Unha das imaxes do novo web "Construye tu mundo"
Noia, 2 de outubro de 2012. A Concelleira de Benestar e Igualdade, a nacionalista Sofía Caamaño Lado, informa hoxe da participación do Concello de Noia no programa "Constrúe o teu mundo" en colaboración coa "Fundación de ayuda contra la Drogadicción", que este ano se lles vai ofertar aos centros educativos para traballar temas referentes á información sobre os riscos de consumir drogas e en contribuír a desenvolver en nenos, nenas e tamén destinado a construír nos adolescentes unha personalidade autónoma, crítica e reflexiva.
A Fundación de Axuda contra a Drogadicción presenta esta nova web www.construyetumundo.org, unha plataforma universal, integral e de acceso gratuíto que pon ao alcance da comunidade educativa o programa "Constrúe o teu mundo", cuxo obxectivo é a prevención do consumo de drogas e as condutas de risco no ámbito escolar.
O programa "Constrúe o teu mundo", dirixido ao profesorado de Infantil, Primaria e Secundaria, pretende contribuír a desenvolver en nenos, nenas e adolescentes unha personalidade autónoma, crítica e reflexiva, sobre a base da dilatada experiencia que no deseño e implementación de programas posúe a FAD.
"Constrúe o teu mundo" ofrece ferramentas para modificar, na dirección axeitada, as principais variables relacionadas cos problemas derivados dos consumos de drogas e outras condutas de risco, permitindo non só reducir a influencia dos factores de risco e aumentar a presenza dos factores de protección, senón tamén orientar nenos, nenas e adolescentes cara a un estilo de vida máis saudable e máis afastado dos riscos.
Toda a información e materiais do programa “Constrúe o teu mundo” en
Noia: este venres, 5 de outubro, concerto dos búlgaros Mandolin Quartet Seasons post.ly/9U8wW E o xoves 4 comeza o curso de Teatro!
— Certo (@Certo) October 1, 2012
Noia: martes de Entroido e Día do Carme, festivos locais. (12 febreiro e 16 xullo). O San Bartolomeu é o 24 de agosto, sábado.
— Certo (@Certo) October 1, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario