17.3.11

Noia: o venres 15 de abril, xornada sobre o cánabo, con información e debate


A xornada terá lugar na casa da cultura "Avilés de Taramancos". Ata 90 persoas
   
Noia, 17 de marzo de 2011. A concellería de Saúde de Noia organiza para o vindeiro mes de abril, o venres 15, unha xornada de reflexión e debate sobre o consumo de cánabo. Promove o Plan Comarcal de Prevención de Drogodendencias e colaboran os
concellos de Noia, Outes, Porto do Son, Lousame e Muros.

O programa desta xornada é o que segue:

9:00 – 9:30 Recollida de documentación.
9:30 – 10:00 Inauguración oficial.

Ponencias:

10:00 – 10:30. Situación actual do consumo de cánabo. Implicacións xurídicas. A cargo dun xuíz ou fiscal.


Flickr de prensa420

10:30 – 11:00 Visión dos consumidores de cánabo. Propietarios de Grow-Shop. Educador da Asociación Lazos Pro-Solidariedade.

11:00 – 11:15 Debate.

11:15 – 11:30 Descanso.

11:30 – 12:00 Repercusión do miudeo de cánabo no narcotráfico. Representante da Garda Civil.

12:00 – 12:30 Repercusións do consumo de cánabo a nivel individual e familiar.
Juan Luis González. Psicólogo. UAD Concello de Pontevedra.

12:30 – 13:00 Visión do consumo de cánabo desde punto de vista escolar. Orientadoras escolaresou  representantes de centros escolares.

13:30 – 14:00 Debate.

14:00 – 16:00 Descanso.

16:00 – 16:30 Como abordar o consumo dende a comunidade. Representante da Fundación Galega contra o Narcotráfico.

16:30 – 18:00 Grupos de traballo para a elaboración do documento: “Recomendacións ante o consumo de cánabo”.

18:00 – 18:15 Descanso.

18:15 – 19:00 Posta en común do documento e debate. Conclusións.
David Saavedra Pino. Técnico de Prevención de Drogodependencias Noia-Muros.
Fin da xornada.


Información e inscricións:

Plan Comarcal de Prevención de Drogodependencias Noia-Muros.
Tlf.: 609.82.31.34
infodrogas@gmail.com

Máis información:
http://prevenciondrogodependencias.blogspot.com/
http://www.facebook.com/pages/Sa%C3%BAde-Noia/136351633085066

Solicitado reconocimiento de interese sanitario pola Consellería de Sanidade.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: este venres 18, concerto de Desalojo, o último en Galicia por un tempo

<iframe src="http://player.vimeo.com/video/21014768" width="600" height="338" frameborder="0"></iframe>

A Pobra do Caramiñal, 17 de marzo de 2011. Este venres 18, a banda de rock Desalojo, da Pobra, dará un concerto na sala Gran Vía. A entrada custa 4 euros en venta anticipada e cinco en taquilla. Os puntos de venta están en Olimpo e Carpe Diem. O concerto escomeza ás 22:30 e o grupo prevé presentar temas do seu primeiro disco. Aseguran que será o último concerto en Galicia durante unha tempada.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o PP deu unha charla coa súa versión sobre a nova Lei de Augas

Dscn8479

A Pobra do Caramiñal, 17 de marzo de 2011. Este martes, día 15, nun auditorio do ISM totalmente abarrotado de xente, tivo lugar, por parte do Presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, a aclaración ás dúbidas que a Lei de Augas de Galicia suscitara en parte da poboación "e que os grupos políticos como o PSOE ou o BNG alentaran en diversos foros públicos", informan dende a alcaldía, do PP, da Pobra.

     Entre as afirmacións feitas polo Presidente de Augas de Galicia salientan as seguintes:

         1. A Lei de Augas non crea novos tributos, o que fai é cambiar de nome ao actual canon de saneamento que pasará a chamarse canon da auga.
         2. Os pozos particulares non pagarán canon da auga.
         3. Tamén quedan exentos do pagamento do canon os usos agrarios, gandeiros e forestais.
         4. As comunidades de usuarios terán un 90% de bonificación.
         5. A lei non obriga á instalación de contadores. Quen non dispoña deles poderá acollerse a outros sistemas de estimación obxectiva.

     Posteriormente abriuse unha quenda de preguntas na cal "quedou claro que a Lei de Augas de Galicia non obrigará á instalación de contadores nin ao pago do canon por parte dos propietarios de pozos", reiteran dende o Partido Popular pobrense, que se une así á ofensiva mediática e publicitaria da Xunta de Galicia sobre esta controvertida lexislación.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Medio Ambiente: Xuventudes Socialistas da Pobra declárase antinuclear

Media_httpfarm5static_gfvkq

Flickr de alvaro tapia hidalgo

A Pobra do Caramiñal, 17 de marzo de 2011. O responsable da área de Medio Ambiente de Xuventudes Socialistas da Pobra, Manuel Gude, explicou hoxe en nota de prensa a posición desta formación sobre o actual debate sobre a enerxía nuclear, logo do que está a acontecer no Xapón.

Como é habitual en Certo, reproducimos íntegra a nota:

"Se por algo se caracteriza o ser humano é por aprender dos fallos e catástofres acontecidas. O desastre nuclear de Xapón debe servir de estímulo para cambiar un debate que leva moito tempo en discusión, entre defensores e detractores da enerxía nuclear.

Os defensores da enerxía nuclear quédanse sen argumentos para defender esta enerxía, aínda que non dubido en que estes non se van a agochar pese a que Merkel, a máxima defensora das nucleares en Europa, xunto con Francia, xa estea dando marcha atrás. Dicían que o risco dunha fusión no reactor nuclear era “cero”, xa que eran seguras. Unha vez máis a nai terra demostrou o contrario: que nunca hai risco cero.

Cando foi da catástrofe de Chernobil aprendeuse que unha central nuclear necesita dunha protección específica para evitar incidentes. Pensouse que esa coraza era indestrutible, pero esquecéronse que a natureza é a única que ten a última palabra.

Outro dos argumentos que poñían enriba da mesa era que coas nucleares non teríamos que depender doutros. Eu sempre me preguntei: onde temos nós minas de Uranio enriquecido?

 O problema de fondo desta catástrofe non son os millóns perdidos nunha infraestrutura carísima: son os danos as persoas e natureza. Íso é o máis importante de todo e parece que algunha vez esquecémonos  desto.

Para os defensores da nuclear que me poidan dicir que coas renovables non se pode vivir, eu dígolles que é mentira,  aínda que unicamente con renovables non poderíamos vivir co mesmo nível de vida hoxe en día debido o gasto enorme de electricidade na actualidade e debido tamén que aínda non hai tanta potencia instalada.

Apretar o cinto e aprender dos erros

Aquí entramos a xuventude, que nisto temos moito que dicir. Os próximos anos serán duros, xa que a realidade é que cada vez hai menos petróleo e este cada vez está máis caro. O que nos toca a todos é apretar o cinto no que se refire a aforro enerxético, aprender dos erros cometidos e non defender unha causa que trae consecuencias terribles  para a Humanidade". 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: a Consellería de Mar convoca dez permisos para mariscadoras a pé na confraría

Media_httpfarm5static_nrsvr

A Pobra do Caramiñal, 17 de marzo de 2011.- A Consellería do Mar outorgará 10 permisos de explotación para os mariscadores a pé da Confraría da Pobra do Caramiñal. Estes novos permisos súmanse aos 127 pérmex para mariscadores a pé vixentes nesta confraría. Cabe lembrar que a día de hoxe existen 9 vacantes e a Confraría poderá solicitar a súa cobertura ao longo deste ano.

Para poder optar aos permisos de explotación, os solicitantes deben cumprir os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, modificado polo Decreto 114/2007, de 31 de maio e presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende hoxe. As solicitudes presentaranse no rexistro do Departamento Territorial da Consellería do Mar na Coruña ou en calquera rexistro público que teña convenio coa Xunta. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración.

Con estes 10 novos pérmex, o departamento que dirixe Rosa Quintana pón de manifesto a súa aposta pola xeración de actividade e o incremento dos postos de traballo para a incorporación de xente nova, especialmente no contexto de crise económica actual. Cabe lembrar que, con estes 10 pérmex, no que levamos de ano a Consellería do Mar convocou 68 novos permisos de explotación para mariscadores e percebeiros a pé na provincia da Coruña. Todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sostibilidade dos recursos e criterios socieconómicos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

16.3.11

Rianxo: Adolfo Muíños (Bng) afirma na súa presentación que quere mudar "non só de persoas, senón de políticas" o goberno municipal

Media_httpfarm6static_pzlqc

Rianxo, 16 de marzo de 2011.- O cabeza de lista e candidato á alcaldía de Rianxo, Adolfo Muíños, asegurou que “o BNG quere ser a forza de goberno en Rianxo, para mudar non só as persoas senón as políticas que se veñen aplicando no noso concello”. Sinalou isto na súa presentación oficial, onde o apoiou o líder do Bng, Guillerme Vázquez. 

Entre os obxectivos do Bng están un PXOM ao servizo dos que viven en Rianxo, centro de día, apoio aos sectores produtivos e achegamento ás parroquias. O candidato do BNG criticou que “despois de 25 anos atascado, Rianxo aínda non conta cun Plan Xeral de Ordenación Municipal”. A este respeito, salientou que “nos queremos modificar o urbanismo que se ven facendo no noso concello, para poñelo ao servizo dos que viven e queren vivir en Rianxo”. 

Outro punto básico do BNG é o potenciamento dos servizos de benestar. Adolfo Muíños lembrou que “carecemos de servizos tan básicos para as persoas maiores como un centro de día”. 

Ademais, comprometeuse a poñer en marcha unha rede de actuacións culturais descentralizada que chegue a todas as parroquias, “algo que tamén queremos estender a outras actuacións do concello”. 

Mantemento do servizo de urxencias

Do mesmo xeito, Adolfo Muíños criticou a política de recortes sociais que o Partido Popular está a aplicar dende a Xunta de Galicia. Neste sentido, anunciou que “comprométome a defender o mantemento do servizo de urxencias no Centro de Saúde”. 

Por último, o candidato do BNG anunciou “unha estratexia para defender os sectores produtivos básicos, como o mar, así como favorecer a instalación de empresas no polígono a través dun viveiro para emprendedores, todo co obxectivo de que a nosa mocidade non teña que marchar fóra para atopar un traballo”.

Incompetencia da Xunta, dixo Guillerme Vázquez

Pola súa banda, o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez afirmou hoxe na Casa da Cultura de Rianxo que o nacionalismo galego é a garantía de que o PP “non traslade a súa incompetencia demostrada na Xunta de Galiza aos concellos do País, tal e como ameazan que queren facer”.

O líder nacionalista botou en cara ao PP a súa nula xestión en defensa dos sectores básicos do País e así ironizou perguntando “alguén sabe onde está a Conselleira do Mar para defender a nosa frota pesqueira e ás nosas mariscadoras?”
O líder nacionalista defendeu que a chave para criar emprego na Galiza pasa “por respaldar os sectores produtivos, tal e como fai o BNG alí onde goberna".

“Somos unha forza política en ascenso porque cada día hai máis galegas e galegos que entenden que as forzas políticas estatais non teñen nada que ofrecer a Galiza”, afirmou.

"Somos a alternativa real ás políticas antisociais que promoven o PP desde o Goberno galego e o PSOE desde o Goberno do Estado, pero temos tamén un balance contrastado de Goberno, temos demostrado alí onde gobernamos que poñemos os concellos ao servizo das maiorías sociais e non dos poderosos".

Na súa intervención, o líder do BNG incidiu en que “cada día máis xente ten claro que o futuro de Galiza pasa por apostar por ser ela mesma e por unha forza política propia do País, pola única forza política que ten o seu centro de decisión en Galiza. Non podemos continuar baixo o goberno de forzas políticas que non deciden aquí, senón en Madrid".

"Con imaxinación e con iniciativa, é perfectamente posíbel que os concellos sexan axentes dinamizadores da economía. Iso é o que están a agardar de nós os cidadáns", continuou o líder do BNG.

"Os concellos non son para os nacionalistas células ailladas,senón que fan parte dun todo chamado Galiza. Temos un modelo territorial propio e alternativo ao das forzas políticas estatais. Un modelo que pasa pola supresión das Deputacións e pola comarcalización e constitución de áreas metropolitanas", concluíu.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: inauguran este xoves 17 a mostra fotográfica "Árbores singulares nas parroquias do Concello de Boiro"

Realizada por Olláparo e relacionada co proxecto de apadriñar árbores para repoboar con autóctonas varias áreas do municipio.

Boiro, 16 de marzo de 2011. Este xoves 17, ás oito da tarde, no Centro Social, terá lugar a inauguración da exposición “Árbores singulares nas parroquias do Concello de Boiro”, composta por 50 imaxes singulares do municipio.

Esta actividade organizouse desde a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Boiro, en colaboración co colectivo Boiroverde e coas asociacións veciñais das parroquias, que foron as encargadas de realizar as saídas para coñecer as árbores e proporcionar información das especies arbóreas singulares de cada parroquia. Das fotografías encargouse o Colectivo Olláparo.

O Alcalde, Xosé Deira Triñanes, presidirá a inauguración, na que terán especial protagonismo as asociacións veciñais e os integrantes do colectivo Boiroverde. A exposición estará no Centro Social ata o dia 31 de Marzo no horario habitual da sala (de 10 a 14h e de 16 a 21.00h).

Apadriña unha árbore

O venres 18 terá a presentación dun proxecto promovido pola Concellería de Medio Rural, en colaboración co Departamento Municipal de Medio Ambiente e co colectivo Boiroverde, denominado “Apadriñamento dunha árbore”. Asistirá o Alcalde, Xosé Deira; o Concelleiro de Medio Rural, Xoán León, e outros membros do equipo de goberno, así como as primeiros pais e nais de familia que participan nesta iniciativa, e que prantarán nesta zona os primeiros árbores.

Xoán León adiantouno neste vídeo:

Tamén che pode interesar:


Música: venres 18, clase de improvisación con Logan Richardson


Aniversario: Aturuxo celébrao ao grande o 25 e 26

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Concello manda esta semana 300 dvd´s da campaña "Libre" a locais de hostalería e colectivos

Presentacin_auditorio_campaa_l

Para sensibilizar sobre non coller o coche cando se consume alcol 

Ribeira, 16 de marzo de 2011.- As Concellerías de Cultura e de Xuventude do Concello están inmersas nestes intres nas tarefas de difusión da campaña “LIBRE. Libre de Alcol, Libre de Preocupacións” que promove a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Con tal motivo, esta semana serán enviados máis de 300 DVDs pertencentes a esta campaña (acompañados das cartas explicativas correspondentes) a outros tantos colectivos ou entidades ribeirenses aos que, por unha ou outra razón, lles pode resultar interesante a mensaxe transmitida a través desta iniciativa, coa que se pretende sensibilizar á mocidade para que non consuma alcol durante o tempo de ocio se logo vai conducir e se designe un condutor alternativo para coller o volante. 

Entre os contidos da gravación hai un vídeoclip do tema “Flores en la Carretera”, pertencente ao álbum homónimo de Jabon Blue, con localizacións en distintas paraxes da comarca e colaboración do actor Manuel Manquiña e do compositor Luis Cobos. Tamén contén esta mesma canción en formato audio e versión karaoke do videoclip, ademais doutras opcións. 

Locais hostaleiros

150 dos DVDs serán enviados a outros tantos locais hostaleiros e de ocio do municipio, co obxectivo de que a canción ou o vídeoclip sexan emitidos durante as horas de afluencia de clientes e, a poder ser, antes do peche do establecemento. Para esta acción cóntase coa colaboración da Asociación de Empresarios de Ribeira. 

Ademais, unha quincena de copias irán destinados a cada un dos centros de ensino de Primaria e Secundaria que hai no termo municipal a fin de facer chegar o mensaxe de “LIBRE” ao alumnado e incluso para que poida ser utilizado en actividades, charlas, etc... Outros 150 serán repartidos entre ANPAs, ONGs, asociacións culturais, sociais, recreativas e veciñais que teñen a súa sede en Riveira, para difusión entre os socios. 

Cabe lembrar que a presentación en Ribeira desta campaña tivo lugar o pasado 2 de marzo no Auditorio Municipal, con presenza duns 200 estudantes de ESO e Secundaria e miniconcerto acústico de Javi Maneiro e Kuervo, vocalista e guitarrista de Jabon Blue respectivamente.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: o Sálvora declarouse xa campión en categoría infantil

Foto_infantiles_2

Ribeira, 16 de marzo de 2011. Tras derrotar ao Porto do Son por 2-3, o equipo Infantil do Sálvora proclamouse Campión de Liga do Grupo 8 de Segunda Autonómica, cando todavía restan 3 xornadas para a súa finalización.


Nunha traxectoría polo de agora impecable, con 128 goles a favor e 10 en contra, os rapaces adestrados por Artola e Fernando suman todos os seus partidos por victorias.


O equipo infantil do Sálvora está formado por: Alvaro, Iago, Diego, Matías, Nacho, Dieste, Josemi, Monteagudo, Sampayo, Ramón, Marcos, Graña, Jonathan, Miguel, Dani, Lustres, Lijó y Juanjo.
 
Este campionato únese ó conseguido na Categoría Benxamín e Alevín a pasada semana polos equipos do clube.
 
Relacionada:


Ribeira: xa abriu o prazo de inscrición para a Copa Sálvora. O campionato é en xuño


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: crean un colectivo para que se remate a escolleira da Ría, convertíndoa no porto de Noia e de Compostela

Este colectivo, do que aínda non se coñece quen está detrás, pretende que esta escolleira se convirta en porto, fronte á rexeneración da Ría que quere facer o Ministerio de Medio Ambiente, que prevé sacala case toda

Noia, 16 de marzo de 2011. Un grupo de homes e mulleres de Noia vén de constituir o Colectivo Escolleira, "que ten coma fin o remate desta infraestrutura para convertela no porto de Noia, a recuperación da Praia urbana de Labarta e a planificación da futura rexeneración integral, recuperando o papel que o mar de Noia e debe ter para o futuro desta vila", explican hoxe en nota de prensa.

Esta asociación busca recobrar "o papel que nunca debeu perder Noia, convertíndoa ademais no verdadeiro Portus Apostoli, no porto de Compostela tal e como demandaron os axentes sociais da vila no seu día". 

Para o Colectivo Escolleira, "longo é o debate sobre o papel da escolleira no camiño da rexeneración da ría de Noia: Colectivo Escolleira defende o papel desta, xa que é o único sitio do inmenso lamagal que é a ría onde se pode atopar vida animal, ademais de ser unha infraestructura clave para o porto de Noia máxima logo da aprobación definitiva da ponte sobre da ría". 

Nos próximos días, este colectivo irá dándose a coñecer entre a veciñanza, asociacións e partidos políticos. Mentres tanto, para poñerse en contacto con eles ou adherirse ao colectivo, só hai que enviar un correo ao seguinte enderezo electrónico: colectivoescolleira@gmail.com.

Hoxe mesmo, na Ría de Muros e Noia:

Manifestación espontánea na Ría ante a chegada de barcos para poñer gaiolas de salmón ás que se opoñen as xentes do mar

Anteriormente en Certo:


Política: o Bng di que sacar a escolleira é "unha operación estética"


Rexeneración da Ría: máis preto, trala reversión de 224.000 m2

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical