- O Concello tamén informa da apertura do prazo de inscrición na escola de danza, ata este venres 5
Ribeira, 1 de outubro de 2012.- O Concello informa de que, no marco da súa estratexia de promover a práctica deportiva entre todas as franxas de idade, no día de hoxe comezaron os traballos de instalación dunha nova pista multideporte na céntrica praza do Centenario, sita na cidade de Santa Uxía.
De dimensións reducidas (10x7 metros), o recinto está ideado para que nenos e nenas con idades aproximadas de 4 a 10 anos teñan un espazo pechado no que practicar actividades predeportivas.
Canastras e porterías
A tal efecto, a estrutura da propia pista –mestura de metal con listóns de madeira- levará integradas porterías e canastras, o que propiciará a posibilidade de xogar ao fúbtol sala e ao minibásquet. O solo será de céspede artificial.
Deste xeito, o Executivo dota á cidade dun novo espazo deportivo despois de que tan só hai uns meses se crease no veciño barrio de Abesadas a pista “Irmáns Parada Alvite”. E por outra parte, amplíanse así os usos da praza do Centenario, unha das máis concorridas polos pequenos e de máis recente creación na cidade.
Escola de Danza: prazo ata venres 5
O Concello informa de que no día de hoxe, luns 1 de outubro, iníciase o prazo para anotarse na Escola Municipal de Danza, acción formativa dependente da Consellería de Cultura.
Todos os interesados en participar poden inscribirse no Auditorio Municipal, sito na praza dos Mariñeiros, s/n. Teléfono: 981 835 650. Email: culturaefestexos@riveira.com
O período de inscrición finaliza este venres día 5 de outubro.
Fantásticas as fotos do certame Móllate polo galego que artellou @certo en #Rianxo con @vitaminasaogalego: certo.posterous.com/rianxo-descalc… Ribeira: remataron as obras no camiño entre Ameixida e Touro post.ly/9U9ai Política: o número 1 por A Coruña do Psoe di que os orzamentos estatais discriminan a esta provincia post.ly/9U9SW Turismo: promocionan o turismo mariñeiro, xa o da lingua déixano para outro día, se tal... margalaica.net @carloscallon Nin inglés!
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario