18.3.11

Ribeira: piden investigar o uso irregular de vehículos oficiais da Consellería do Mar

18-03-11(COCHES OFICIAIS).doc Download this file

En concreto, ao xefe da Unidade Operativa do Servizo de Gardacostas. O secretario xeral da Consellería asegura descoñecer o caso mais comprométese a informarse sobre o mesmo e actuar en consecuencia

Media_httpfarm5static_dqdml

Ribeira, 18 de marzo de 2011.- O deputado do BNG Bieito Lobeira emprazou hoxe á Consellería do Mar a que abra unha investigación sobre o uso anómalo e discrecional dos coches oficiais que está realizando o xefe da Unidade Operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia en Ribeira.

Bieito Lobeira, durante o debate na Comisión de Pesca dunha pregunta sobre este asunto, asegurou ter coñecemento deste caso concreto dende alomenos hai un ano e anunciou que lle trasladará ao secretario xeral algún outro para que tamén sexa investigado “e se remate dunha vez por todas con esta situación”.

“Cómpre, engadiu, que non existan privilexios nin se faga un uso irregular dos vehículos da Xunta” e lembrou que estes usos están protocolarizados pola Consellería de Presidencia.

Segundo Lobeira, trátase do xefe da Unidade Operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia en Ribeira, que está irregularmente no posto dende o comezo da lexislatura en comisión de servizos e que emprega o vehículo para trasladarse dende o seu domicilio, en Baiona, até o seu posto así como para trasladarse a cursos e outras actividades que non están recollidas no protocolo. 

Para o parlamentario, "os feitos denunciados están a provocar conflicto entre o cadro de persoal do servizo de gardacostas e fixo que algunhas asociacións sindicais, como a CIG teñan manifestado formalmente a súa preocupación pola situación sen ter obtido resposta".

Pola súa parte, o secretario xeral da Consellaría afirmou descoñecer estes feitos mais comprometeuse a abrir a pertinente investigación e depurar responsabilidades en caso de confirmarse.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical