11.9.12

Ribeira: novo servizo de información, orientación e busca de emprego na Casa da Xuventude

Media_httpfarm8static_bhxnc

Pista multideporte da Casa da Xuventude de Ribeira

Ribeira, 11 de setembro de 2012.- O Concello conta desde o pasado día 3 de setembro de 2012 cun novo Servizo de Información, Orientación e Busca de Emprego, cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo. Deste xeito, o Concello pasa a ser entidade colaboradora do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) na área de información, orientación e busca de emprego.

A oficina atópase situada na pranta baixa da Casa da Xuventude e consta dunha orientadora laboral chamada Carolina Pamín Pérez que é licenciada en Pedagoxía. Son destinatarios deste servizo as persoas inscritas como demandantes de emprego no SPEG, que son derivadas dende a Consellería.

Entre as funcións da oficina, figuran o asesoramento na busca activa de emprego, así como sobre formación, seguimento de itinerarios personalizados de inserción (IPIs), organización de cursos relacionados coa busca activa de emprego (busca de emprego por Internet, elaboración do currículo, carta de presentación,...), desenvolvemento de habilidades sociais, etc.

Onte, en Certo:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical