18.3.11

Ribeira: o alcaldable socialista reuniuse con representantes da confraría de Aguiño

Media_httpfarm3static_zhtvb

Ribeira, 18 de marzo de 2011.
O candidato do PSdeG á alcaldía, Andrés Fariña, mantivo esta tarde unha reunión con representantes da confraría aguiñense para recoller as súas demandas en asuntos como a comercialización de produtos pesqueiros, saneamento da cidade e mellora de instalacións no peirao.
A confraría de pescadores de Aguiño, que se fundou en 1924, cre necesaria a posta en marcha de medidas de mellora na lonxa de Ribeira, sobre todo no que atinxe a comercialización do capturado no mar, coa introdución das novas tecnoloxías. Tamén preocupa o impacto medioambiental do polígono de Couso, preto de Aguiño, así como no conxunto do litoral ribeirense.

Fariña asegura que o sector pesqueiro é fundamental no proxecto de cidade que quere deseñar se os cidadáns lle dan a súa confianza o 22 de maio, "co obxectivo de potenciar os recursos e a fortaleza do sector, clave para a economía de Ribeira e o conxunto da Barbanza. Na lista hai profesionais con moitos anos de experiencia nesta mateira, como é o caso de Narciso Coira", explicou.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: concédenlle a Cáritas, Pescanova e Isaac Díaz Pardo os premios do Concello desta edición, a decimoterceira

Foron distinguidos nos apartados de Traballo desinteresado, Traballo ben feito e Cultura

Ribeira, 18 de marzo de 2011.- O alcalde, José Luis Torres Colomer, e a presidenta da Asociación de Amas de Casa, Magdalena Bringas Miralles, deron a coñecer na mañá de hoxe o nome das dúas entidades e da persoa en que recaeron os Premios "Concello de Ribeira" na súa décimo terceira edición. Trátase de Cáritas na categoría de Traballo Desinteresado; Pescanova, polo Traballo Ben Feito, e Isaac Díaz Pardo no apartado de Cultura.

O rexedor explicou as principais razóns polas cales estas distincións foron a parar aos tres galardoados. Así, sobre Cáritas Ribeira resaltou o extraordinario e desinteresado labor que está a realizar esta entidade, tan necesario nuns tempos tan difíciles como estes. 

Polo que respecta á  empresa Pescanova, Torres Colomer aludiu ao seu coñecemento de primeira man da traxectoria desta entidade, nacida en 1960, na que traballou de oficial e capitán de pesca. O alcalde do concello fixo fincapé nalgúns dos avances propiciados por Pescanova, como o descubrimento de novos caladoiros, a construción de barcos máis modernos e a introdución de innovacións no mundo da acuicultura.

De Isaac Díaz Pardo puxo de relevo a súa contribución ao desenvolvemento da cultura galega como pintor, editor, escritor e no mundo da cerámica a través do complexo de Sargadelos e de Cerámicas do Castro.

Pola súa parte, Magdalena Bringas fixo alusión á orixe destes premios, que foron promovidos por Román Padín Montenegro, de La Onza de Oro, a instancia da Asociación de Amas de Casa: institución que sigue colaborando na organización dos mesmos, agora xunto ao Concello.

Así mesmo, lembrou que entre os premiados figuran Gonzalo Torrente Ballester, Alfredo Conde, Carmela Arias y Díaz de Rábago, Proyecto Hombre ou Ciudad de los Muchachos ou tamén outras persoas e institucións máis vinculadas a Ribeira como Carlos Garcia Bayón, Francisco Lorenzo Mariño, Manuel Ruiz Rivas, Román Padín Montenegro o Centro Comercial Haley ou a Cruz Bermella do Mar. Os últimos distinguidos foron a Asociación Antidroga Renacer, o Comité do Centenario de Ribeira e o xornalista Fernando Ónega.

A gala na que serán outorgados os premios terá lugar o venres 1 de abril, ás 21 horas, no restaurante Baiuca, na parroquia de Artes. Quen queira acudir pode adquirir a súa entrada na Asociación de Amas de Casa ou no Concello (Secretaría de Alcaldía). Hai ata o 25 de marzo como data límite.

Está confirmada a presenza de María Teresa Pérez, presidenta de Cáritas Ribeira; de Manuel Fernández de Sousa, presidente de Pescanova; e de Isaac Díaz Pardo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: piden investigar o uso irregular de vehículos oficiais da Consellería do Mar

18-03-11(COCHES OFICIAIS).doc Download this file

En concreto, ao xefe da Unidade Operativa do Servizo de Gardacostas. O secretario xeral da Consellería asegura descoñecer o caso mais comprométese a informarse sobre o mesmo e actuar en consecuencia

Media_httpfarm5static_dqdml

Ribeira, 18 de marzo de 2011.- O deputado do BNG Bieito Lobeira emprazou hoxe á Consellería do Mar a que abra unha investigación sobre o uso anómalo e discrecional dos coches oficiais que está realizando o xefe da Unidade Operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia en Ribeira.

Bieito Lobeira, durante o debate na Comisión de Pesca dunha pregunta sobre este asunto, asegurou ter coñecemento deste caso concreto dende alomenos hai un ano e anunciou que lle trasladará ao secretario xeral algún outro para que tamén sexa investigado “e se remate dunha vez por todas con esta situación”.

“Cómpre, engadiu, que non existan privilexios nin se faga un uso irregular dos vehículos da Xunta” e lembrou que estes usos están protocolarizados pola Consellería de Presidencia.

Segundo Lobeira, trátase do xefe da Unidade Operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia en Ribeira, que está irregularmente no posto dende o comezo da lexislatura en comisión de servizos e que emprega o vehículo para trasladarse dende o seu domicilio, en Baiona, até o seu posto así como para trasladarse a cursos e outras actividades que non están recollidas no protocolo. 

Para o parlamentario, "os feitos denunciados están a provocar conflicto entre o cadro de persoal do servizo de gardacostas e fixo que algunhas asociacións sindicais, como a CIG teñan manifestado formalmente a súa preocupación pola situación sen ter obtido resposta".

Pola súa parte, o secretario xeral da Consellaría afirmou descoñecer estes feitos mais comprometeuse a abrir a pertinente investigación e depurar responsabilidades en caso de confirmarse.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o colexio de Frións non pode impartir Educación Física polo cheiro insoportable dunha tubaría esnaquizada

Ribeira, 18 de marzo de 2011. No CEIP Frións de Ribeira rompeuse unha cañería dun dos baños e verteu augas fecais por parte do teito, unha das paredes e estendeuse por parte do chan do Ximnasio, polo que desde o martes 15 non se pode realizar Educación Física nese espazo. Aínda que hai pista exterior descuberta, non sempre vai bo tempo para a práctica deportiva no exterior, explican fontes do centro escolar.

"A persoa do concello responsable en solucionar problemas e en darlle prioridade a súa solución leva 4 días sen apurar unha solución que non hai que decidir, porque a cañería hai que reparala, si ou si, pero o mellor é que a reparación sexa o antes posible", engaden. Para que se solvente este evidente problema, enviaron unha carta ao Concello, que reproducimos íntegra:

Ola buenos días:

Mándolle á súa atención as seguintes fotos dos sitios do centro onde acabo de poñer o seguinte texto:

"Á ATENCIÓN DE TODOS:

Desde o pasado día 15 de marzo, os alumnos e alumnas do CEIP Frións non poden facer uso da Aula Ximnasio debido a dúas razóns:
Porque se rompeu unha tubería de auga dos baños que están arriba, así augas fecais estiveron caendo por unha das paredes e deixou o aula cun olor insoportable, comprometendo a súa salubridade e hixiene.

- E porque a responsable de revertir a situación antes explicada, a Concellería de Cultura do Exco. Concello de Riveira, dispuxo de 4 días (tempo máis que suficiente para facer a obra que arranxe o problema) non só para solucionar este problema, senón tamén sentirnos debidamente atendidos como istitución e como comunidade escolar que somos.

Fdo. O Profesor de Educación Física"

Esperando saber pronto de vostede,sempre para ben, un saúdo.

Espero que esta información sirva de algo, gracias pola súa atención.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o alcaldable do PP quere converter o municipio na capital cultural arqueolóxica de Galicia

Entrevistarase co conselleiro de Cultura da Xunta para impulsar o proxecto de posta en valor do patrimonio arqueolóxico incluído no seu Plan Estratéxico de Turismo. O seu proxecto contempla a ampliación e mellora do Centro de recepción de visitantes de San Roque para convertelo en Centro de Interpretación dos restos e intervencións nos castros da Cidade e de Porto Baixo.

Media_httpfarm5static_ndifx

Pedra das Cabras

Ribeira, 18 de marzo de 2011.- O candidato do PP á Alcaldía, Manuel Ruíz Rivas, concede  -sempre segundo o PP- no seu programa de goberno unha especial atención ao patrimonio cultural, cun programa de accións co que proxecta converter a Ribeira na capital cultural arqueolóxica de Galicia. Ruíz Rivas amósase convencido de que o patrimonio arqueolóxico é “posiblemente o de maior potencial turístico de todos os recursos cos que conta o concello”. 

Así, dentro do seu Plan Estratéxico de Turismo, inclúe un  proxecto de posta en valor do patrimonio arqueolóxico centrado tanto na vertente de interpretación e coñecemento coma de recuperación e posta en valor de todos os elementos do patrimonio existentes. O candidato ten previsto entrevistarse co conselleiro de Cultura da Xunta para impulsar o citado proxecto. “É a miña intención facer ver ao Goberno autonómico a conveniencia de poñer en marcha esta iniciativa e intentar lograr a súa implicación”. 

O proxecto contempla diversas actuacións, entre as que destacan a ampliación e mellora do Centro de recepción de visitantes de San Roque para convertelo en Centro de Interpretación dos restos e intervencións nos castros da Cidade e de Porto Baixo. 

CENTRO DE INTERPRETACIÓN
Media_httpfarm3static_jikoc

A actuación no Centro de Interpretación permitirá albergar nel exposicións, sumando ás xa existentes novas reproducións que recollan o patrimonio etnográfico coas diferentes clases de hórreos, cruceiros, pallozas ou petos de ánimas, entre outros elementos.  

Igualmente, servirá  como centro de apoio loxístico para o traballo de campo e coordinación de actividades como visitas guiadas; como punto de información e promoción turística e como centro de estudios no que se promoverán actuacións arqueolóxicas encamiñadas especialmente á catalogación de novos elementos, conservación, vixilancia e divulgación.  

A actuación inclúe a dinamización da aula coa organización de conferencias, cursos, charlas e reunións. 

CASTROS E TÚMULOS
Media_httpfarm3static_zrcqi

As actuacións previstas no Castro da Cidade inícianse cunha campaña de limpeza da vexetación existente no xacemento para facilitar a súa visión. Así mesmo, o proxecto prevé a realización dunha serie de sondeos que permitan deixar ao descuberto os sistemas de fortificación, co fin de ofrecer unha observación doada de recoñecemento cara ao público visitante. As actuacións completaranse coa mellora da pista de acceso que parte do miradoiro, a elaboración dunha sinalización vertical específica a pé de xacemento e de indicadores de acceso ao mesmo e a realización de fotogrametría para a realización de planos topográficos. Nunha última fase, os traballos centraríanse na posta en valor da totalidade do Castro. 

No caso do Castro de Porto Baixo, superada a primeira fase de sondeos de escavación parcial, co que xa se pode apreciar a muralla e outros elementos do xacemento, seguirá unha campaña de escavación parcial do xacemento para contar cos datos suficientes de cara á súa reconstrución. Actuacións que irán acompañadas da instalación dunha correcta sinalización e dun plan para a protección e conservación das estruturas postas ao descuberto. 

Doutra banda, o proxecto inclúe tamén actuacións nos túmulos e na necrópoles de San Alberto, concretadas fundamentalmente en despexar o terreo para acceder á máxima información posible, eliminando unicamente aquelo que potencialmente poida considerarse dañino ou degradante, o que se traduce basicamente en eliminar vexetación. 

Á marxe destas accións destacadas, o proxecto contempla tamén intervencións de carácter preventivo sobre elementos en potencial perigo ou deterioro grave e para a conservación, mantemento sostido, funcionamento e divulgación de toda a riqueza arqueolóxica de Ribeira. 

Para o seguimento e control de todas as actuacións, o proxecto prevé a creación dunha praza de arqueólogo. 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Xadrez: resultados e clasificación na novena xornada do campionato

Información e imaxe facilitada polo equipo de Rianxo (Distribunosa-Rianxo).


2011_3_12-xadrez_010

Nota de prensa.docx Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Bng centra os seus esforzos de precampaña no Plan de Ordenación do Litoral, que afecta a boa parte do municipio

Están a informar polas parroquias sobre os graos de afectación do documento

Ribeira, 18 de marzo de 2011. O Bng local presentou unha iniciativa municipal para demandarlle ao Goberno do PP que adopte as medidas oportunas, mesmo recorrendo o Plan de Ordenación do Litoral ante o Tribunal Contencioso-Administrativa, para defender os intereses xerais dos veciños e veciñas de Ribeira.

Os nacionalistas tamén solicitan que no recurso que se presente se demande que se respecte o actual Plan Xeral de Ordenación Municipal, se permitan as ampliacións necesarias na revisión que se está efectuando, tanto de chan urbano como de núcleo rural e se reduza na medida do posible a protección do corredor de Coroso.

Nin unha alegación atendida

Segundo o Bng, "o Plan de Ordenación do Litoral, aprobado polo PP en solitario no Parlamento Galego, tamén polo candidato do PP á alcaldía de Ribeira, foi aprobado definitivamente e publicado o no DOG do 23 de febreiro. A vista deste decreto e da documentación publicada na páxina web que a Consellaría habilitou para o POL, practicamente non foi atendida ningunha das alegacións presentadas, tanto por parte dos veciños de veciñas de Ribeira afectadas, como polo propio Concello".

O Recurso que cabe neste momento é ante o Tribunal do Contencioso-Administrativo, dispondo de dous meses dende o día da súa publicación no DOG do 23 de febreiro, para presentado. Os nacionalistas cren que debe presentarse p"orque deixa en área de mellora ambiental e paisaxística boa parte do solo urbano e de núcleo rural do borde litoral do concello: parte de Aguiño (tamén boa parte en espazo de interese), todo Castiñeiras, boa parte da Avda. da Coruña, no casco urbano de Ribeira, Dean, parte de Palmeira, de Olveira (tamén en área de recualificación) e todo Corrubedo (tamén en espazo de interese unha parte).
Cabe lembrar que o POL inclúe no seu ámbito aproximadamente 52 km2 dos 69 km2 de superficie total do municipio de Ribeira, o que supón o 75,36% do termo municipal, afectando a chans situados a unha distancia da costa de até 3.000 m, superando con moito o actual límite cautelado de 500 m. Afecta a 3,3 millóns de m2 de chan urbano, dos 5,9 millóns de m2 existentes. Isto correspondese co 56% do chan urbano municipal. No que respecta ao n úcleo rural, afecta a 3,6 millóns de m2 dos 5,7 millóns de m2 de superficie segundo o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), o que representa o 63% do chan de núcleo rural municipal".

Xuntanzas informativas

Media_httpbngribeirao_gcacl

Iniciativa Municipal:
2011-02-18 Aprobación definitiva Plan de Ordenación do Litoral

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: o alcaldable do PP lanza unha web para a precampaña e campaña electoral

Trátase de http://www.manueltomepineiro.org


Media_httpfarm5static_lafaf

Manuel Tomé, no momento de deixar a alcaldía, desprazado por moción de censura de Bng e Psoe

Namentres, o blog do candidato segue sen actualizar dende o 27 de decembro de 2010.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: anuncian novas inversións no peirao de Palmeira

486_Plano PRIN Palmeira.pdf Download this file

O presidente de Portos prometeu oito actuacións destinadas á mellora das condicións de traballo dos profesionais, entre elas a creación dunha nova rampla de descarga, a construción de departamentos para usuarios, un novo peirao e ampliación de pantaláns

Media_httpfarm3static_fixis

Ribeira, 18 de marzo de 2011.- O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, presentou onte en Palmeira o programa de inversións do seu departamento para o porto da localidade. Esta proposta contempla inversións por unha contía económica total de 1,6 millóns de euros.

En concreto, o programa de investimentos do ente público para Palmeira recolle oito actuacións orientadas á mellora das condicións de traballo dos profesionais. Por este motivo, tivéronse en conta, no deseño das actuacións, as demandas da confraría, coa que se continuará traballando de xeito directo e coordinada, para a execución dos proxectos.

As obras propostas dentro do programa presentado por Álvarez-Campana atinxen á creación dunha nova rampla de descarga aboiante, orzamentada en 25.000 euros; o estreitamento e acurtamento da rampla (225.000 euros); construción dun edificio de oito departamentos para usuarios (250.000 euros); dragaxe, prolongación do dique aboiante e ampliación de pantaláns (300.000 euros); construción dun novo peirao (250.000 euros); separación da zona pesqueira (20.000 euros); remodelación do paseo coa retirada da escolleira (500.000 euros) e rectificación da rampla de acceso á praia (30.000 euros).

Portos de Galicia manterá contacto directo cos representantes dos profesionais da pesca para fixar as prioridades de actuación, de modo que as demandas de maior urxencia poidan comezar a tramitarse de inmediato, co obxectivo de que poida iniciarse a redacción dos proxectos prioritarios nos próximos meses e as obras no menor espazo de tempo posible. O proxecto global terá un periodo de execución plurianual 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

17.3.11

Mar: réplica da conselleira de Mar aos conflictos abertos polas gaiolas de salmón e a paga das mariscadoras a pé

Rosa_quintana

Rosa Quintana: “O proxecto experimental das gaiolas de salmón pode crear máis de 300 postos de traballo na zona de Muros-Noia”.  A conselleira asegurou ás mariscadoras da Ría de Muros-Noia que disporán de análises cada dous meses sobre o impacto deste proxecto experimental.

Noia, 17 de marzo de 2011.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asegurou que o proxecto experimental que se vai desenvolver en Muros-Noia é unha oportunidade para xerar emprego na zona. “ Se o proxecto sae adiante permitirá crear máis de 300 postos de traballo na comarca” dixo e reiterou que esta actividade non supón ningún problema para a compatibilización da actividade acuícola coa pesqueira e marisqueira.

A conselleira incidiu en que a Xunta persegue unha explotación da acuicultura responsable co medio ambiente tendo en conta que Galicia “necesita seguir sendo líder en acuicultura”, tal e como o recomenda a propia UE. A titular de Mar puxo como exemplo a Noruega e a Escocia, dous dos lugares máis importantes en materia de acuicultura e con características xeográficas e marítimas similares a Galicia e sostivo que “desenvolven estes lugares a súa actividade pesqueira convivindo con total normalidade”.

A conselleira reuniu hoxe a unhas 80 representantes do marisqueo a pé de Galicia para explicarlles de primeira man os motivos do traslado destas gaiolas dende a Ría de Arousa ao polígono de Muros-C, un polígono dedicado á acuicultura. Así, incidiu en que na ría arousana están ubicadas 2.500 bateas (o 68% de toda Galicia) “o que supón que está ao límite da súa capacidade de carga”. A conselleira tamén quixo deixar constancia de que o seu departamento actuou con absoluta transparencia con reunións co sector e coa elaboración de diversos estudos. Explicou que, tras manter contactos coas confrarías e as asociacións bateeiras da ría, a Xunta recabou informes externos do Clúster de Acuicultura e da Universidade de Vigo, “que avalan que o traslado non entraña ningún problema”. Non obstante, unha comisión de seguimento da que participará o sector analizará o impacto deste proxecto bimensualmente, que lle serán trasladados ao sector.
 

Paga extra
Outro dos asuntos que se abordou nesta reunión foi a supresión da paga extra das mariscadoras que se xubilaron sen ter cotizado o período mínimo que esixe a lei para cobrar unha pensión, unha axuda que cualificou de “inxusta” nun momento de paro desmesurado. Cabe lembrar que hai un grupo de mariscadoras que decidiron non cotizar, puidendo facelo, “e están a beneficiarse duns ingresos de 11.000 euros anuais co diñeiro de todos os galegos”. A Consellería entende que o sobresoldo que se viña pagando ata o de agora é un acto de discriminación positiva para este colectivo, xa que “os que cumpriron escrupulosamente a lei” teñen, na actualidade, uns ingresos medios de 7.700 euros.

Relacionada:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical