13.9.12

Noia: van restaurar cinco laudas e protexelas na sacristía de Santa María a Nova

  • O Concello quere mercar a Casa da Cultura para habilitar un espazo como museo e centro de interpretación das laudas gremiais noiesas

Media_httpfarm8static_bhdef

Sacristía de Santa María a Nova con laudas ben conservadas

Noia, 13 de setembro de 2012. Segundo anunciou hoxe, en declaracións á Radio Galega, o concelleiro de Urbanismo e Casco Histórico, o nacionalista Bieito González, o Concello está a solicitar os permisos correspondentes para a restauración de cinco laudas gremiais do medievo para, unha vez recuperadas e limpas, gardalas na sacristía de Santa María a Nova, onde xa se conservan ducias delas nunha enorme estrutura metálica móbil.

Media_httpfarm7static_ufxpd

Unha das laudas a restaurar ten a típica cuncha do peregrino

Escollidas por diversos motivos

Bieito González explicou que se escolleron estas cinco laudas entre as case cincocentas de que se dispón nas inmediacións desta igrexa noiesa, por diversos motivos, como os seus debuxos, que unha delas foi recentemente desenterrada e conserva unha inscrición case intacta ou que outra representa claramente a un mariñeiro.

Media_httpfarm4static_cgcvc

Noia conta cunha das coleccións máis grandes de Europa de laudas medievais

Futuro Museo das Laudas na Casa da Cultura

Tamén anunciou o concelleiro de Urbanismo noiés que está entre os obxectivos do Concello, inda nestes tempos de crise económica, negociar cos donos da actual Casa da Cultura de Noia, que o Concello ten en réxime de arrendamento, unha posible compra, e habilitar alí un espazo acondicionado para un Museo e posible centro de interpretación das laudas gremiais de Noia. Debido ao inxente número de laudas e ao volume que éstas ocupan, a nave de Santa María a Nova é evidentemente moi pequena e precísase, polo menos para as laudas máis significativas e chamativas, un espazo moito máis grande.

Media_httpfarm8static_peqob

As laudas ateigan a nave central de Santa María a Nova

Cesión ata decembro da Lauda dos Canteiros á Cidade da Cultura

Media_httpfarm9static_tafye

Lauda do Canteiro na Cidade da Cultura

Como xa publicamos no seu día, o Concello de Noia chegou a un acordo coa Consellería de Cultura para ceder a Lauda dos Canteiros para a exposición "Gallaecia Petrea", na Cidade da Cultura de Santiago. Estará alí ata decembro e, a cambio, a Xunta comprometeuse a restaurar outras laudas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sociedade: "Stop Desahucios Barbanza" reuniuse cos alcaldes de Rianxo e Noia, que apoian a súa causa

  • Levan recollidas máis de dúas mil sinaturas para propoñer a dación en pago, alugueiro social e parálise dos desafiuzamentos no Congreso dos Deputados en Madrid

Media_httpfarm5static_ismxf

Concello de Noia
Media_httpfarm3static_dfdek

Concello de Rianxo

Barbanza, 13 de setembro de 2012. Onte, diversos integrantes da Plataforma "Stop Desahucios" do Barbanza, acudiron aos municipios de Noia e Rianxo para recoller as últimas sinaturas para a presentación da Iniciativa Lexislativa Popular no Congreso dos Deputados para unha proposición de lei de regulación da dación en pago, a parálise dos desafiuzamentos e de acadar un aluguer social. Nun mes recolleron máis de 2.000 firmas.

Apoio dos Concellos de Noia e Rianxo

Os membros da citada Plataforma aproveitaron a ocasión para entrevistarse co alcalde de Noia e o primeiro tenente de alcalde, Rafael Guerrero e Bieito González Domínguez, respectivamente, así como co alcalde e primeiro tenente alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños Sánchez e Carlos Gey Dominguez, respectivamente. En ambos encontros -os dous concellos están gobernados por Psoe, Bng e independentes- quedou de manifesto a implicación de ambos municipios coa necesidade de articular medidas legais para impedir que calquera familia se quede na rúa por problemas económicos coa súa hipoteca, na súa vivenda habitual. Os departamentos de Servizos Sociais de ambos municipios teñen constancia de varias familias que están pasando por momentos difíciles e poderían entrar en execucións hipotecarias nos próximos meses.  

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: soltan 122 perdices para repoboar o coto da sociedade "Caza e Pesca Barbanza"

 http://farm9.staticflickr.com/8176/7982425611_e186e0170f_z.jpg 

Ribeira, 13 de setembro de 2012.- O Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas efectuou esta mañá unha solta de 122 perdices no municipio de Ribeira.

Media_httpfarm9static_mfuii

Media_httpfarm9static_rgcof

Esta acción foi levada a cabo co obxectivo de sementar e repoboar o coto da Sociedade Caza e Pesca Barbanza. Actuouse en diferentes puntos. Entre eles, os lugares de Muíño da Correa, Balteiro, Frións, Laxes ou Castelos.

A solta contou coa colaboración do Concello de Ribeira e tamén participou un axente do Parque Natural.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: do 14 ao 18 de outubro, Festas de Macenda en Moimenta

Lousame: as Festas do San Roquiño, do 30 de setembro ao 5 de outubro

Festas_san_roquino_lousame
https://twitter.com/Certo/status/245560664809164800

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: as festas da Balbanera, en Nebra, este domingo 16, luns 17 e martes 18 de setembro

Balbanera
Toda a información desglosada e con vídeos engadidos no blog de Paco do Martelo, gran valedor destes festexos: http://nebra.blogaliza.org/2012/09/12/festas-da-balbanera-2012/

Vía

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Concello entregou as súas medallas de ouro a dúas mozas deportistas, Ana Peleteiro e María Vilas

  •  Emocionante acto de entrega destes galardóns nun salón de plenos no que non collía unha agulla

Ribeira, 13 de setembro de 2012.- Acostumados a ver como se entregan medallas de ouro e outros títulos simbólicos de Concellos e Administracións a xente de avanzada idade, deu gloria ver onte en Ribeira como o Concello agasallaba coa súa medalla de ouro a dúas rapaciñas novas, dúas campioas en cadanseu deporte: o triple salto (Ana Peleteiro) e a natación (María Vilas).

O salón de plenos do Consistorio quedouse pequeno durante a celebración na tarde de onte do emotivo acto de entrega da Medalla de Ouro do Concello de Riveira ás deportistas Ana Peleteiro Brión e María Vilas Vidal, segundo acordo unánime da Corporación adoptado en sesión plenaria de 30 de xullo de 2012.

Os integrantes dos distintos grupos da Corporación Municipal, os pais e nais das homenaxeadas, o presidente da Federación Galega de Atletismo (Isidoro Hornillos), o vicepresidente da Federación Galega de Natación (Carlos Bremón, o presidente e o adestrador do Club Natación Riveira (José Antonio Prada e Juan Carlos Brión) ou a filla adoptiva Magdalena Bringas son algunhas das numerosas persoas que encheron o salón de sesións neste acto solemne.

Foi o alcalde Manuel Ruiz Rivas quen deu a benvida aos asistentes, a continuación do cal o secretario en funcións do Concello, José Martínez de Llano, leu o acta de outorgamento das medallas a María Vilas e Ana Peleteiro, así como os principais méritos deportivos que distinguen ás condecoradas, ao que se lle intercalou a proxección duns vídeos conmemorativos de cada unha delas.

Acto seguido tivo lugar o acto de entrega das medallas de ouro ademais de sendos diplomas conmemorativos a Peleteiro e Vilas por parte do rexedor municipal.

Tomou a palabra María Vilas para expresar o seu agradecemento por recibir este recoñecemento “de aqueles que me viron medrar, que  seguiron os meus pasos, que sempre estiveron ao meu lado e nunca me negaron o seu apoio”. “Isto é algo que me fai esforzarme aínda máis”, salientou.

Ana Peleteiro tamén se sumou ás palabras de agradecemento e salientou a importancia do premio outorgado polo Concello. “Espero seguirvos dando alegrías o ano que vén e durante moitos anos”, rematou.

Finalmente, Manuel Ruiz lembrou que ata agora na etapa democrática unicamente os irmáns Fran e José Ramón González Pérez foran distinguidos con estas insignias hai unha década.  

O alcalde afirmou que pese á xuventude das condecoradas, xa teñen un palmarés que as fan acredoras a recibir estas medallas e resaltou a importancia de contar co apoio duns pais, familiares, adestradores, clubs e federacións que están por detrás, que saben o valor do deporte e sobre todo saben inculcarlles a forza necesaria cando os resultados ou as lesións non acompañan”. Ruiz Rivas fixo fincapé no talento que caracteriza a ambas deportistas e expresou a esperanza do pobo de Riveira de poder velas competindo nos xogos olímpicos de Río de Xaneiro en 2016.

Queridas Ana e María, levade con orgullo o que todos os ribeirenses quixemos darvos”, concluíu.

12.9.12

Política: presentan unha batería de propostas ecoloxistas para as eleccións do 21O

Barbanza-Noia, 12 de setembro de 2012. As organizacións ADEGA, Amigos da Terra, CEMMA, FEG e SGHN presentaron hoxe en Ourense pdfUn Programa pola Terra. Este documento recolle as propostas do ecoloxismo galego para que os diferentes partidos e coalicións políticas que concorren á vindeira convocatoria electoral, as integren na súa acción de goberno ou de oposición durante a vindeira lexislatura. A amplitude da crise ambiental global, encabezada polo incuestionábel cambio climático, o esgotamento dos recursos naturais e o incremento das desigualdades sociais, é de tal magnitude que precisa -sinalan os propoñentes- dun cambio radical nas políticas desenvolvidas polas administracións.

ProgramaPT2012PRINCIPIOS BÁSICOS:

a) O actual modelo económico e social é inxusto e insustentábel

Calquera proxecto político responsábel debe supeditar o desenvolvemento económico á capacidade dos ecosistemas para anovar os seus recursos naturais e asimilar os impactos ambientais, amais de acadar a xustiza social. A actual crise económico-financeira precisa dunha resposta ecolóxica e solidaria que inicie a transición cara a un novo modelo que non faga depender o benestar social do consumo desbocado de recursos naturais propios e alleos. Unha resposta produtivista agravará a crise ambiental e non mellorará de forma durábel as condicións de vida da cidadanía. A procura da sustentabilidade a escala galega e global debe estar no centro de toda a acción do Goberno galego, o que nunca ten acontecido até hoxe.

Faise necesaria a implantación de políticas ambientais transversais, para integrar a preocupación polo medio ambiente nas políticas das diferentes consellarías, alén do que é competencia directa da Consellaría de Medio Ambiente.

b) É necesario un compromiso de cambio de dimensións estratéxicas

A problemática ambiental é sistémica, polo que para a resolver de forma satisfactoria no seu conxunto é necesario ir alén da aplicación de simples medidas correctoras e encetar unha profunda mudanza do modelo de produción e consumo. Promover a sustentabilidade ecolóxica é moito máis que crear parques naturais, construír depuradoras ou tratar o lixo. Sen unha firme vontade política de reformular o modelo socioeconómico, calquera política ambiental quedará baleira de contido, sexa cal for o programa que a vertebre.

As políticas da Xunta de Galicia deben ter como obxectivo fundamental, mellorar a vida e o benestar das galegas e os galegos cun menor consumo de enerxía e de materiais, apostando polo decrecemento sustentábel baseado na ecoeficiencia, o aforro e a contención.Consideramos de vital importancia non só o compromiso con estes obxectivos e creación de planos e instrumentos, senón tamén o seu seguimento e control, establecendo indicadores e outros medios de supervisión así como a aplicación de procedementos sancionadores exemplares. A Xunta de Galicia ten unha enorme responsabilidade na crecente deterioración do noso territorio e na elevada pegada ecolóxica do noso país, polo que é urxente que asuma un compromiso consistente coa sustentabilidade, como garantía de futuro e dunha vida mellor para o pobo galego e para o resto dos pobos do mundo, así como para o resto dos seres vivos que comparten connosco o planeta.

c) Participación e transparencia non poden quedar só en verbas

A construción dunha democracia participativa (que non limite a participación nos asuntos públicos ás convocatorias electorais) é un requisito necesario para avanzarmos cara á sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social. A participación é un dereito da cidadanía recoñecido na propia Constitución, mais cuxo exercicio vese moi limitado polos poderes públicos, entre eles a Xunta de Galicia. Persisten ademais vicios que degradan gravemente a calidade de vida democrática, como o clientelismo no uso dos fondos públicos, a subordinación a intereses empresariais contrarios ao interese colectivo, a manipulación dos medios de información públicos, a ocultación de información, o baleirado de contido dos limitados mecanismos de participación pública existentes, o abuso da propaganda institucional ou a confusión entre o institucional e o partidario.

En particular, é fundamental mellorar a comunicación e o diálogo entre asociacións e colectivos coa Administración. A transparencia é un deber e como tal, é esixíbel en todos os ámbitos da Administración Pública. Para garantir e facilitar o acceso da sociedade e das ONG á información xerada pola Administración Pública e os procedementos administrativos relacionados con calquera ámbito das actuacións con incidencia medioambiental, débese levar á práctica real a aplicación da transposición do Convenio de Aarhus, particularmente a Lei 27/2006 de acceso á información ambiental.

Por último, diversos documentos relativos ás estratexias de conservación, contemplan o desafío que supón modificar as prácticas sociais para acadar a sustentabilidade e a preservación da biodiversidade. A participación pública da sociedade nos labores de sensibilización social, así como na aplicación das políticas ambientais do Goberno galego, é fundamental para que a sociedade sinta o medio ambiente como algo de seu e non como algo alleo, illado ou diferente de si mesmo. Os colectivos ambientais, como movemento social, somos quen de participar nos diferentes labores de conservación do medio ambiente, através de accións, actuacións de educación ambiental, orientación, voluntariado..., como xeito de canalización da iniciativa cidadá na implicación ambiental.

d) Cumprimento da lexislación ambiental

As administración públicas en xeral e a Xunta de Galicia en particular, deberán ser as primeiras en dar exemplo cumprindo estritamente o espiritu e a letra de toda a lexislación ambiental e garantindo que empresas e cidadáns tamén a cumpran.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este sábado, 15 de setembro, proxección de documentais no Liceo

  • Foron realizados nun curso de documental organizado pola Fundación Otilia Millares que foi coordinado e dirixido polo cineasta noiés Luís Avilés Baquero

Carteles-documental-mov-201

Noia, 12 de setembro de 2012. Este sábado 15 de setembro a partires das 21:00h no salón de actos da Sociedade Liceo terá lugar a presentación e proxección dos traballos documentais feitos polos participantes no "Curso de documental" organizado pola Fundación Otilia Millares e dirixido e coordinado polo cineasta noiés Luis Avilés Baquero.

Pode que tamén lle interese:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical