3.3.11

Ribeira: o Concello abre contas nos principais servizos sociais de Internet para achegar información axiña á veciñanza

Dende hoxe xa é posible agregarse ás contas do Concello en facebook, tuenti, twitter, youtube e flickr. Tamén se habilita un programa chamado "Entérate!" de alertas por correo electrónico

Ribeira, 3 de marzo de 2011.- Co propósito de  chegar de maneira máis eficaz, cómoda e rápida á veciñanza de Ribeira, o Concello acaba de dar inicio no día de hoxe a un novo proxecto no que se fai uso das novas tecnoloxías e redes sociais para ofrecer información das actividades culturais, festivas e xuvenís organizadas por esta Administración. Trátase do programa ENTÉRATE!, que foi presentado hoxe polos concelleiros de Cultura e Festexos e de Xuventude e Turismo, Luciano Fernández e Vicente García. 

Un dos aspectos máis atractivos deste novo servizo reside na posibilidade, xa dende hoxe mesmo, de agregar como amigo ao Concello nas redes sociais  das redes sociais facebook, tuenti, twitter, ademais dos enlaces de servizos para publicación de fotos e vídeos youtube e flickr.  

Por outra parte, os interesados poderán ter a posibilidade de recibir no seu e-mail as novas do Concello en tempo real, simplemente inscribíndose nun apartado destinado ao efecto na páxina www.riveira.es (un banner de ENTÉRATE!). Para iso hai que rexistrarse no formulario poñendo o nome, email e localidade ou parroquia. Cada vez que haxa unha novidade os inscritos recibirán un correo coa información respectiva. 

Luciano Fernández informou de que o Concello vai enviar 10.000 cartas nas que se recolle toda a información necesaria para aproveitarse dos beneficios deste novo servizo.

Podes engancharte aos diversos perfís premendo nos logotipos:

Facebook Tuenti Twitter You Tube Flickr

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o Bng organizou hoxe un acto de precampaña con Guillerme Vázquez

O portavoz nacional do BNG anima á sociedade galega a manifestarse o día 13 para “esixir un cambio porque as políticas do Goberno Central e do goberno da Xunta estannos levando a unha situación cada día peor”

Boiro, 3 de marzo de 2011. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, puxo esta mañá ao concello de Boiro, gobernado polo BNG “como exemplo de que o BNG dende os concellos si toma medida para combater o paro e a crise, fronte a un goberno da Xunta que non fai nada”.

Guillerme realizou esta mañá un reparto informativo no centro da vila boirense para animar á sociedade galega á manifestarse o domingo día 13 en Santiago en defensa do emprego, dos sectores produtivos, do país e do aforro galego baixo o lema “Galiza ten dereito”.

Media_httpfarm6static_xiytp

Posteriormente, realizou unha visita ao “Centro de Formación-Escola de Hostalaría-Viveiro de Empresas”, unha iniciativa posta en marcha polo BNG dende o Goberno de Boiro e que foi merecente do premio “Ciudad de las Ciencias y la Innovación”, un galardón que foi entregado polos Príncipes de Asturias o pasado 13 de xaneiro en Madrid.

Guillerme estivo acompañado en todo momento polo alcalde de Boiro, o nacionalista Xosé Deira; o Grupo Municipal do BNG de Boiro e a responsábel comarcal do BNG, Dores Torrado, entre outros.

Declaracións

En declaracións aos medios, o portavoz nacional do BNG recoñeceu que “hoxe estou en Boiro para dalgún xeito amosar o orgullo do BNG coa actividade dun goberno municipal que ten proxecto, que ten estratexia, que sabe o que hai que facer á fronte dun concello e que, como unha das vías de actuación práctica, toma iniciativas na dirección de fomentar a creación de emprego”.

Neste sentido, Guillerme salientou que “a diferencia de actuación entre un concello gobernado polo BNG, encabezado por Xosé Deira, que fai verdade o que dicimos de que tamén dende os concellos, aínda que sexa modestamente, podemos contribuír na liña de fomentar o emprego, e a actitude dun goberno galego que fronte ao problema do paro simplemente di que carece de competencias e que nada ten que facer”.

Camiño de 250.000 parad@s

A este respeito, advertiu da “grave situación na que nos atopamos: estamos xa na fronteira dos 250.000 parados e paradas en Galiza; os sectores produtivos galegos están sendo agredidos un detrás de outro sen que haxa ningunha defensa política por parte do Goberno do Núñez Feijóo, e  estamos nunha situación onde o aforro galego pode camiñar sen reacción algunha por parte da Xunta de Galiza cara a súa privatización”.

Ademais, subliñou que “teríamos que preguntarnos como será posíbel crear emprego neste país se todos e cada un dos sectores produtivos van camiño da súa desaparición e se non hai medios financeiros que apoien o noso tecido produtivo”.

Manifestación o día 13

Ante esta situación, Guillerme asegurou que “fronte á inactividade e a inacción do Goberno do PP na Xunta o BNG e outras organizacións non estamos dispostos a aceptar estas políticas que están poñendo en marcha o Goberno da Xunta e o Central e que nos están levando a onde nos están levando”.

Por iso, subliñou que “é o momento de petar na mesa, de reaccionar e dicir que a pesar do que pense o Goberno Central e o Goberno de Feijoo Galiza si ten dereito e por iso o domingo 13 convocamos unha manifestación á que convidamos a toda a sociedade galega para dicir alto e claro que temos dereito e vivir e traballar na nosa terra, para demandar un cambio radical nas políticas que se están a facer e que nos están levando a unha situación cada día peor”. 

REPARTO_MANI_13_MARZO_BOIRO.WAV Listen on Posterous

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o candidato polo PP á alcaldía escoita este venres aos veciños nun obradoiro de ideas

Será ás sete da tarde nun lateral da igrexa de Santa Uxía

Media_httpfarm3static_odumj

Ribeira, 3 de marzo de 2011.- O candidato á alcaldía de Ribeira polo Partido Popular, Manuel Ruiz Rivas, organiza mañá un Obradoiro de Ideas no que todos os veciños que así o desexen poderán achegarse ata a praza situada ao lado da Igrexa de Santa Uxía (onde está o Botter) para propoñer aquelas suxerencias e consideracións que consideren axeitadas para a mellora e o avance das nove parroquias do municipio. 

Esta actividade terá lugar a partir das 19 horas e, con tal motivo, na citada praza estarán dispostas unha serie de mesas informativas distribuídas en función de distintas temáticas: asuntos sociais, urbanismo, xuventude, cultura, deportes, facenda, seguridade cidadá, educación, medio ambiente, etc…  

Manuel Ruiz e o seu equipo do Partido Popular de Ribeira serán os encargados de atender as propostas dos cidadáns. Preto dun centenar de veciños xa aportaron ideas ao candidato por medio da páxina web www.manoloruiz.org, e amosáronse dispostos a acudir mañá áo Taller de Ideas para departir sobre elas.  

O Partido Popular convida a toda á cidadanía do municipio a que non deixen de participar nesta acción. Con esta iniciativa, o candidato á Alcaldía cumpre o seu compromiso de dar participación aos cidadáns no deseño do seu proxecto para Ribeira, informa en nota de prensa o PP. “Os ribeirenses son os que mellor coñecen a realidade do noso concello e os que viven a diario os seus problemas, polo que a súa opinión é importante e as súas ideas poden ser moi útiles á hora de elaborar un proxecto de xestión”, apunta Ruíz Rivas. 

O PP lembra que as ideas recollidas serán tidas en conta, tanto para a redacción do programa electoral coma para a futura xestión municipal.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: as obras do premio internacional de arte gráfico "Jesús Núñez" poden verse ata o 15 de marzo no auditorio

Vía Diputación da Coruña

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

2.3.11

A Pobra do Caramiñal: entregados os diplomas de animadores socioculturais

A Pobra do Caramiñal, 2 de marzo de 2011. Hoxe, mércores, tivo lugar a  entrega dos diplomas  aos alumnos/as que asistiron ao curso de animador-sociocultural que levou a cabo o Concello da Pobra do Caramiñal. O lugar da entrega foi o auditorio do Museo Valle-Inclán

Asistíu a Directora Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, Dona Ana Díaz López que foi acompañada polo alcalde Isaac Maceiras, a presidenta da asociación Madoan, María José Rivadulla Santos, e o xerente da Academia de Formación El Muelle. Estes últimos tamén fixeron entrega de diplomas de outros cursos aos alumnos alí presentes.

Dscn7752

entrega de diplomas galego.docx View this on Posterous

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sanidade: novo escándalo no Sergas, desta volta con dous altos cargos. Denuncia o Psoe

José Manuel Lage, portavoz da área institucional do Grupo Socialista pídelle a Pilar Farjas que non se agoche detrás do anterior goberno bipartito ao denunciar a situación fraudulenta de dous altos cargos, os cales non reúnen os requisitos necesarios

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2010. O portavoz da área institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage, acusou hoxe á Conselleira de Sanidade Pilar Farjas de “tentar encubrir unha ilegalidade” coas súas declaracións “co que está asumindo directamente a responsabilidade da situación fraudulenta na que se atopan dúas altos cargos do Sergas”. O deputado fixo esta afirmación para responder ás criticas da Conselleira sobre este asunto.

Lage Tuñas pídelle á Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, que non se agoche detrás do anterior goberno bipartito, respecto da profesionalidade das dúas persoas que ocupan os dous postos directivos. Asegura que “ninguén dubida da excelente enfermeira nin da doutora en Farmacia que non foron cuestionadas pola súa especialidade”. E reclamoulle a Pilar Farjas que non mire para outro lado “porque o que se cuestiona é a ausencia de requisitos legais para poder acceder a esas prazas de alta dirección”, sentenciou.

O parlamentario socialista dixo que “a mentira ten as patas moi cortas, e a señora Farjas terá que explicar no Parlamento os intereses que a moveron a ocupar dúas prazas de alta dirección no Sergas son que mediase nomeamento oficial e saltándose a legalidade”, espetou.

Lage Tuñas lembrou hoxe que “a número dous do Sergas non puido ser nomeada polo goberno porque non reúne os requisitos legais para acceder a ese posto de alta dirección como vicexerente do Sergas”.

Así as cousas, o deputado socialista rebateu á Consellería de Sanidade que mantén que están ocupando eses postos por unha “orde de servizo”, ao explicar que “a vicexerencia do sergas e a subdirección xeral só se poden cubrir por concurso, libre designación ou comisión de servizo e non se produzo ningunha destas circunstancias, xa que as persoas en cuestións non reúnen tampouco os requisitos para poder acceder a estes postos directivos”.

"Okupas" do cadro directivo

Nese senso envioulle unha mensaxe á Conselleira de Sanidade para que lle diga aos galegos e galegas “como paga a estes dous cargos? cal é a súa remuneración e quen manda os pagos mensuais a estas dúas “okupas” do cadro directivo do Sergas”.

Dixo que “o Señor Feijóo faría ben por mirar un pouco máis pola xestión sanitaria xa que está sendo desastrosa a política de función pública neste ámbito, onde non deixan de sucederse os escándalos un mes detrás doutro”.

Batería de iniciativas

Os socialistas galegos comezarán a tramitar unha serie de iniciativas parlamentarias co obxecto de que o goberno galego teña que explicar “un escándalo maiúsculo” na función pública galega.

60936-INT Nomeamentos Función Pública Sergas.pdf View this on Posterous

estrutura sergas.pdf View this on Posterous

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: denuncian falta de seguridade nas obras da cuberta do Ceip "Fernández Varela"

Pict0164

O grupo socialista pronúnciase a instancias de queixas de nais e pais de alumn@s

A Pobra do Caramiñal, 2 de marzo de 2011. O Psoe pobrense vén de denunciar en nota de prensa unhas obras de reparación no colexio público "Fernández Varela", ao parecer na súa cuberta, onde faltan medidas de seguridade básicas.

Nota íntegra:


"No colexio Fernández Varela estanse a realizar unhas obras de reparación do tellado. Obras demandadas pola comunidade educativa durante moitos anos e coas que estamos de acordo que se executen.


Numerosos pais nos trasladaron a preocupación que teñen de que se poda producir  algún accidente pois non existen medidas de seguridade nin individuais nin colectivas. A este colexio de Educación Primaria acuden nenos/as de entre 3 e 6 anos polo que as medidas de protección deben ser rigorosas. Entendemos que a mellor época para facer estas obras son en períodos vacacionais ou polas tardes cando non hai ningunha actividade nese centro.


 Non hai ningunha rede de protección, tanto para evitar caídas en alturas dos traballadores como para evitar que caia ao chan algún cascallo e poida lesionar aos rapaces, profesores ou a calquera viandante.


Entendemos que a obra pública debe ser exemplarizante,:non se lle pode exixir aos particulares que cumpran ca Lei de Riscos Laborais (Lei 31/1995) e as Administracións obviala. Tamén observamos que os traballadores non teñen ningunha suxeición, tipo arnés para amortiguar o golpe si se producira.


Segundo o Real Decreto 127/1997, de 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción, no anexo IV, parte C.3.b) di: “Os traballos en altura soamente poderán efectuarse en principio coa axuda de equipos concibidos para tal fin ou utilizando dispositivos de protección colectiva, tales como barandillas, plataformas ou redes de seguridade.  Se pola natureza do traballo iso non fora posible deberá dispoñerse de medios de acceso seguros e utilizarse cintos de seguridade con anclaxe”.


Desde calquera administración débense evitar os accidentes laborais pero parece que coas présas das eleccións os riscos xa non lle importan ao Sr. Maceiras".


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sanidade: dous anos e pico despois, uns polos outros, o Hospital da Barbanza segue sen celadores


Mobilizacións, escritos, reunións: nada foi efectivo en máis de dous anos

Ribeira, 2 de marzo de 2011. O comité de empresa do Hospital da Barbanza reuniuse estes días con políticos de todas as cores, para ver ata que nivel de compromiso chegan -e xa que estamos en plena precampaña municipal- para solucionar dunha vez a discriminación deste centro de saúde con respecto ao resto da rede do Sergas. Van aló máis de dous anos de conversas con tirios e troianos: irá desta volta adiante a lóxica e xusta petición da categoría de celador no hospital de referencia das bisbarras de Barbanza e Noia?

A impresión do comité sobre a reunión cos políticos e as súas promesas:



Acuden á nosa chamada membros e representantes do BNG de Ribeira, coa súa candidata á alcaldía Dominga Brión ó frente, da Pobra con Rosana Pérez, de Pto do Son con Anxela Franco, do PSOE da Pobra con Teresa Guillán, de Boiro, con Juan Jesus Ares, PSOE de Riveira co seu candidato á alcaldía Andrés Fariña, o deputado polo PSOE Lage Tuñas, IPDR con Rosa Pose á cabeza, representantes do PP de Ribeira, contando coa presencia da concellala municipal Herminia Pouso..., suplindo o candidato alcaldable por Ribeira Manuel Ruiz....etc


Nesta ocasión o comité reúnese cos partidos políticos e os seus representantes tanto dos concellos coma das áreas de influencia do hospital como os deputados parlamentarios, para facerlles saber cales foron ata o de agora as súas mobilizacións e reinvidicacións no tema da falta de celadores:

"Fixemos escritos ó valedor do pobo, entregamos firmas pedindo os celadores á Conselleira de Sanidade, concentracións no centro, asambleas de traballadores...etc, Neste momento estamos recollendo escritos dos traballadores a modo de reclamacións individuais para presentar ante a Xerente do Sergas, temos pensado tamén involucrar os usuarios..."

"Ós partidos políticos lles pedimos apoio para esta loita, o hospital leva máis de dous anos integrado no Sergas e carece da figura de celador, perxudicándose gravemente a outros colectivos, fundamentalmente as auxiliares de enfermería, que están sendo discriminadas pola conselleria de sanidade, ó ter que facer as súas tarefas e as tarefas que noutros centros realizan os celadores, por todo isto nos gustaría contar co seu apoio e por isto facemos esta xuntanza cos políticos da zona".
Manifestaron apoiar ó comité de empresa e os traballadores do centro, e incluso estiveron dacordo en colaborar na recollida de escritos dos usuarios, manifestaron o BNG e O PSOE.

Dominga Brión e o seu partido di que todos os partidos deberían involucrarse e traballar xuntos para conseguir mellorar o hospital, conseguir esa dotación de celadores, facer eco destas reinvidicacións dos traballadores tamén entre os usuarios, asociacións...etc, manifestando o seu apoio co comité de empresa.
O candidato á alcaldía de Ribeira polo PSOE, Andrés Fariña, dinos que sería acertado falar e involucrar á mancomunidade de veciños de Arousa Norte, para obter así unha boa resposta por parte dos usuarios.
O Partido Popular fainos saber que o seu candidato á alcaldía de Ribeira non pode acudir por motivos de axenda pero si nos confirma que se reunirá en breve coa Xerente do Sergas, Rocío Mosquera, para tratar temas relacionados co noso hospital: os celadores, ampliación de servicios...etc".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: case 200 escolares asistiron á presentación da campaña de condución segura que promociona Jabon Blue

Ribeira, 2 de marzo de 2011. Preto de dous centos de estudantes de cuarto de ESO e de primeiro e segundo de Secundario de tiveron oportunidade de asistir esta mañá, no Auditorio Municipal, á presentación da campaña Libre de Alcol, Libre de Preocupacións 2011, que promove a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. 

Esta iniciativa, nacida co gallo de sensibilizar á mocidade galega acerca da importancia de non mesturar alcol e condución, ten no grupo Jabon Blue ao seu principal comunicador, xa que a actuación máis importante desta campaña consiste na proxección dun videoclip do tema Flores en la carretera (que deu título ao último disco da formación riverense) á hora do peche de pubs, discotecas e demais locais de ocio nocturnos das zonas de marcha de toda a Comunidade Autónoma.


Precisamente por iso estiveron presentes no acto desta mañá dous dos integrantes de Jabon Blue: Javi Maneiro, vocalista do grupo, e Kuervo, guitarrista. Ambos deron aos asistentes (rapaces pertencentes aos centros educativos A Milagrosa, Galaxia, Bayón e Número 1) un miniconcerto acústico no que os espectadores non dubidaron en corear e aplaudir as tres cancións ofrecidas (Flores en la carretera, Cacareando”e Cuando el silencio suena) e mesmo algún rapaz se subiu ao escenario para acompañar a Javi Maneiro. 

Con anterioridade, os concelleiros de Cultura e de Turismo, Vicente García e Luciano Fernández, así como o director xeral de Xuventude da Xunta, Ovidio Rodeiro (tamén estivo a subdirectora xeral de Promoción de Actividades, Yolanda Otero), fixeran a presentación do acto, expoñendo as razóns e propósitos desta iniciativa.  

Despois do miniconcerto e tras a proxección de catro mensaxes de recomendación a cargo doutros tantos recoñecidos artistas galegos (Xosé Touriñán, Manuel Manquiña, Luis Zahora e Roberto Villar), tivo lugar a proxección en pantalla grande do videoclip protagonista da campaña, que como recordou Vicente Garcá fora gravado coa colaboración do Concello en distintos puntos da comarca como a serra de Barbanza, a autovía e o faro de Corrubedo e contou coa colaboración do mencionado Manquiña e de Luis Cobos. 

Aínda quedaría tempo para repetir a proxección do videoclip (esta vez na súa versión karaoke e con actuación  incluída de tres rapaces que se subiron ao escenario para cantar o tema) antes de rematar o acto coa entrega de copias en dvd do videoclip a todos os asistentes.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a asociación de veciños de Carreira programa o seu Entroido este sábado 5 de marzo ás cinco da tarde

Prégase ir disfrazado (ou polo menos con espírito choqueiro).

Relacionadas:


Obradoiro de cociña de Entroido en Ribeira: do 1 ao 4 de marzo


Entroido en Ribeira: toda a programación deste ano

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical