- Dereito sucesorio galego, violencia de xénero e axilización procesal, asuntos a debater
Auditorio de Ribeira
Ribeira, 12 de setembro de 2012.- Por segundo ano, o Colexio Provincial de Avogados da Coruña celebrará unha xornada de conferencias xurídicas neste concello. Estas ponencias terán lugar no Auditorio Municipal o vindeiro día 21 de setembro, a partir das 11 horas.
A xornada comezará coa participación do presidente da Audiencia Provincial da Coruña, José Luis Seoane Spiegelberg, que ofrecerá unha ponencia dedicada ao Dereito Sucesorio Galego, despois da cal terá lugar un coloquio.
Ás 12.30 horas intervirá o presidente da sección 1ª da Audiencia Provincial da Coruña, Ángel Judel Prieto, cunha nova charla sobre Violencia de Xénero, seguida de coloquio.
Por último, xa ás 17 horas tomará a palabra Ángel Pantín Reigada, presidente da sección 6ª da Audiencia Provincial de A Coruña – Santiago, quen pronunciará a conferencia Medidas de Axilización Procesal antes de rematar o día co último dos coloquios organizados.
Como se pode observar, este programa está en castelán. O idioma galego ten unha eiva importantísima neste aspecto da súa vida cotiá, como denuncia constantemente o ribeirense Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística
Pode que tamén lle interese:
- Ribeira: melloras no mercado provisional
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario