4.9.12

Ribeira: este sábado, 8 de setembro, festival "Salsa na Rúa"

  • Talleres e exhibicións de baile sucederanse ao longo do día 


Ribeira, 4 de setembro de 2012.- Este sábado os ribeirenses e visitantes vibrarán coa programación da terceira edición do Festival Salsa na Rúa: unha actividade adscrita á programación da Fiestra da Cultura que está organizada polo Concello en colaboración coa Asociación Haveira e a Escola de Baile El Tomasón, e o apoio de diversas entidades comerciais e hostaleiras do municipio. 

Para falar dos pormenores da iniciativa déronse cita no Auditorio Municipal a concelleira de Cultura, Elvira Pisos; o presidente da Asociación Haveira e director de El Tomasón, Orlando González;  ademais de dous dos bailaríns profesionais que tomarán parte activa no evento, Luisinho Astral e Elena Zouc. 

O festival dará  comezo ás 12 do mediodía nas aulas da Escola de Baile El Tomasón para albergar, ata as 13 horas, un taller de folclor cubano e roda de casino cubano e, de 13 a 14 horas, outro obradoiro de zouk e lambazouk. 

Xa ás 19.30 horas, a danza chegará ás rúas a través dunha exhibición de danza moderna na praza de Vigo. Esta actividade prolongarase ata as 20.30 horas e constará de exhibicións de hip hop, salsa, bachata, batuka ou samba de gafieira, entre outros estilos. 

Xa ás 20.30 horas, darase cabida a unha gala de clausura diante do palco de pedra do Malecón cunha exhibición de baile. 

No transcurso do festival comparecerán bailaríns de países como Brasil, Cuba, Portugal, República Dominicana e España. 

Tanto Elvira Pisos como Orlando González e os dous artistas convidados á presentación quixeron animar á veciñanza á que non deixe de presenciar os espectáculos que se teñen organizado.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical