Xaquín Fernández Leiceaga, na foto oficial do flickr do PSdeG-PSOE
- Sorpresa coa segunda máis votada, unha militante de base chamada María Teresa Gundín, que quedou a só dous votos de "Xocas", quen levou 30. O terceiro foi o ex-concelleiro noiés de Facenda, Lino García, con 26 votos.
- Xosé Manuel Lage Tuñas, un dos parlamentarios máis activos, quedou relegado a un quinto posto ao obter tan só 23 votos, os mesmos que levou Rosana Mariño, ex concelleira de Tráfico
- Votaron 45 militantes, nun proceso de listas abertas, polo que podían emitir o voto por varios á vez.
- Este tipo de votacións en cada asemblea local do Psoe de Galicia non son vinculantes pero van amosando as preferencias dos militantes para escoller os diversos postos de saída nas listas -que non son abertas- electorais para as votacións autonómicas
- Tanto o parlamentario Xaquín Fernández Leiceaga como José Manuel Lage Tuñas son parte do sector crítico co actual líder do PSdeG, Pachi Vázquez, polo que non se agarda que ningún deles vaia nas listas electorais en postos de saída
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario