7.9.12

A Pobra do Caramiñal: tras anos de verteduras e desleixo, á Xunta acórdalle limpar os ríos do municipio

  • As actuacións céntranse no desbroce de herbáceas e retirada de árbores caídas para facilitar o discorrer das augas e comezarán o vindeiro luns
  • Medio Ambiente tamén está a estudar a adecuación doutros ríos como o Lérez, na súa desembocadura na aldea da Raña, e o Pedras
Media_httpfarm7static_htnib

Estado do río Morto en maio deste mesmo ano

A Pobra do Caramiñal, 7 de setembro de 2012.- Nada como convocar unhas eleccións para que diferentes administracións comecen a facer algo por cuestións que veciños e oposición levan anos pedindo. Desta volta tocoulle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, que vai executar varias limpezas nos ríos do Concello da Pobra do Caramiñal tras a solicitude deste municipio, ao que lle veñen botando en cara o seu desleixo nesta cuestión lexislatura tras lexislatura. Trátase de tarefas de conservación nos ríos Morto, Lérez e Pedras.

Estes proxectos de limpeza céntranse en traballos de retirada de escombros, eliminación de árbores caídas e adecuación das marxes co fin de facilitar o discorrer das augas polo leito dos ríos. Con este tipo de actuacións preténdese o mantemento dos ríos e os seus entornos.

O primeiro dos ríos nos que se levarán a cabo melloras de conservación será o Morto, espazo no que se iniciarán os traballos o vindeiro luns, 10 de setembro. O proxecto céntrase en tres zonas: un primeiro punto no que existe unha taxea de sección reducida, un tramo intermedio no que o río está canalizado por un canal trapezoidal de escollera, así como un terceiro treito próximo a un colexio, na desembocadura.

As actuacións consistirán na limpeza de vexetación arbustiva, desbroce de herbáceas e retirada de madeira caída ao cauce. Estímase unha duración dos traballos de 2 semanas, cun importe de máis de 7.700 euros.

Lérez
A Xunta de Galicia tamén está a estudar un treito da desembocadura do río Lérez na aldea da Raña. Dende o punto de vista de mantemento e conservación do Dominio Público Hidráulico (DPH) estudarase o desbroce da masa de silvas existente na marxe esquerda, a efectos de mellorar a accesibilidade na zona de servidume.

Media_httpfarm4static_cfows

Pedras
A Consellería de Medio Ambiente, na visita realizada a este río, comproba a existencia dunha canle de derivación cara a marxe dereita do río. Aprécianse indicios de actividade fluvial recente, como depósitos de areas soltas. Neste caso, Augas de Galicia estudará unha posible recuperación das condicións naturais do leito para mitigar os efectos de eventuais enchentes en propiedades colindantes ao río.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical