31.8.12

Ribeira: festival e entrega de diplomas para rematar o Verán Cultural

Ribeira.- 31 de agosto de 2012.- Hoxe co motivo do fin dos obradoiros do programa Verán Cultural celebrouse un gran festival e a entrega de diplomas aos participantes dos cursos.

 

Durante o festival, no que a temática era o verán, os rapaces bailaron unha canción que eles mesmos escolleron, xa fose porque a sabían ou porque lles gustaba e foron vestidos de acordo coa letra, con traxes realizados nas aulas e deseñados polos 20 monitores que estiveron con eles ao longo de este verán.

 

As cancións escollidas foron:

 

1º. Campamento de Inglés: "Baby" de Justin Bieber

2º Aguiño: Quiero bailar

3º Xoga con nós: 7 anos: "Che chevereche"

4º Xoga con nós: 6 anos: "Hasta que salga el sol"

5º Xoga con nós: 5 anos: "Papano americano"

6º Xoga con nós: 4 anos: "Quiero rayos de sol"

7º Xoga con nós: 2 e 3 anos: "Ey chipirón"

 

Ademais, os participantes do obradoiro de banda deseñada fixeron unha exposición na planta baixa do auditorio dos seus debuxos e caricaturas, así como un mural sobre Ribeira.

 

Entrega de diplomas

Ao final do festival realizouse a entrega de diplomas, por parte da 1ª tenente de alcalde, Lola Elorduy, e a edil de Cultura, Elvira Pisos, dos cursos Xoga con Nós do CEIP Frións, aos do Verán Rechinan do CEIP Aguiño, aos participantes do Camp of Cultural Summer e aos nenos e nenos do obradoiro de Debuxo, banda deseñada e caricatura do CEIP O Grupo.





Onte, en Certo:


Convenios: asinados os dos clubs deportivos


Verán cultural: aló foi, coa entrega de diplomas

Pode que tamén lle interese:


Memoria histórica: o luns 10 de setembro, asemblea da Comisión da Barbanza


Viaxe de maiores: á Costa da Morte. A seguinte, a Portugal


Consumo: Ribeira acollerá en setembro Galicia Calidade móbil



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical