- Así o anunciou a concelleira de Comercio, Industria e Turismo, Mónica González Eiras
- As obras comezarán xa este mes e rematarán antes de fin de ano
Capela de San Antón, na parroquia de Santa Cristina de Barro, restaurada en 2010
Noia, 12 de setembro de 2012. O programa “Noia, un compromiso coa sostibilidade” ten un investimento de 39.676,32 euros dos que o 80%, 31.741,06 euros, son aportados pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, a través do Fondo de Compensación Ambiental.
A actuación contempla a substitución de luminarias tradicionais por luminarias tipo LED, na estrada municipal de Barro ata Punta Abruiñeiras.
A concelleira Mónica González considera que na zona de actuación poderase reducir o consumo eléctrico ata un 60%. "Nestes momentos o gran consumo eléctrico así como o incremento das tarifas eléctricas está supoñendo un dos principais custes das administracións locais", asegurou.
Charlas informativas en centros educativos sobre consumo eléctrico sostible
As obras comezarán antes de final de mes e estarán rematadas en dous meses. A actuación compleméntase con charlas formativas sobre aforro enerxético en centros educativos, para concienciar sobre a necesidade dun consumo eléctrico sostible.
González Eiras argumentou que o concello irá "na medida das súas posibilidades económicas substituíndo luminarias para ir introducindo a tecnoloxía LED. Ademais, no novo alumeado que se instale xa se implantarán sempre luminarias de baixo consumo", finalizou.
Esta actuación vén completar outras xa feitas na zona de Labarta, Bergondo e San Lázaro.
Pode que tamén lle interese:
Esta terra ten nai,afirmou a tía de Tonhito de Poi radiofusion.eu/manager.php?p=… YA SE EMPIEZAN A CONFIRMAR CARACTERÍSTICAS DEL IPHONE 5: TENDRÁ 15 MINUTOS DE BATERÍA Y NO SERÁ COMPATIBLE CON POBRES. Rianxo: en marcha a campaña "Móllate polo galego", para darlle "Vitaminas ao galego" post.ly/9Gf7k
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario