- Dende o tres de outubro, anunciou hoxe o Concello, no que chaman "programa de conciliación familiar e laboral", cos mesmos cursos, horarios, grupos, proxecto educativo e persoal que a gardería
Imaxe de arquivo da gardería de Ribeira
Ribeira, 20 de setembro de 2012.- O Concello informa da próxima posta en servizo dun “Programa para a conciliación da vida familiar e laboral” que estará en funcionamento mentres as obras da Escola Infantil Municipal non permitan a súa reapertura.
Aínda que o Concello tiña a intención inicial de compatibilizar o desenvolvemento das obras coa posta en marcha da Escola Infantil, os técnicos educativos e pedagóxicos municipais aconsellaron buscar outro emprazamento para garantir a seguridade e benestar dos rapaces. Por esta razón, dende o Concello se estiveron a estudar diversas alternativas, decantándose polo local do Conservatorio de Aguiño por cumprir este cos requisitos idóneos para atender as necesidades do programa.
O espazo estará debidamente acondicionado e manteranse os cursos, horarios, grupos, proxecto educativo, educadoras e demais persoal e servizos propios da gardería.
O programa de conciliación entrará en funcionamento o 3 de outubro: día no que se manterá unha reunión informativa cos pais e nais dos cativos que asistan ao mesmo.
Cómpre dicir que a empresa Calena Barbanza será a encargada de coordinar o programa. En canto á xestión da Escola Infantil, actualmente en licitación, a idea do Concello é que a empresa que resulte adxudicataria entre en servizo coincidindo coa apertura da nova gardería: un feito programado para o cambio de ano.
Por último, cabe explicar que as actividades que tradicionalmente acolle o Conservatorio da parroquia de Aguiño están sendo trasladadas a outros espazos a para o seu desenvolvemento.
José Mariscal era 2º entrenador do Atlético Riveira e mantivo a web do Concello anos. O noso pésame á familia. D.E.P flic.kr/p/7g8hnR
— Certo (@Certo) September 20, 2012
Ribeira: o presidente da peña Amancio, José Mariscal, será soterrado este venres 21 ás 18 en San Paio de Carreira. D.E.P. Tiña só 33 anos.
— Certo (@Certo) September 20, 2012
Camino a Riveira, una mágica frontera. reverbnation.com/riveira Música folk desde Chile. Tamén eles se trabucaron co v. O non saber latín!
— Certo (@Certo) September 20, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario