1.10.12

A Pobra do Caramiñal: denuncian no Congreso de Contracepción o mal estado do centro de saúde local

Media_httpfarm8static_cefuc

O congreso reuniu a especialistas en Obstetricia e Xinecoloxía de Galicia e de España. Na imaxe, camilla para partos nun hospital público galego

A Pobra do Caramiñal, 1 de outubro de 2012. O pasado 29 de setembro de 2012, na última xornada do V Congreso da Sanidade Galega de Contracepción que tivo  lugar no Hospital da Barbanza, no cal participaron especialistas en Obstetricia e Xinecoloxía de tódolos hospitais de Galicia máis algún de Vitoria, Barcelona e Oporto, un dos facultativos participantes nunha das ponencias denunciou o mal estado en que se atopa o Centro de Saúde da Pobra do Caramiñal ante o numeroso público asistente. O mesmo alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, participou nalgunha das ponencias.

Segundo o Psoe pobrense, "as deficiencias máis salientables que vimos denunciando de cotío son: humidades, pintura descorchada tanto nas consultas como en urxencias;  contan con dous baños e case sempre están avariados, limpeza deficiente; falta de auga quente, …. Isto é unha mostra máis do descontento que existe, non só entre os usuarios, senón tamén entre os facultativos que teñen que prestar asistencia sanitaria nun inmoble que non reúne as mínimas condicións de salubridade".

Os Socialistas da Pobra, e tamén o Bng, como xa se publicou en Certo en máis dunha ocasión, levan denunciando o desleixo do centro de saúde dende fai anos sen que o equipo de goberno sexa capaz de cumprir cas necesidades mínimas que demandan os cidadáns. "Este goberno presidido polo popular Isaac Maceiras segue sen querer atender os problemas reais dos veciños", sinala Teresa García, voceira dos socialistas da Pobra.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: "Descalciña pola area" gaña o certame de fotos da campaña "Móllate polo galego"

  • O segundo premio corresponde a unha imaxe con dous nenos do colexio Brea Segade que se enfundaron nunha camisola de "Móllate polo galego"
  • O terceiro premio vai para a imaxe dos azulexos nos que se le "Villa de Rianjo. Partido de Padrón. Provincia de La Coruña" cunha camisola de "Móllate polo galego" como contraste nunha percha
  • Os autores das imaxes terán que escribir a redaccion@certo.es para identificarse e seguir as instrucións para reclamar o premio

 

Rianxo, 1 de outubro de 2012. A deliberación non foi doada. Entre as 87 imaxes que participaban o reparto do xurado, integrado por tres membros dos medios de "Vitaminas para o galego", hai auténticas xoias, ben polo motivo escollido, ben polo esforzo creativo que supuxeron. Pero houbo que decantarse e así queda a resolución final:

PRIMEIRO PREMIO

Media_httpfarm9static_kiivh

Descalciña pola area. O xurado escolleu esta foto polo gran simbolismo que contén. O título da foto é unha frase de todo un himno de celebración, "A Rianxeira", e tamén quere amosar o compromiso da vila de Rianxo pola lingua galega, que aínda hoxe anda "descalciña pola area", polo que hai que mimala e coidala.

O autor ou autora desta imaxe ten dereito a unha noite de aloxamento para dúas persoas na data a escoller deste mes de outubro na casa de turismo rural e agricultura ecolóxica A Pousadoira (http://www.pousadoira.com)

Media_httpfarm9static_ockbb

Entrada de A Pousadoira, en Callobre, Miño. Lugar ideal para coñecer as impresionantes Fragas do Eume

SEGUNDO PREMIO

Media_httpfarm9static_qectm

No Brea Segade mollámonos polo galego. O xurado escolle esta foto pola creatividade e simpatía amosadas, así como polo esforzo demostrado ao rodear o lema central da campaña "Móllate polo galego" de material didáctico na lingua de Rosalía.

Os autores ou autoras desta imaxe teñen dereito a unha tablet doada pola academia de informática Castelao (http://www.infocastelao.es)

Media_httpfarm9static_ijlyg

Informática Castelao (rúa Roxelius 7, baixo, en Rianxo) é tenda de informática e centro de formación

TERCEIRO PREMIO

Media_httpfarm9static_dcrdq

Azulexos na entrada de Rianxo. O xurado escolle esta imaxe pola evidente denuncia que se fai dunha situación que non se deu corrixido en décadas, a pesares da Lei de Toponimia ou mesmo da de Memoria Histórica.

A autora ou autor desta imaxe ten dereito a unha cea para dúas persoas no restaurante O Furancho de Rianxo, situado Tras da Igrexa.

Media_httpfarm9static_lawps

O restaurante O Furancho está detrás da Igrexa en Rianxo


Os medios de Vitaminas para o galego agradecen, unha vez máis, o patrocinio do Concello de Rianxo para esta campaña, así como a colaboración de A Pousadoira, Informática Castelao e O Furancho. Tamén queremos salientar a alta participación de concursantes, aos que felicitamos polo seu inxenio e pola promoción tan destacada da vila de Rianxo e das súas belezas.

Que é Vitaminas para o Galego?

Vitaminas para o Galego, impulsada dende un inicio por Galicia Confidencial, Tempos Novos, Radiofusión, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Miñor.info e Quepasanacosta, conta xa con 25 medios asociados, pois as devanditas cabeceiras se lles uniron con posterioridade Certo xornal dixital de Barbanza e Noia, Osil.info de Valdeorras, Crónica3 da Mariña Lucense, Radio Nordés (Cadena Ser Costa da Morte), Terra Chá.Xa, Crónicas da Comarca (Arzúa – Melide), a revista de surf SurfGZ, Cadernos de Comunicación e Análise; O periódico de Lalín e Comarca; Hermes e Atenea, xornal en galego de deporte e cultura; Disquecool, o medio de tendencias made in Galicia; o xornal De Luns a Venres; Cabozo, a rede social galega; a rede de blogues Vencello; Cartafol, a revista multimedia para Ipad; A Nova Peneira, o xornal Compás da Costa; o programa radiofónico Plástico Elástico e os mensuais Gaceta de Fene e Cerne, xornal da terra de Melide.

O obxectivo global da campaña, comezada a principios de ano, é “sensibilizar sobre a necesidade de que haxa medios de comunicación en galego para garantir a transmisión interxeracional”, ademais da “procura de recursos económicos para axudar á supervivencia dos medios”.

Toda a información en Vitaminasparaogalego.gl

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Infraestruturas: o repintado da autovía do Barbanza farase dende este martes, 2, ata o xoves 11 de outubro

  • As tarefas obrigan a realizar cortes dun carril no tronco da autovía, deixando en todo momento un carril habilitado para a circulación en cada sentido
  • Manterase informados os usuarios mediante os paneis de mensaxería variable
Media_httpfarm4static_xzpor

Barbanza, 1 de outubro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas procederá a repintar parte das marcas viarias da Autovía do Barbanza (AG-11). Concretamente, repintaranse os treitos nos que o resultado das auscultacións realizadas así o aconsellan. Esta actuación levarase a cabo desde este martes, día 2 de outubro, ata o xoves día 11.

Para realizar o repintado das liñas do eixo e beiravía esquerda, así coma o dos símbolos do carril esquerdo de ambas calzadas, é necesario executar cortes do carril interior do tronco da autovía, de lonxitude aproximada 5 quilómetros, deixando, en todo momento, o carril exterior habilitado para a circulación en cada sentido.

Nos labores de repintado das marcas do carril dereito de ambas calzadas realizarase un corte na zona de cada símbolo a repintar. Mentres que para facer o dos ramais, glorietas e sinais dos enlaces non será necesario realizar ningún corte, xa que se empregará sinalización de obras e regularase o tráfico mediante sinalistas.

A Xunta lembra que durante o tempo que se produzan estas afeccións ao tráfico, manteranse informados os usuarios mediante os paneis de mensaxería variable.

As datas aproximadas nas que se repintará a autovía AG-11 son as seguintes:

Calzada dereita: 3 e 4 de outubro

Calzada esquerda: 8 e 9 outubro

Ramais, glorietas e simboloxía: 2, 5, 10 e 11 de outubro





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sociedade: Ámbar celebrou o seu 30 aniversario cun xantar de fraternidade

  • A conselleira en funcións e número 1 do PP pola provincia nas listas electorais do 21 de outubro, Beatriz Mato, aproveitou o acto para facer electoralismo ao falar do Plan de Acción Integral para persoas con discapacidade e da Lei de Accesibilidade.

[[posterous-content:pid___0]]
Foto: Xunta de Galicia

A Pobra do Caramiñal, 1 de outubro de 2012.- O trinta aniversario da asociación AMBAR para persoas con diversidade funcional celebrouse onte por todo o alto no Pazo Torre de Xunqueiras, cun xantar de confraternidade no que non faltaron autoridades como a titular en funcións da Consellería de Traballo e Benestar. Beatriz Mato felicitou á asociación polo labor desempeñado ao longo destes trinta anos e destacou “o importante esforzo e traballo que fai esta asociación para que a comarca do Barbanza sexa máis igualitaria, máis inclusiva e máis integradora”. A conselleira en funcións, número 1 do PP pola provincia da Coruña, aproveitou para facer un pouco de electoralismo cos alí congregados, como vén sendo xa habitual no goberno de Núñez Feijóo, ao que xa tivo que apercibir a Xunta Electoral en cinco ocasións por estas actitudes.

Segundo a propia nota da Xunta, Beatriz Mato "salientou a importancia de que as políticas sociais sigan sempre a senda da colaboración e o diálogo, e, por iso, destacou que a Consellería de Traballo e Benestar puxo en marcha o Plan de Acción Integral para as persoas con discapacidade, que establece unha estratexia transversal na que participan todos os departamentos da Xunta e que, ante todo, é un documento de consenso. Para finalizar, Mato fixo referencia ao desenvolvemento da Lei de Accesibilidade, un novo texto legal que actualiza a normativa anterior, adecuándoa á realidade e ás necesidades actuais das persoas con discapacidade". 



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

30.9.12

Porto do Son: este martes, 2 de outubro, "A educación pública en perigo", charla do Psoe

Pode que tamén lle interese:

 





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: este martes, 2 de outubro, "A educación pública en perigo", charla do Psoe

Charla_porto_son

Pode que tamén lle interese:

 





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Educación: o IES Leliadoura de Ribeira comeza paros este luns, 1 de outubro, por falta de equipamentos informáticos

Media_httpfarm8static_jgdzg

Alumnos do Leliadoura de viaxe cultural a París o pasado curso

Ribeira, 30 de setembro de 2012. Como xa contamos no seu día en Certo, o instituto Leliadoura non comezou "normalmente" o curso como fachendeaba o conselleiro de Educación e candidato número 1 por Ourense polo Partido Popular, Jesús Vázquez Abad. Aumentou a súa matrícula de 20 a 30 alumnos en determinados ciclos nos que fan falla alomenos un ordenador por alumno e, a día de hoxe, seguen sen contar con eles, logo de varios escritos á Consellería. Ante a falta de resposta, a directiva do IES, dacordo co claustro, decidiu comezar con medidas de presión. A primeira delas serán os paros antes da hora do recreo, como indican no seu último escrito ao departamento que dirixe o popular Vázquez Abad, agora en funcións.

Texto íntegro:

ESCRITO_DO_CLAUSTRO_PARA_A_CONSELLERIA.doc Download this file

Antes, en Certo:


Recortes Educación: o Leliadoura sen ordenadores abondo para os ciclos

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sociedade: "Stop Desahucios Barbanza" logrou paralizar dúas poxas de vivendas de familias de Boiro e Ribeira

Media_httpfarm3static_jucfs

Ribeira, 30 de setembro de 2012. A plataforma "Stop Desahucios del Barbanza" reuniuse o pasado venres 29 nos locais do Liceo Marítimo para pór de manifesto a demanda dunha maior sensibilidade por parte da clase política para evitar que siga a acontecer en España que, tan só nos últimos catro anos, unhas 400.000 familias perdesen a súa vivenda, namentres os bancos, que non se dan cheo de cartos públicos que lles aporta o goberno de turno, teñen no seu poder tres millóns de vivendas baleiras. Inda por enriba, salientouse que neste país xa non queda xulgado non que non haxa cada pouco unha poxa ou orden de desafiuzamento, unha situación que medra a un ritmo xa superior aos 500 diarios. Segundo os informes de Afectados por la hipoteca (sé de Barcelona), en 2012 remataremos con máis de 180.000 desafiuzamentos, feito que os reunidos en Ribeira consideraron insoportable e ante o que ninguén pode ser indiferente.


Renegociacións para dúas familias, unha de Boiro e outra de Ribeira

Na reunión estiveron presentes dúas familias afectadas pola hipoteca, unha de Ribeira e outra de Boiro, que trasladaron aos presentes a súa situación e o desamparo no que se atopan como consecuencia da falta de protección da Lei Hipotecaria e da Lei de Enxuizamento Civil. Deron as grazas á Plataforma, a cal, unha vez posta en contacto con eles viron a luz e medraron as súas esperanzas. Houbo momentos de emoción entre as familias, principalmente entre un xove matrimonio que ten varios meniños. Esta próxima semana salirán a subasta as vivendas no xulgado de Ribeira: unha delas o luns, 1 de outubro, mañá mesmo, e outra o xoves día 4, a través de Bankia e Novagalicia banco. Polo momento chegouse a un principio de acordo para que as vivendas sigan en posesión das mesmas familiar e logo poder refinanciar as hipotecas, cunha rebaixa das cotas e un aumento dos prazos de amortización.  

   A Plataforma "Stop Desahucios" comentou que "el objetivo fundamental es la de ayudar, de manera gratuita, desinteresada y voluntaria, a los vecinos y familias de la Comarca del Barbanza que lo soliciten para garantizarles el derecho constitucional a una vivienda digna. No se trata de que le "regalen" una vivienda  a una familia sino que la compra de la misma no suponga una carga insoportable que les pueda llevar a un desahucio". Agradeceron a colaboración dos veciños da Comarca da Barbanza "en la campaña de recogida de firmas para la presentación de la Iniciativa Legislativa Popular, (más de 1.500 en la Comarca), que finaliza este 31 de octubre y que luego se presentará en el Congreso de los Diputados para regular la dación en pago, paralizar los desahucios y regular el alquiler social".   

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

28.9.12

Lousame: o candidato do Psoe, conselleiro de Medio Ambiente no pasado, di agora apostar pola reciclaxe

Media_httpfarm6static_dfjji

Lousame, 28 de setembro de 2012. O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, asegurou hoxe a súa aposta pola reciclaxe, redución e reutilización do lixo, fronte ao Plan de Residuos do PP “que só pensa na incineración”. Así o dixo nunha visita á planta de residuos da Mancomunidade de Concellos do Barbanza, en Servia, lugar de Lousame.

Vázquez comprometeuse a que se os socialistas teñen responsabilidades de goberno, Galicia voltará ter "unha auténtica política de xestión de residuos". Afondou na necesidade de “plantarlle cara á proposta antimedioambiental do Goberno do PP”, un Plan de Residuos “que só pensa na incineración”.

“Seguir apostando pola incineración é renunciar á protección medioambiental de Galicia”, apuntou Vázquez, para proclamar “alto e claro” que “os socialistas non apoiamos as políticas de incineración do Goberno galego”.

Expresou ademais a súa desconfianza ante a renuncia do PP a construír a planta de incineración do sur no concello do Irixo, xusto uns días despois de que o candidato socialista se comprometese por escrito a non construíla se chega á presidencia da Xunta.

“Se teño a responsabilidade de gobernar na vindeira lexislatura, Galicia volverá ter unha auténtica política de xestión de residuos”, afirmou o líder socialista, quen se comprometeu a reunirse con colectivos e asociacións medioambientais para modificar o plan de residuos do PP, o cal curiosamente, criticou no pasado por ser unha mala copia do seu.

Pachi Vázquez puxo á planta de Lousame como exemplo do modelo de recollida selectiva e tratamento de residuos orgánicos que os socialistas din defender. Dixo que “é unha mostra de que cando se quere apostar polo medio ambiente, pódese” xa que “é a que ten o mellor aproveitamento de residuos de toda España, e tivo que facerlle fronte ao Goberno do PP, que non aposta por este sistema”.

Nesta visita, Pachi Vázquez estivo acompañado do cabeza de lista por A Coruña, Francisco Caamaño, o alcalde de Brión e vicepresidente da Mancomunidade do Barbanza, Jose Luis García, e a candidata da comarca, Josefa Hermo, a portavoz de Medio Ambiente do Parlamento Galego, Carmen Gallego, e a da Executiva do PSdeG, Susana Bayo.

Pachi Vázquez non seguiu esta política que pide agora cando era responsable de Sogama

Pachi Vázquez foi, como conselleiro de Medio Ambiente no anterior goberno da Xunta, un dos máximos responsables de Sogama. O bipartito fixo -non se chegou a aprobar- unha Lei de Residuos que non rachaba co modelo da incineración, pois estaba previsto aplicala ata o 2017 e inda neste último ano 17, Sogama na planta de Cerceda queimaría o 30% dos residuos urbanos. Nas contendas co PP, Pachi Vázquez chegaría incluso a ser acusado durante a súa xestión como conselleiro de irregularidades na planta de Cerceda, como o soterramento de residuos non autorizados ou a falta de tratamento doutros, acusacións todas elas que quedaron en nada. Tamén apostaba o ex-conselleiro e agora candidato á presidencia, por unha nova planta en Carballeda de Avia. Igualiño que o PP agora coa planta que tivo que achantar do Irixo.

Nesta comparecencia non aclarou que ía pasar con Sogama, a cal é partidario de privatizar -a Xunta ten o 51% agora mesmo- nin se van facer os socialistas máis plantas como a de Servia, que tivo serios problemas e incluso ameaza de peche porque varios concellos -entre eles o de Ames, en mans do Psoe na lexislatura anterior- non pagaban o acordado. Tampouco se falou do custe deste sistema, moito máis ecolóxico e beneficioso para o medio ambiente, pero tamén moito máis caro que a desastrosa incineración. Como referencia, os técnicos din que de Sogama, en Cerceda, recíclanse apenas o 2% dos residuos que entran, fronte ao 60-70% de aproveitamento da planta de Servia en Lousame.

O modelo lóxico ten que implicar aos concellos

Non é de recibo que un só concello de Galicia se convirta no vertedoiro dos outros 314. Tampouco é normal que non traballen as administracións -grandes e pequenas- en accións de redución do lixo, dándolle prioridade aos sistemas de contedores e recollida selectiva. Ten que haber plantas comarcais como a de Lousame (traballa para nove concellos) e mancomunidades de xestión que funcionen. Só así se poden aforrar custes e incrementar a operatividade. E incluso, como algún alcalde implicado na posta en marcha da planta de Lousame xa pensou, ten que haber I+D+I aplicado ao reciclaxe, coa posibilidade de facer cartos co que antes era lixo -abonos, compost, liñas de produtos plásticos e de cartón reciclados, etc-. E todo iso supervisado por un ente público, para evitar crear as mafias que xorden cada pouco arredor do lixo en calquera lado, tamén nesta civilizada Europa.

corte lousame Pachi Vázquez.mp3 Listen on Posterous

Pachi_vzquez_en_lousame

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: as xornadas polo Bicentenario do poeta Añón en Outes van do 6 ao 8 de outubro

Xornadas

Outes, 28 de setembro de 2012. O bicentenario do poeta Añón non só leva aparellado o congreso que terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago o 4 e 5 de outubro senón que, a renglón seguido, será homenaxeado na súa terra natal con tres xornadas conmemorativas. No programa, que se detalla a continuación, hai varias estreas, dende poemas musicados con letra do afouto bardo outiense ata un libro que escribiu sobre el, dous séculos despois, o seu veciño Ramón Blanco.

Sábado, 6 de outubro

11.00 h. : Estrea dos poemas musicados :

  • Grupo de metais Onde brass?? “Amor apresurado”. Letra F. Añón

Música: Suso Baamonde. Arranxos: M. Blanco. Voz solista: Ludmila P. Sánchez.

  • Banda municipal de música de Outes. “A Sabeliña”. Letra F. Añón

Música: Manuel Blanco. Dirección M. Blanco. Voz solista: Ludmila P. Sánchez.

  • Coral Francisco Añón de Outes. “O recordo”. Letra F. Añón

Música: Domingo Barreiro. Dirección: Domingo Barreiro.

  • Coral O Peirao de O Freixo. “Epigrama”. Letra F. Añón

Música: Domingo Barreiro. Dirección: Domingo Barreiro.

  • Coral Solpor de O Freixo. “Diante da Torre de Hércules”. Letra F. Añón

Música: Domingo Barreiro. Dirección: Domingo Barreiro.

16.30 h. Inauguración da exposición de pinturas dos escolares de Outes .

17.00 h. Recital poético.

18.00 h. Entrega dos premios de pintura.

18.30 h. Representación de “El borracho y el eco”, de F. Añón, polo clube de lectura de S. Lourenzo.

19.00 h. Presentación do libro:“Poesías galegas de Añón”. Con Domingos Campos Alborés. Mestre e escritor.

19.30 h.  Actuación musical: Xastre. Que dirán? . Letra e Música: Xastre

Domingo, 7 de outubro

11.00 h. Presentación da revista Terra de Outes adicada ao poeta Añón.

11.30 h. Proxección do documental : Añón na Memoria.

Autores: Juan Silva e Óscar Sendón.

12.00 h. Presentación do libro: “Vida e obra de Francisco Añón”. Con Xesús Laíño, presidente da A.C. Barbantia e Ramón Blanco, autor do libro.

 

12.30 h. Actuación musical: Enrique Martínez e Domingo Barreiro. “A Galicia.”

Letra F. Añón e Música: Prudencio Romo.

 

Martes, 9 de outubro

11.00 h. Inauguración da placa conmemorativa do bicentenario, no paseo do Tins.

11.30 h. Acto de entrega do retrato de Añón, polo pintor Alfonso Costa.

12.00 h. Acto co Presidente da R. Academia Galega, D. Xosé L. Méndez Ferrín.

12.30 h. Ofrenda floral a Añón, diante do seu monumento.

NOTA: Todos os actos, agás a ofrenda floral e o descubrimento da placa conmemorativa terán lugar na Casa da Cultura da Serra. A asistencia ás xornadas conmemortativas dos días 6 e 7 de outubro é libre. Para asistir ao acto solemne do martes día 9, é preciso presentar invitación. Esta pódese recoller na Casa da Cultura da Serra ata que se esgoten.

Relacionada:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical