- Tería tres especialidades (albanelería, carpintería e cultura) e entre as súas actuacións estaría a construción dun salón social multiusos en Carreira
- Formaríanse 45 veciños en risco de exclusión
Cada obradoiro de emprego de Ribeira leva un nome de illa ou illote. Na imaxe, praia da illa de Viontas
Ribeira, 4 de setembro de 2012.- O Concello vén de solicitar á Xunta de Galicia un novo obradoiro de emprego destinado á formación de persoas maiores de 25 anos en situación de desemprego e con problemas de inserción laboral. Nesta ocasión, a escola chamaríase “Vionta”, dando continuidade así á práctica municipal de empregar topónimos mariños na denominación da iniciativa, tras a posta en marcha en anos pasados dos obradoiros “Illa de Sagres”, “Illote Noro”, “Illote Noro II” e “Airoas”.
O obradoiro contaría con 45 alumnos-traballadores repartidos en tres especialidades: fábricas de albanelería (20 alumnos), traballos de carpintería e moble (15 alumnos) e dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais (10 alumnos).
Persoal
Así mesmo, compoñeríase dun equipo directivo, docente e de apoio formado por un director, tres mestres (un por especialidade), un auxiliar administrativo, un titor, un mestre de educación básica, un mestre de xestión empresarial e un ordenanza condutor.
Entre as actuacións que estaría previsto desenvolver ao longo do curso destaca a construción dun Salón Social e Multiusos na parroquia de Carreira. Outros traballos dos que tamén se beneficiaría a sociedade riveirense son a realización de equipamentos en madeira para espazos públicos, de mobiliario de madeira para departamentos municipais e a posta en práctica dun programa de dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais con carácter interparroquial e interxeneracional.
Ribeira: este sábado, 8 de setembro, festival "Salsa na Rúa" post.ly/99z21 Eurovegas a Alcorcón !!!Pues claro...SIN DUDA:VICIOPUTASDROGASa PORRÓN! Obxecto Voador Identificado en Carreira (Ribeira) blogueiros.axena.org/2012/09/04/obj… vía Queremos que Gayoso presente o debate das Eleccións
#España y su centro MAYOR D VICIOS D EUROPA#Rouco,confesión!@axena Que bonito é Barbanza, meus!
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario