A nadadora María Vilas, premiada na Gala do ano pasadoRibeira, 21 de marzo de 2011. As bases da Gala do Deporte de Ribeira 2011, que será no mes de abril (data aínda por confirmar) xa foron publicadas. Publicámolas íntegras:
1.- Valoraranse os resultados e méritos deportivos obtidos durante o período comprendido entre o 1 de Xaneiro de 2010 e o 31 de Decembro do mesmo ano.
2. Os premios e recoñecementos que se outorguen axustáranse os seguintes apartados:
A) Recoñecemento a deportistas de categoría absoluta polo nivel acadado na súa disciplina, tanto na modalidade masculina como na feminina.
B) Recoñecemento a deportistas de categoría sub-18 polo nivel acadado na súa disciplina, tanto na modalidade masculina como na feminina.
C) Recoñecemento aos equipos masculinos e femininos de calquera categoría, que tivesen actuacións sobresaíntes ou lograsen postos destacados.
D) Mellor deportista masculino e feminino do ano 2010
E) Mellor Club local do ano 2010.
Para poder optar aos premios dos apartados A,B,D, deberase ser un deportista nado en Riveira, ou con residencia legal no Concello con data anterior ao 1 de xaneiro de 2008.
3. O xurado estará composto polo Concelleiro Delegado de Deportes, e catro vocais máis elixidos por este , entre deportistas, técnicos e demais persoas vinculadas ao deporte local.
4. Os Clubs, calquera cidadán, institución, ou asociación, poderán propoñer a unha ou varias persoas para que sexa recoñecida a súa labor, sexa pola súa traxectoria deportiva, directiva, ou polo seu apoio ao deporte en xeral dende calquera ámbito de actuación.
5. Calquera persoa ou entidade poderá propoñer candidatos a estes premios ata o mércores 06 de abril de 2011, mediante presentación de instancia no rexistro xeral do Concello, dirixida o Sr. Alcalde do Concello de Ribeira.
6. – A Gala do deporte celebrarase no Auditorio Municipal de Ribeira no mes de abril en data a concretar.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario