercado "máis de 600 vehículos para a Xunta en menos de dous anos, cun coste preto de 10 millóns de euros. Esta é a dobre moral do PP, aí se ve a suposta austeridade"
A Xunta asegura que "excepto os vehículos adicados a altos cargos, o resto destínase diariamente a labores como inspeccións, extinción de incendios ou repartos; en ningún caso se utilizan para fins particulares", mentres que o Psoe denuncia que cargos directivos do goberno "están usando para desprazamentos privados vehículos propiedade da Xunta de Galicia".
Santiago, 18 de marzo de 2011.- A Xunta de Galicia quere lembrar que na actualidade hai 59 vehículos para altos cargos menos que na lexislatura pasada, o que significa unha redución de máis do 40 por cento. O Goberno de Alberto Núñez Feijóo ten reducido o número de vehículos do parque móbil destinados ao transporte de altos cargos da Xunta de 143 a 84 unidades, os chamados coches oficiais. Os restantes vehículos chamados de servizo, un total de 279, adicanse ao persoal dependente da Xunta para a realización das tarefas que teñen encomendadas, non levan condutor e en ningún caso se usan para fins particulares. Todos eles seguen ademais un estrito control, con partes de saídas diarios, quilometraxe e gastos.
Hai que salientar que foi este Goberno, ao pouco de chegar, o que puxo en marcha o Plan de Reestruturación do Parque Móbil da Xunta, que ten permitido xa un aforro de máis de 1,3 millóns de euros en gastos correntes de funcionamento desde que se puxo en marcha.
O Plan foi aprobado polo Consello da Xunta en outubro de 2009 cos obxectivos cos obxectivos de racionalizar e optimizar os recursos, mellorar o servizo e as condicións de traballo do colectivo de condutores, e acadar un aforro de 1,5 millóns na lexislatura. O último balance do seu cumprimento, presentado en xaneiro deste ano, rebelaba xa que non só se está a cumprir, senón que incluso supera os obxectivos marcados, producindo unha redución nos gastos de 1,3 millóns de euros, englobando aforros en peaxes, combustible, pneumáticos e reparacións, seguros, vestiario de condutores e taxis.
O aforro derivado do plan produciuse en base ás medidas concretas adoptadas no funcionamento do parque móbil, así como polos cambios producidos na estrutura da Xunta de Galicia, principalmente pola redución do número de altos cargos, entre os que destacan as delegacións territoriais, que como xa é sabido pasaron de ter 52 delegados provinciais a 5 territoriais.
Doutra banda, no relativo á adquisición de vehículos nesta lexislatura, o que se fixo foi renovar alugueiros de coches que viñan de atrás e que remataron a súa vixencia. Estes vehículos son os destinados a servizos das distintas consellerías, e son utilizados diariamente para labores como inspeccións, extinción de incendios, vixilancias ou reparto de correspondencia, entre outras; sen que en ningún caso se permita a súa utilización para fins particulares.
Por último, e sen prexuízo do anteriormente exposto, o conselleiro de Presidencia Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, mostra a súa disposición a comparecer no Parlamento galego e ofrecer as explicacións pertinentes, como noutras ocasións. Así mesmo, espera que o grupo parlamentario que solicitou a súa comparecencia a formalice e non faga como outras veces nas que anunciou comparecencias, preguntas ou peticións de comisións de investigación en actos de prensa e finalmente botouse atrás.Namentres, na nota e imaxes do Psoe:
Por iso anunciou que rexistrou unha iniciativa na Cámara Autonómica na que reclama a comparecencia urxente do Conselleiro da Presidencia para explicar esta situación.
O parlamentario socialista remarcou que “o 99% dos empregados públicos son exemplares e asisten ao seu traballo facendo uso do seu vehículo particular ou utilizando o transporte público”, pero denuncia que “hai unha grupo de privilexiados que dispoñen de vehículos do parque móbil da Xunta para desprazarse aos seus domicilios particulares, algúns incluso vivindo a 600 metros do seu posto de traballo”, subliñou.
En rolda de prensa e amosando as fotos nas que se constata esta anómala situación dixo que “mentres Feijóo presume de austeridade, hai cargos de libre designación do seu goberno que utilizan vehículos da Xunta para fins particulares”.
Cargos de libre designación en 5 consellerías
O parlamentario socialista dixo que segundo os datos dos que dispón nestes momentos o Grupo Parlamentario Socialista podemos dicirlles que está situación fraudulenta afecta alomenos a cinco consellerías do Goberno Galego, e pode estar supoñendo un coste superior aos 132.000 euros anuais. É dicir “podemos estar falando de máis de 40 cargos de libre designación que fan uso de vehículos para servicio persoal, en cinco consellerías diferentes”.
Lage Tuñas dixo que “Rueda terá que vir a explicar ao parlamento como se está xestionando os o parque móbil da Xunta de Galicia e terá que amosar quen autorizou as prácticas fraudulentas e a utilización privada de vehículos públicos”.
José Manuel Lage afirma que estes vehículos son utilizados por cargos de libre designación elixidos polo Goberno Galego e que ocupan subdirección xerais, vicesecretarías xerais ou xefaturas de servizo.
Feijóo mercou máis de 600 coches en menos de dous anos
Lembrou que Núñez Feijóo “chegou á Xunta a lomos dun Audi”, pero advertiu que neste dous años de lexislatura a Xunta mercou máis de 600 vehículos, o que supón un custe de perto 10 millóns de euros.
“Feijóo mercou en menos de dous anos máis de 600 vehículos para o parque móbil da Xunta, unha media de un coche por día. Unha realidade que constrata cos máis de 90 vehículos dos que prescindiu o goberno de Feijóo a pesares de ter menos de 100.000 km. É a dobre moral do Partido Popular e do seu presidente”, afirmou Lage Tuñas.
Derroche maiúsculo
Acusou a Feijoo de presumir de austeridade “cando vemos que teñen unha dobre moral evidente; estamos diante dun derroche maiúsculo”. Di que tódolos días circulan vehículos propiedade da Xunta con dirección a Lugo, Coruña, Pontevedra e incluso se utilizan para desprazarse en Santiago.
Ademais lembrou que só teñen dereito a facer uso dun vehículo oficial segundo a normativa vixente, os directores xerais, secretarios xerais ou os conselleiros. Ademais para facer uso do mesmo hai que ter unha orde de saída por parte do organismo competente.
Lage Tuñas desmontou en rolda de prensa a suposta austeridade do presidente da Xunta e do seu goberno ao asegurar que “por unha banda envíanlle circulares aos funcionarios para que fotocopien a dobre cara e traballen casi en penumbra, pero polo outro lado autorizan o uso particular de vehículos públicos para un grupiño selecto de cargos de libre designación”.
Asevera que “o Conselleiro da Presidencia Alfonso Rueda é o responsable do parque móbil da xunta de Galicia”, e di que por iso “terá que dar explicacións en sede parlamentaria porque estamos diante dun escándalo maiúsculo”.
Na súa intervención Lage Tuñas aludiu a utilización vehículos da Consellería de Sanidade por parte da Subdirectora xeral de réxime administrativo, da Subdirectora xeral de Saúde Pública, do Subdirector Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables e do Vice-secretario Xeral de Sanidade. Dixo que tamén están afectadas as consellerías de Sanidade, Medio Rural, Medio Ambiente, Presidencia (EGAP) e a Consellería do Mar (Portos de Galicia).
Louvou aos funcionarios de San Caetano
Tamén louvou aos funcionarios da Xunta, e explicou que os traballadores do edificio administrativo de San Caetano pagan o seu autobús ou o tren e se algún ten que quedar pola tarde por algún motivo, non colle un coche da Xunta e marcha con él para a súa casa.
Debe ser cortada de raíz
Lage Tuñas considera que “primeiro queremos saber quen é o responsable político deste uso indebido dos fondos públicos de tódolos galegos e galegas e ao renglón seguido corresponde poñerlle coto a este derroche”.
Por ultimo emprazou ao Goberno de Feijoo a erradicar esta situación de inmediato. E resumiu “esta práctica debe ser cortada de raíz xa que aí si se está facendo uso indebido de fondos públicos, favorecendo a uns poucos privilexiados”, concluíu.
O Bng tamén fai unha denuncia similar:
Piden investigar o uso do vehículo oficial da Consellería do Mar en Ribeira
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario