14.9.12

Noia: bases da XIII Mostra de Curtas "Vila de Noia", que terá lugar entre o 28 de novembro e o 2 de decembro

  • O prazo para enviar curtametraxes abre o venres 9 de novembro
  • 3.000 euros para a mellor curta, con trofeo conmemorativo
  • Tamén se premia a mellor dirección, guión, actor e actriz e hai premios especiais (de 1.000 euros á mellor curta de animación), co que o adicado a premios chega case aos 7.000 euros

Media_httpfarm5static_vewre

A curiosa presentación da anterior Mostra foi protagonizada por Serafín Marcos e Miguel Ponte, en 2010


Noia, 14 de setembro de 2012. O concelleiro de Cultura noiés, Javier Rodríguez Vieites, informou hoxe das bases para participar na XIII Mostra de Curtas VILA DE NOIA. A Mostra de Curtas terá lugar entre o 28 de Novembro e o 2 de Decembro.

 

O prazo para presentar os traballos está aberto ata as 14:00 do 9 de Novembro. Os traballos poderán presentarse en DVD e en formato 35 mm.

 

Os premios serán os seguintes:

 

Producións en 35 mm:

Mellor curtametraxe: 3000 + Trofeo conmemorativo

Mellor dirección:         600 + Trofeo conmemorativo

Mellor guión:               300 + Trofeo conmemorativo

Mellor actor:                300 + Trofeo conmemorativo

Mellor actriz:               300 + Trofeo conmemorativo

 

Produción en vídeo:

Mellor curtametraxe en vídeo: 500 + Trofeo conmemorativo

 

Premios especiais:

Mellor curta de animación (35 mm o vídeo):  1000 + Trofeo conmemorativo

Premio especial del público (35 mm o vídeo): 300 + Trofeo conmemorativo

Premio a mellor curta comarcal:                      300 + Trofeo conmemorativo

 

Os traballos hai que envialos á dirección:

 

MOSTRA DE CURTAS VILA DE NOIA

ROSALÍA DE CASTRO Nº2

15.200 NOIA A CORUÑA

 

Media_httpfarm2static_raneg

Cartel da última edición

 

Importancia de retomar unha mostra que parou en 2010

 

O concelleiro de Cultura manifestou que "é moi importante retomar a Mostra. Por mor das obras previstas no Teatro Coliseo Noela non puido celebrarse a edición do 2011, e ante o atraso na contratación das tan agardadas obras, desde o Concello de Noia optouse por organizar a mostra aínda que non se dispoña do Teatro, xa que a falla de continuidade pode repercutir no futuro da mellor mostra de Curtas de Galicia".

 

O Concello asume todo o custe ante a falta de axudas doutras entidades

 

Javier Rodríguez Vieites destaca "a falla de axudas doutras administracións, pero iso non vai impedir que o Concello asuma todo o peso da organización da XIII edición da Mostra de Curtas Vila de Noia".

 

Rodríguez Vieites anima aos creadores comarcais do audiovisual a presentar os seus traballos: "tan importante como a proxección de grandes curtas é incentivar a creatividade,  facer da Mostra a plataforma onde os nosos artistas poidan expor as súas curtametraxes". O responsable de Cultura e Festexos opina que a Mostra de Curtas Vila de Noia "consegue ser un acto cultural referente en Galicia, unha plataforma para a enorme creatividade dos noieses e tamén para promocionar a nosa Vila".

 

O público asistente poderá participar cos seus votos como xurado para o "premio especial do público".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical