8.3.11

Ribeira: o Psoe local celebrou o Día da Muller Traballadora cun acto na Praza 8 de Marzo

Ribeira, 8 de marzo de 2011. O Psoe de Ribeira conmemorou esta mañá o Día da Muller Traballadora cun acto na Praza 8 de Marzo na que, segundo explican os socialistas, "garántense medidas municipais que fomenten a igualdade de xénero se os cidadáns nos dan a súa confianza". 

A segunda de a bordo na candidatura que lidera Andrés Fariña, Encarna Romero, leu un manifesto titulado "As mulleres, forza esencial para saír da crise". Os socialistas de Ribeira consideran necesario “que se elaboren e implanten medidas municipais que garantan a igualdade no acceso ao mercado laboral e nas retribucións salariais das mulleres, a través dos propios procedementos de contratación municipal”.

Romero demandou tamén medidas para a conciliación da vida profesional e persoal de mulleres e homes e "para a loita contra a feminización da pobreza, pois  as mulleres, representan para nós a forza vital e imprescindible para que o noso país, e o noso propio Concello, recuperen o seu benestar económico, político e social”.

Na lista do PSdeG de Ribeira para as eleccións de maio hai dez mulleres,, "o que demostra o compromiso da candidatura de loitar pola igualdade no municipio".

Precampaña

A lista socialista encabezada por Andrés Fariña vai ser presentada este venres 11 de marzo. Segundo adiantou o candidato, "basearase a nosa proposta de cidade en piares básicos como a ordenación urbanística, o desenvolvemento económico e as políticas sociais".

En vindeiras semanas, Fariña, Romero, Francisco Mareque, José Manuel Vilas, Dolores Fernández e resto de integrantes da candidatura iranse reunindo con colectivos sociais e culturais de Ribeira para explicar o seu proxecto e recoller inquedanzas da veciñanza.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical