8.3.11

Ribeira: o alcaldable polo PP promete un Consello Económico e Social para que os veciños participen na vida do municipio

Taller_de_ideas_do_pasado_venr

O candidato á Alcaldía incorporará  ao seu proxecto as suxestións recollidas no Taller de Ideas celebrado o pasado venres, no que máis de 120 persoas achegaron preto de 200 propostas

Ribeira, 8 de marzo de 2011.- Como parte do seu compromiso de abrir a xestión municipal á cidadanía, o candidato do PP á Alcaldía, Manuel Ruíz Rivas, creará o Consello Económico e Social de Ribeira como órgano para canalizar a participación dos cidadáns na vida política, social, económica e cultural do concello. Así, o Consello se configurará como foro permanente de diálogo entre os axentes económicos e sociais e o Concello para o deseño das políticas e estratexias relativas aos asuntos de maior transcendencia para o municipio.

Esta decisión se enmarca na aposta firme de Ruíz Rivas de posibilitar unha participación activa dos veciños na toma de decisións que afectan á vida do seu concello. Unha aposta da que o Taller de Ideas celebrado o pasado venres foi un claro exemplo.  

O candidato á Alcaldía incorporará ao seu proxecto as suxestións recollidas no Taller de Ideas, no que máis de 120 persoas achegaron preto de 200 propostas. Ruíz Rivas agradece a participación dos cidadáns, que considera unha mostra de que “hai vontade de implicarse na vida do concello e esa vontade haina que aproveitar”. As achegas recollidas pódense consultar na páxina web do candidato, www.manoloruiz.org.

BIBLIOTECAS, SEMÁFOROS E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

Entre as propostas achegadas no Taller de Ideas, salientan as relativas á xuventude, como a recuperación de Ribeira como zona de ocio para os mozos ou a posta a disposición das instalacións escolares para cursos e xornadas formativas. Igualmente, recolléronse peticións para ampliar os servizos e horarios das bibliotecas e para ampliar os ciclos formativos.

En materia de tráfico, a meirande parte das suxestións céntranse na necesidade de regular por semáforos determinadas zonas e na apertura de algúns viais. Igualmente, propúxose a habilitación dun carril-bici e a construción dun párking subterráneo na Avenida do Malecón. Varias das suxestións piden, doutra banda, unha maior presencia policial.

Os participantes tamén achegaron propostas sobre novas instalacións deportivas, novos parques nas parroquias e a construción dun novo Auditorio. Así mesmo, hai propostas sobre a dotación de solo industrial.

Media_httpfarm4static_gpipu

A mellora da carteira de servizos do hospital comarcal tamén estivo presente en moitas das suxestións feitas.

Para Ruíz Rivas, o resultado do Taller é “altamente satisfactorio” e confirma que “son os ribeirenses os que máis coñecen a realidade do seu municipio e, polo tanto, os que mellor poden colaborar a construír o proxecto que queremos para Ribeira”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical