13.9.12

Sociedade: "Stop Desahucios Barbanza" reuniuse cos alcaldes de Rianxo e Noia, que apoian a súa causa

  • Levan recollidas máis de dúas mil sinaturas para propoñer a dación en pago, alugueiro social e parálise dos desafiuzamentos no Congreso dos Deputados en Madrid

Media_httpfarm5static_ismxf

Concello de Noia
Media_httpfarm3static_dfdek

Concello de Rianxo

Barbanza, 13 de setembro de 2012. Onte, diversos integrantes da Plataforma "Stop Desahucios" do Barbanza, acudiron aos municipios de Noia e Rianxo para recoller as últimas sinaturas para a presentación da Iniciativa Lexislativa Popular no Congreso dos Deputados para unha proposición de lei de regulación da dación en pago, a parálise dos desafiuzamentos e de acadar un aluguer social. Nun mes recolleron máis de 2.000 firmas.

Apoio dos Concellos de Noia e Rianxo

Os membros da citada Plataforma aproveitaron a ocasión para entrevistarse co alcalde de Noia e o primeiro tenente de alcalde, Rafael Guerrero e Bieito González Domínguez, respectivamente, así como co alcalde e primeiro tenente alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños Sánchez e Carlos Gey Dominguez, respectivamente. En ambos encontros -os dous concellos están gobernados por Psoe, Bng e independentes- quedou de manifesto a implicación de ambos municipios coa necesidade de articular medidas legais para impedir que calquera familia se quede na rúa por problemas económicos coa súa hipoteca, na súa vivenda habitual. Os departamentos de Servizos Sociais de ambos municipios teñen constancia de varias familias que están pasando por momentos difíciles e poderían entrar en execucións hipotecarias nos próximos meses.  



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical