14.9.12

Boiro: a Escola de Música abre prazo de matrícula o luns 17 de setembro

  • As clases comezan o 1 de outubro
  • Consolidan o coro de nenos e teñen novo profesor de guitarra

Media_httpfarm8static_aezge

Boiro, 14 de setembro de 2012. A Escola de Música de Boiro informa hoxe que o vindeiro luns 17 de setembro comeza o prazo de matrícula para o curso 2012 – 2013. Os trámites terán que realizarse na secretaría do centro en horario de mañá de 11:00 a 13:30 luns, mércores e venres a partires do 1 de outubro tamén se pode realizar os martes e xoves de 20:00 a 21:00 horas. Poderá realizarse este trámite obrigatorio para todo o alumnado ata o 11 de outubro.

O curso dará comezo o vindeiro 28 de setembro coa presentación que terá lugar no espazo Leña Verde (Centro Social) ás 20:00 horas e contará ca presenza da Concelleira de Cultura dona Helena Teixeira. As clases impartiranse dende o luns 1 de outubro.

Novidades e expansión

Neste curso a Escola de Música de Boiro trae novidades que veñen a demostrar a clara expansión que esta entidade está a experimentar aínda nunha etapa de crise económica. Consolida o “coro de nenos” que xa participou en algunha actividade no pasado curso, dotándoa así dunha nova especialidade que sen dubidalo virá enriquecer a vida cultural de Boiro e Barbanza. Neste curso tamén contan cun novo profesor de guitarra, Ramón Raíndo, que cubrirá a demanda de máis de 40 alumnos e alumnas que este ano fixeron a preinscrición.

Lembra tamén que dende o 3 de setembro están expostos no taboleiro da Escola as listaxes de admitidos e admitidas, a partires do 17 estarano tamén os horarios das aulas grupais.

Pode que tamén lle interese:


 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical