16.3.11

Noia: conflicto grave aberto na Ría pola instalación das gaiolas de salmón. Seguimento en Facebook da conversa dos veciños co alcalde

"Noruega las quita, Villagarcía las rechaza, y nuestra ría se las tiene que comer con patatas", di un veciño.
Os barcos da empresa norueguesa non deron colocado os fondeos ante o acoso de máis de 200 embarcacións das confrarías de Muros e Noia. Alcalde, mariñeiros e veciños temen que volten o venres cando todos estean na manifestación en Santiago fronte a San Caetano, que se albisca masiva ante os feitos de hoxe.

Ría de Muros e Noia, vista dende Culou, Lousame. Un ecosistema altamente produtivo en marisco que se pon en perigo seguro se instalan as perigosísimas gaiolas de salmón

Noia, 16 de marzo de 2011. Que o pleno da corporación noiesa en sesión extraordinaria aprobara esta semana o rexeitamento das gaiolas de salmón de North Food na ría non serviu de nada e a protesta que tiñan organizada para este venres 18 os mariñeiros de Noia e arredores contra a instalación das altisimamente contaminantes gaiolas de salmón xa ten resposta da Xunta de Galicia: os barcos coas gaiolas de salmón apareceron esta mañá, sobre a unha da tarde, escoltados pola Garda Civil -escolta que nos lembra a doutros proxectos contestados pola cidadanía en Galicia, como o da gaseira de Reganosa na Ría de Ferrol-. En Certo estamos a seguir as reaccións de políticos e veciños sobre este lamentable episodio, no que os intereses económicos e políticos prevalecen unha vez máis fronte á sensatez, a ecoloxía e, sobre todo, fronte á opinión dos cidadáns, aos que só se nos permite votar cada catro anos e só a uns candidatos, nunca sobre asuntos puntuais que nos afectan. O exercicio do referéndum, habitual en países que nos levan séculos de vantaxe no que a democracia se refire, vese cada día máis necesario e ningún partido aposta por el.

No estado do Facebook de moitos noieses aparece agora esta mensaxe, á que nos sumamos:

SÚMATE Á MANIFESTACIÓN EN APOIO AO SECTOR DO MAR CONTRA AS GAIOLAS DE SALMÓN O VENRES 18 DE MARZO DIANTE DOS EDIFICIOS DA XUNTA EN SAN CAETANO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA. SAIÁN AUTOBUSES ÁS 10 DA MAÑÁ DENDE A ESTACIÓN DE BUSES DE NOIA E DO PORTO DO FREIXO. COPIA E PEGA ESTO NO TEU MURO PARA QUE ASISTA MÁIS XENTE
Reaccións no fío do Facebook aberto polo alcalde de Noia:

A conversa no Facebook comeza cando o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, revela que se avistan os barcos coas gaiolas na Ría de Noia. Conforme se vaian producindo os acontecementos iremos actualizando esta páxina. Cada comentario atinxe á súa autora ou autor: se alguén non quere saír na conversa só nolo ten que pedir para borralo.

Rafael García Guerrero

A resposta da Xunta ante a problemática das gaiolas de salmón é mandar instalalas. Barcos da empresa veñen cara á ria colocar os fondeos.
hai 3 horas (13:00 horas do 16 de marzo de 2011) a través de Blackberry · GústameXa non me gusta ·
    • Cristina Fernandez Nuñez Non podemos consentir esto, temos que facer algo!!!
      hai 3 horas · GústameXa non me gusta
    • Raquel Viñas Abeijon por que son tan malos para la ria,en que nos afecta,no daria puestos de trabajo pregunto para informarme gracias
      hai 3 horas · GústameXa non me gusta
    • Silvia Trillo Lourido NOS AFECTA POR DAN 145 EMPLEOS PERO SI ES MALO PARA EL MARISCO QUITARIAN 3000 ..........
      hai 3 horas · GústameXa non me gusta
    • Maria Rama del Rio Aseguran que los artefactos son "altamente contaminantes" y que los perjuicios para el ecosistema están "documentados" por biólogos de Chile, Canadá, Escocia y Noruega, entre otros lugares
      hai 3 horas · GústameXa non me gusta · 2 persoasA Paula Arruti gústalle isto.
    • Ana Noia Entonces lo que habría que saber es si es dañino para el marisco. Antes de pronunciarse habrá que conocer los informes que avalan y refutan estas instalaciones, compararlos y luego posicionarse. Me pregunto si esto lo han echo los políticos y los ciudadanos.
      hai 3 horas · GústameXa non me gusta

    • Ana Noia ‎... es triste, pero hay mucha gente que ya se ha posicionado sin conocer el alcance de los beneficios ni perjuicios que puede generar la instalación. "¿A dónde vas Vicente? A dónde va la gente.
      hai 3 horas · GústameXa non me gusta
    • Silvia Trillo Lourido El que quiera posicionarse a favor, que lo haga, pero que antes, por favor, que se entere de lo que ha pasado en Chile, solamente en diez años. .
      hai 2 horas · GústameXa non me gusta
    • Silvia Trillo Lourido Entre el virus, conocido como la ANEMIA INFECIOSA DEL SALMÓM y el piojo de mar, acabaron con todo lo que tocaron.
      hai 2 horas · GústameXa non me gusta
    • Silvia Trillo Lourido Dejaron los mares donde estubieron, como mares medio muertos
      hai 2 horas · GústameXa non me gusta
    • Silvia Trillo Lourido Las heces del salmón y los alimentos liquidando el oxígeno del agua, matando a la otra vida marina y diseminando enfermedades, informaron los biólogos y ambientalistas. Los salmones que escapan están comiendo a otras especies de peces y están empezando a invadir ríos y lagos, de lugares tan lejanos como el país vecino Argentina, dijeron los investigadores.
      hai 2 horas · GústameXa non me gusta
    • Sergio Vazquez pos nada guerra de guerrillas y a desmoralizar a la empresa y a los trabajadores!!!!! porque por lo legal ya se ve que .......
      hai 2 horas · GústameXa non me gusta · 2 persoasA cargar...
    • Enrique Martinez
      El problema grave -aunque si problema por las fugas- no es el animal en si, sino las técnicas de acuicultura que lleva con el, el uso de antibióticos en la alimentación, fungicidas, bactericidas y medicamentos antiparasitarios será en el m...
      ar, no en un recinto cerrado, por lo que todos esos productos irán a parar al resto de fauna y flora del medio marino. Estas ténicas están ideadas para dar soporte vital única y exlusivamente a los salmónidos y acabar directamente con cualquier ser vivo que pueda perjudicar a la especie, lo que indirectamente perjudica al grueso de la fauna y flora autóctona, sobretodo invertebrados (crustáceos y moluscos).
      En Noruega (cuna de estas técnicas) ya se ha puesto freno e incluso retirado las jaulas de gran parte de los fiordos.
      Noruega las quita, Villagarcía las rechaza, y nuestra ría se las tiene que comer con patatas.
      Lo que me parece raro es que la gente que vive del marisco, especialmente los que viven del mejillón no estén en pie de guerra con garfio y parche en el ojo incluido, el problema no es para menos.
      Ver máis
      hai 2 horas · GústameXa non me gusta · 4 persoasA cargar...
    • Rafael García Guerrero Coincido plenamente co exposto con Enrique.
      hai 2 horas · GústameXa non me gusta
    • Ana Noia Rafa, non o sei, só pregunto. Son públicos os estudos do Cluster de Acuicultura e da Universidade de Vigo?
      hai 2 horas · GústameXa non me gusta
    • Sergio Vazquez enrique por una vez coincidimos!!! no te acostumbres!! es broooooooma
      hai 2 horas · GústameXa non me gusta
    • Silvia Trillo Lourido COINCIDO CON ENRIQUE
      hai 2 horas · GústameXa non me gusta
    • Ramón Martinez Abeijón suscribo lo que ha escrito Enrique, pero matizo, el sector mejillonero creo, y repito creo, que está bastante dividido entre ellos, 2º poderoso caballero es don dinero 3º La democracia (que por lo visto brilla por su ausencia) es la menos mala de las dictaduras.
      hai cousa dunha hora · GústameXa non me gusta
os barcos da empresa veñen acompañados coa garda civil
hai 3 horas a través de Blackberry · GústameXa non me gusta ·

  • A Sole Pe Ri e a Chus Freire gústalles isto.
    • Marilo Velez Como nos poden impoñer algo así? A cría de salmón é altamente contaminante.
      hai 3 horas · GústameXa non me gusta · 2 persoasA Silvia Trillo Lourido gústalle isto.
    • Cristina Fernandez Nuñez Esto é unha vergonza, parece que aínda vivimos coa dictadura.
      hai 2 horas · GústameXa non me gusta
    • Marilo Velez Non parece, é así.
      hai 2 horas · GústameXa non me gusta · 1 persoaA cargar...
    • Francisco Romero Garcia Eu nonsei moito d como esta este tema pero recordo cando as hubo na creba q había calamares, chocos e peixe a darlle co pe será q non e tan malo non?
      hai 2 horas · GústameXa non me gusta
    • Rafael García Guerrero Se tamen hai algun salmon que chega ata o Tambre, se o peixe non molesta, ao contrario, houbera mais, o problema e que en cautividade na ria si son problematicos.
      hai 2 horas · GústameXa non me gusta
    • Guillermo Salas Suárez
      Tanto las piscifactorías de los ríos como éstas marinas provocan graves perjuicios al medio (en los ríos peor aún por la escasa capacidad de amortiguación). Lo peor no es la contaminación orgánica debida a alimentos, heces, etc., que provoc...
      a, entre otras consecuencias por eutrofización un descenso en el O2 disuelto. Lo peor son las altas concentraciones de antibióticos, ¿hormonas? y demás basura, que en la actualidad no está regulado para poder realizar vertidos, pero que a la larga se tendrá que hacer obligatoriamente. El que proliferen determinadas especies como consecuencia de determinados factores como un incremento en el alimento disponible, no implica que éstos no estén contaminados. No tengo nada en contra de este tipo de instalaciones, pero si soy consciente de ello, jamás como pescado de piscifactorías.Ver máis
      hai 2 horas · GústameXa non me gusta
    • Maria Rama del Rio é tan fácil como buscar "jaulas de salmones" en internet, un pódese facer a idea de que dende logo beneficioso non é. Acabaría co pouco peixe que queda, unha verdadeira lástima
      hai cousa dunha hora · GústameXa non me gusta
    • Enrique Martinez Solo puntualizar al comentario inicial que la Guardia Civil no está actuando "de oficio" en la escolta, cumple órdenes políticas directas dadas a raiz de la exigencia de la empresa North West Food.
      hai cousa dunha hora · GústameXa non me gusta
    • Rafael García Guerrero Por suposto que a Garda Civil non te culpa de nada, so fan o seu traballo.

Máis de duascentas embarcacions mobilizadas para impedir a instalación das gaiolas

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

15.3.11

Porto do Son, Noia e Lousame: o préstamo de bicicletas do Inega comeza o 1 de abril, se non hai contratempos

Noia: a película "Retornos", de Luís Avilés, consegue quince nominacións aos premios Mestre Mateo do cinema galego

Finalistas_PMM10.pdf Download this file


"Retornos" contén esceas rodadas en PonteNafonso

Noia, 15 de marzo de 2011. Nada menos que 15 nominacións para a súa ópera prima no mundo da largometraxe. Luís Avilés Baquero, cineasta noiés que levou adiante a dirección de "Retornos", rodada en parte nas inmediacións de Noia, só foi superado por "18 comidas", do cineasta Jorge Coira, con 16 candidaturas aos Mestre Mateo.

"Retornos" é candidata á mellor longametraxe, mellor dirección de producción, mellor dirección de fotografía, mellor maquillaxe e perruquería, mellor deseño de vestiario, mellor dirección artística, mellor montaxe, mellor son, mellor guión, mellor dirección, mellor interpretación masculina protagonista (Xabier Estévez), mellor interpretación feminina protagonista (Manuela Vellés), mellor interpretación masculina de reparto (Xosé Manuel Olveira, "Pico") e mellor intérprete feminina de reparto (María Bouzas)

A continuación, xa con 12 candidaturas aos premios, está a comedia "Crebinsky", de Enrique Otero, cunha ducia de nominacións.

Sálvora tamén é protagonista

A illa de Sálvora, de Ribeira, tamén vai ser protagonista nos Mestre Mateo deste ano, xa que a película para televisión ambientada en parte alí, "Mar Libre", que dirixiu Dani de la Torre, obtivo dez nominacións.

A gala dos Mestre Mateo é este ano en Ourense, o domingo 17 de abril, no auditorio municipal.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o alcaldable do Psoe reuniuse co comité de empresa do Hospital da Barbanza

Media_httpfarm5static_mmefh

Ribeira, 15 de marzo de 2011. O alcaldable do PSdeG por Ribeira, Andrés Fariña, xunto coa número 2 da súa lista,  Encarna Romero, tiveron unha xuntanza co comité de empresa do Hospital da Barbanza, o cal alertou dende hai dous anos da falta de persoal neste centro sanitario.

Fariña e Romero, acompañados por un representante da Plataforma pola Sanidade Pública, atenderon as demandas dps traballadores, que reclaman  maior dotación e recursos para persoal co obxectivo de atender mellor as necesidades dos pacientes.


O candidato á alcaldía polo Psoe comprometeuse a trasladar estas demandas á Xunta e a converter "nunha prioridade a mellora do Hospital se os cidadáns me dan a súa confianza nas eleccións do 22 de maio", explicou Fariña.


Con Amicos


Fariña e Romero reunironse tamén con representantes da asociación Amicos, a cal xestiona un centro de día para persoas con discapacidade síquica. Segundo os socialistas, "a agrupación traballa desde fai anos para mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional e nós queremos proxectar un modelo de cidade en Ribeira onde a política social facilite o traballo a organizacións como Amicos".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o Psoe presenta unha moción para que arranxen un paseo peonil entre rúa Venecia e ponte de Santo Antonio

Ribeira: a Copa Sálvora celébrase en xuño. Aberto hoxe, 15 de marzo, o prazo de inscrición

Copa Salvora pdf.pdf Download this file

Ribeira, 15 de marzo de 2011. Hoxe, 15 de marzo, ábrese o prazo de inscrición para a Edición 2011 da Copa Sálvora que se disputará os vindeiros 4 e 5 deXuño no Campo Municipal de A Fieiteira . As categorías elexidas pola organización son Prebenxamín, Benxamín e Alevín.


Cada clube poderá inscribir na copa 3 equipos como máximo en cada unha das categorías. Un de esos equipos pasará a Fase Final e os outros dous irán á Fase Previa do 29 de maio.

A cota de inscripción será de 30€ por equipo e categoría quedando exento do pagamento a categoría Prebenxamín que será gratuita.

A data límite de inscrición será o 20 de maio ou remate de vacantes.

Web de referencia:
www.copasalvora.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: este venres 18, presentación do libro "Toponimia de Dodro e Laíño", de Manuel Lorenzo Baleirón, con licenza libre de distribución

Cartel_presentacion_libro_microtoponimia.pdf Download this file

Dodro, 15 de marzo de 2011. O vindeiro día 18, ás 20.00 horas, preséntase no Auditorio da Casa do Regadío o libro elaborado polo veciño Manuel Lorenzo Baleirón que recolle a maior parte do tesouro lingüístico que constitúe a toponimia do municipio.

O Concello "quere mostrar o orgullo de ter patrocinado a súa publicación para que todas as persoas interesadas do noso Concello, e tamén de todo o país, teñan coñecemento e acceso doado a este recurso cultural. A toponimía de Dodro constitúe unha parte valiosa do patrimonio inmaterial do idioma galego que queremos poñer en valor, aprofundando no seu coñecemento e explicación para recuperar a través del a experiencia vital de centos de xeracións anteriores á nosa, recoñecéndoa e respectándoa para a nosa propia dignificación como comunidade, para comprender a súa singularidade, para compartir o pasado e o futuro", explica o equipo de goberno.

Este libro, de case 400 páxinas, prologado por Anxo Angueira, ten como colaboradores a numerosos veciños e veciñas que o autor fixo partícipes, e recolle todos (ou case) os nomes de lugares do término municipal dodrense, nas súas tres parroquias.

A presentación do libro forma parte do conxunto de investigacións e actividades que o Concello vén animando para a posta en valor do noso patrimonio material e inmaterial que nos enriquece como país. "A Toponimia resulta un fito transcendental na historia dos traballos sobre o Concello e acompañarase de actividades complementarias ao longo deste ano para divulgalo e ilustralo, especialmente entre as novas xeracións", explica o Concello na súa web oficial.

Licenza de distribución libre

Ademais, como obra cultural e grazas á xenerosidade do autor, o libro conta cunha licenza de distribución libre, os seus contidos, tanto textuais como gráficos serán reutilizables, transformables e distribuíbles por calquera medio e formato para calquera que queira contribuír coa súa achega neste sentido. O propio Concello elaborará unha versión que estará dispoñible para descarga a través da páxina municipal en soporte electrónico.

Manuel Lorenzo Baleirón, "veciño ilustre de Dodro e xenerosísimo autor deste traballo que tantas horas e días de esforzo lle dedicou por puro amor á súa Terra", din dende o Concello, naceu en Tarrío, Laíño en 1957; é licenciado en Filosofía e Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e exerce como mestre no IES Macías o Namorado do veciño Padrón.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: este venres 18 de marzo, clase de improvisación co jazzista neoiorquino Logan Richardson

Logan_boiro

Boiro, 15 de marzo de 2011. Este venres, 18 de marzo, a Escola de Música de Boiro organiza un work shop de improvisación que se desenvolverá de 17:00 a 20:00h.


Correrá a cargo de Logan Richardson, un dos músicos máis sobresaíntes do jazz neoinorquino.

O prezo é de 20 € para o público en xeral e de 10 € para os alumnos da Escola.

Máis información nos teléfonos 655 700 620 e 655 700 104 ou en info(at)sonaxe.com

Vía

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: este domingo 20, campaña de sensibilización a prol do veganismo

Pobra_veganos


Proxectarán este documental (pódense atopar o resto de partes en YouTube)

A Pobra, 15 de marzo de 2011. Este domingo, 20 de marzo, entre as seis e as nove da noite, no salón de actos do ISM (enriba da biblioteca municipal), na rúa Castelao, 25 -3º, proxectarase a película "Reino Apacible" e haberá unha degustación gratuita de comida vegana. Organiza a protectora Moura e Colectivo antiespecista Galego.

Se non podes acudir á Pobra, pero vives preto de Santiago de Compostela, podes acudir á proxección e degustación que se realizará alí:

http://www.facebook.com/event.php?eid=147510528646039

Que é o veganismo? Na Wikipedia hai un bo artigo sobre o asunto.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

14.3.11

Lousame: o Bng denuncia boicot do equipo de goberno ás súas actividades

Media_httpfarm6static_aquyh

Lousame, 14 de marzo de 2011. O día 18 de febreiro de 2011 o BNG de Lousame solicitou "debidamente" a Casade Cultura do Concello para realizar unha charla sobre a nova Lei de Augas, con data sábado día 12 de marzo. "Nun principio e unha vez comprobada a dispoñibilidade da mesma para ese día por parte do funcionario do Concello o edificio foi concedido. Nembargantes, con tan só uns días de antelación e coa cartelería xa distribuída por todo o Concello recibimos unha carta donde se nos comunica que a Casa de Cultura non estará dispoñíbel para ese día por causa do ensaio da Banda Municipal de Música e da Escola Municipal de Teatro", denuncia o Bng lousamián en nota de prensa.
"Se ben é certo que nos ofreceron algún dos Locais Sociais das distintas parroquias, nós negámonos a ter que trasladar a nosa actividade e vemos neste feito por parte do Concello -con goberno do Partido Popular- unha falta de organización e de respecto. Denunciamos así as trabas que a oposición recibe por parte do Concello de Lousame", conclúen os nacionalistas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical