Rianxo, 2 de outubro de 2012. Mañá, mércores 3 de outubro, está previsto o inicio en Rianxo do Curso Aproveitamento do monte: novas alternativas produtivas.
Está organizado pola FRUGA (Federación Rural Galega) e colabora o Concello de Rianxo. Todos/as aqueles/as interesados/as aínda se poden inscribir, para máis información no Auditorio de Rianxo ou no teléfono 981558172.
O curso constará de 8 xornadas formativas e unha saída didáctica, en horario de 19 a 22 horas (ver programa e cartaz adxuntos), a acción formativa realizarase no Auditorio rianxeiro.
Introducción e Programa:
Nos últimos tempos tense producido un importante fenómeno de despoboamento do rural, levando aparellado un grave abandono dos predios agrícolas e forestais. Isto provoca numerosos problemas no territorio e á xente que aínda fica no medio rural, sendo preciso artellar medidas que troquen esta situación.
En primeiro lugar, cómpre actuar sobre o territorio promovendo sistemas de xestión conxunta da propiedade que superen o problema do minifundio, que impide a xestión racional e sustentábel do monte, así como o establecemento de programas de combinación de aproveitamentos.
En segundo lugar, ofrecer alternativas viabeis que conduzan a obtención de rendementos económicos e sociais, fornecendo ás persoas dunha calidade de vida óptima.
Orientar as actividades produtivas cara aos produtos agroalimentarios de calidade diferenciada pode ser unha moi boa maneira de acadar o exposto con anterioridade. Increméntase o valor engadido e respóndese a unha demanda da sociedade, cada vez máis preocupada e concienciada en termos de seguridade alimentaria e calidade dos produtos que consume.
Non debe esquecerse, por último, as necesidades formativas expresadas polas persoas asociadas. Este punto resulta primordial no deseño do plan de formación.
- OBXECTIVOS.
- Dar a coñecer os diferentes sistemas de xestión conxunta da propiedade.
- Analizar as diferentes alternativas de produción do monte.
- Acadar unha formación axeitada en canto ao funcionamento dos distintos programas de calidade.
- Dotar ao alumnado dos coñecementos necesarios sobre os requisitos legais e técnicos a cumprir polos produtos de calidade.
- Aumento da competitividade dos produtos obtidos.
- Afondar no aproveitamento da biomasa forestal.
- PROGRAMA.
- Sistemas de xestión conxunta da propiedade (7 horas):
- Sociedades de fomento forestal (SOFOR).
- Cooperativas de xestión conxunta da terra.
- Outro tipo de sociedades.
- As tres funcións do monte: produtora, protectora e social (25 horas):
- A produción de madeira.
- Certificación forestal: FSC, PEFC.
- Quecemento global e efecto invernadoiro.
- Regulación do ciclo hidrolóxico.
- Conservación e rexeneración do solo.
- Mantemento da biodiversidade.
- Creación de emprego e fixación de poboación no rural.
- Actividades deportivas e de lecer.
- Actividades educativas.
- A paisaxe.
- O patrimonio.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario