2.10.12

Ribeira: sete obradoiros no programa de promoción social dos maiores

Media_httpfarm5static_ikzdd

Un dos obradoiros é de pandeireta

Ribeira, 2 de outubro de 2012- Sete serán os obradoiros que vai ofrecer o Concello dentro do seu Programa de Dinamización e Promoción Social dos Nosos Maiores. Trátase dnha iniciativa promovida dende a Concellería de Servizos Sociais co fin de facilitar que os veciños máis veteranos do municipio podan levar unha vida activa e enriquecedora ao tempo que deixar a impronta das súas experiencias entre as xeracións máis novas.

Obradoiros ofertados:

  1.     Estimulación cognitiva
  2.     Enriquecemento educativo. Imparten membros do Voluntariado Social Municipal.
  3.     Pandeireta
  4.     As nosas historias (Obradoiro de galego). Imparte o Departamento de   Normalización Lingüística.
  5.     Restauración do moble e manualidades
  6.     Inglés. Imparten membros do Voluntariado Social Municipal.
  7.     Bailes de salón


Ao igual que o ano pasado, neste novo curso preténdese desenvolver -sempre que haxa demanda- polo menos un obradoiro en cada unha das nove parroquias do municipio. O pasado ano o taller máis solicitado –o de Estimulación Cognitiva- celebrouse en Ribeira, Aguiño, Palmeira, Corrubedo, Artes e Castiñeiras, chegando a participar só nesta actividade máis de 200 persoas maiores.


Para máis información e inscricións, cómpre poñerse en contacto co Departamento de Servizos Sociais situado na praza 8 de marzo, s/n (edificio Miradoiro de Padín). Teléfono: 981 874 131 / e-mail: servizossociais@riveira.com.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical