Tamén lle podería interesar:
Entroido: o martes 8, na Paxareira
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Tamén lle podería interesar:
Entroido: o martes 8, na Paxareira
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 3 de marzo de 2011.- Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora, o Concello realizará unha homenaxe ás coidadoras de persoas dependentes do municipio ao entender que "non sempre se sabe valorar como se merece o labor tan sacrificado que realizan estas persoas, entre as que predomina, e con moito, o sexo feminino", segundo explicou esta mañá nunha rolda de prensa a concelleira de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia, Esther Patiño, quen estivo acompañada da directora do Centro de Información á Muller, María Dolores Crujeiras.
Aínda que o Día Internacional da Muller Traballadora é o 8 de marzo, esta homenaxe desenvolverase no Auditorio Municipal o próximo venres 11 de marzo, evitando así a celebración do acto nun martes de Entroido que é festivo local. Será a partir das 18.30 horas.
As persoas coidadoras que acudan ao mesmo recibirán uns diplomas conmemorativos e uns agasallos como agradecemento polo seu sacrificio. Ademais, haberá unha charla sobre masaxes terapéuticos a cargo da profesional do ramo Elena Isabel Lagoa Pazos.
Os grupos de baile e de cantareiras da Asociación de Amas de Casa de Ribeira encargaranse de amenizar a acción, que rematará cun pincho.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Dende hoxe xa é posible agregarse ás contas do Concello en facebook, tuenti, twitter, youtube e flickr. Tamén se habilita un programa chamado "Entérate!" de alertas por correo electrónico
Ribeira, 3 de marzo de 2011.- Co propósito de chegar de maneira máis eficaz, cómoda e rápida á veciñanza de Ribeira, o Concello acaba de dar inicio no día de hoxe a un novo proxecto no que se fai uso das novas tecnoloxías e redes sociais para ofrecer información das actividades culturais, festivas e xuvenís organizadas por esta Administración. Trátase do programa ENTÉRATE!, que foi presentado hoxe polos concelleiros de Cultura e Festexos e de Xuventude e Turismo, Luciano Fernández e Vicente García.
Un dos aspectos máis atractivos deste novo servizo reside na posibilidade, xa dende hoxe mesmo, de agregar como amigo ao Concello nas redes sociais das redes sociais facebook, tuenti, twitter, ademais dos enlaces de servizos para publicación de fotos e vídeos youtube e flickr.
Por outra parte, os interesados poderán ter a posibilidade de recibir no seu e-mail as novas do Concello en tempo real, simplemente inscribíndose nun apartado destinado ao efecto na páxina www.riveira.es (un banner de ENTÉRATE!). Para iso hai que rexistrarse no formulario poñendo o nome, email e localidade ou parroquia. Cada vez que haxa unha novidade os inscritos recibirán un correo coa información respectiva.
Luciano Fernández informou de que o Concello vai enviar 10.000 cartas nas que se recolle toda a información necesaria para aproveitarse dos beneficios deste novo servizo.
Podes engancharte aos diversos perfís premendo nos logotipos:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Será ás sete da tarde nun lateral da igrexa de Santa Uxía
Ribeira, 3 de marzo de 2011.- O candidato á alcaldía de Ribeira polo Partido Popular, Manuel Ruiz Rivas, organiza mañá un Obradoiro de Ideas no que todos os veciños que así o desexen poderán achegarse ata a praza situada ao lado da Igrexa de Santa Uxía (onde está o Botter) para propoñer aquelas suxerencias e consideracións que consideren axeitadas para a mellora e o avance das nove parroquias do municipio.
Esta actividade terá lugar a partir das 19 horas e, con tal motivo, na citada praza estarán dispostas unha serie de mesas informativas distribuídas en función de distintas temáticas: asuntos sociais, urbanismo, xuventude, cultura, deportes, facenda, seguridade cidadá, educación, medio ambiente, etc…
Manuel Ruiz e o seu equipo do Partido Popular de Ribeira serán os encargados de atender as propostas dos cidadáns. Preto dun centenar de veciños xa aportaron ideas ao candidato por medio da páxina web www.manoloruiz.org, e amosáronse dispostos a acudir mañá áo Taller de Ideas para departir sobre elas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra do Caramiñal, 2 de marzo de 2011. Hoxe, mércores, tivo lugar a entrega dos diplomas aos alumnos/as que asistiron ao curso de animador-sociocultural que levou a cabo o Concello da Pobra do Caramiñal. O lugar da entrega foi o auditorio do Museo Valle-Inclán
Asistíu a Directora Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, Dona Ana Díaz López que foi acompañada polo alcalde Isaac Maceiras, a presidenta da asociación Madoan, María José Rivadulla Santos, e o xerente da Academia de Formación El Muelle. Estes últimos tamén fixeron entrega de diplomas de outros cursos aos alumnos alí presentes.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
O grupo socialista pronúnciase a instancias de queixas de nais e pais de alumn@s
A Pobra do Caramiñal, 2 de marzo de 2011. O Psoe pobrense vén de denunciar en nota de prensa unhas obras de reparación no colexio público "Fernández Varela", ao parecer na súa cuberta, onde faltan medidas de seguridade básicas. Nota íntegra:"No colexio Fernández Varela estanse a realizar unhas obras de reparación do tellado. Obras demandadas pola comunidade educativa durante moitos anos e coas que estamos de acordo que se executen.
Numerosos pais nos trasladaron a preocupación que teñen de que se poda producir algún accidente pois non existen medidas de seguridade nin individuais nin colectivas. A este colexio de Educación Primaria acuden nenos/as de entre 3 e 6 anos polo que as medidas de protección deben ser rigorosas. Entendemos que a mellor época para facer estas obras son en períodos vacacionais ou polas tardes cando non hai ningunha actividade nese centro.
Non hai ningunha rede de protección, tanto para evitar caídas en alturas dos traballadores como para evitar que caia ao chan algún cascallo e poida lesionar aos rapaces, profesores ou a calquera viandante.
Entendemos que a obra pública debe ser exemplarizante,:non se lle pode exixir aos particulares que cumpran ca Lei de Riscos Laborais (Lei 31/1995) e as Administracións obviala. Tamén observamos que os traballadores non teñen ningunha suxeición, tipo arnés para amortiguar o golpe si se producira.
Segundo o Real Decreto 127/1997, de 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción, no anexo IV, parte C.3.b) di: “Os traballos en altura soamente poderán efectuarse en principio coa axuda de equipos concibidos para tal fin ou utilizando dispositivos de protección colectiva, tales como barandillas, plataformas ou redes de seguridade. Se pola natureza do traballo iso non fora posible deberá dispoñerse de medios de acceso seguros e utilizarse cintos de seguridade con anclaxe”.
Desde calquera administración débense evitar os accidentes laborais pero parece que coas présas das eleccións os riscos xa non lle importan ao Sr. Maceiras".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia