- Investimento de case cen mil euros para poñer pluviais, pavimentar e iluminar este vial
Ribeira.- 20 de setembro de 2012.- O Concello informa da conclusión das obras de instalación dunha rede de pluviais, iluminación e pavimentación no camiño que une os lugares de Outeiro e Carreiriña, ambos situados na parroquia de Carreira. A actuación tivo un orzamento de 95.299 euros e estivo sendo realizada pola empresa Nemesio Ordóñez, S.A.
A decisión do Concello de actuar na zona en cuestión debeuse a que a mesma presentaba un estado deficiente, ao atoparse cuberta de vexetación e anegada por non dispoñer de recollida de augas superficiais. Tampouco contaba cun firme apropiado para o tránsito de vehículos e peóns.
Así e logo, as accións desenvolvidas incluíron en primeiro lugar a roza e limpeza da vía, retirando toda a vexetación existente da superficie e demolendo unha pequena soleira, feita de formigón, que se encontraba á entrada dunha das fincas lindantes.
Pluviais
Posteriormente, realizouse a instalación duns canais para o drenaxe de augas pluviais e a construción de sumidoiros. A este respecto, dispúxose un colector de PVC corrugado de 500 milímetros de diámetro polo centro do vial e instaláronse arquetas sumidoiro no centro da rúa cada 25 metros. Nos lugares onde o camiño se cruza con outras rúas dispuxéronse pozos de rexistro, ao igual que nos cambios de alineación.
En terceiro lugar, colocáronse puntos de luz de 6 metros de altura con brazo de 1,50 metros de lonxitude e luminaria de 150 watios. E por último, respecto á pavimentación, estendeuse unha capa de formigón de 20 centímetros de espesor sobre unha base de zahorra artificial.
A actuación adscribiuse ao Plan de Obras e Servizos (POS complementario 2011) da Deputación Provincial.
Ribeira: coidarán aos nenos no conservatorio de Aguiño namentres fan as obras de ampliación da escola infantil post.ly/9NFaG
— Certo (@Certo) September 20, 2012
Ribeira: o presidente da peña Amancio, José Mariscal, será soterrado este venres 21 ás 18 en San Paio de Carreira. D.E.P. Tiña só 33 anos.
— Certo (@Certo) September 20, 2012
Contaminará la campaña gallega las elecciones catalanas? Feijoo dice q tres o cuatro partidos gallegos llevan el soberanismo en su programa
— Jose Precedo (@joseprecedo) September 20, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario